This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Tue Apr 16 9:56:32 2024 / +0000 GMT

Licenzas con Xistra


Os dous requisitos para ser socio/a de Xistra é pagar a cota anual (10€ - ano 2020) e tramitar a licenza deportiva FEDME a través do noso club.

Os prezos da licenza para 2020 son os que podedes descargar neste enlace -> PrezosLicenzaFGM2020

Nestes prezos van incluídas as cotas da Federación Galega de Montañismo, da FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada), e o seguro médico de accidentes deportivos na montaña. Elixe a túa licenza pensando na actividade que vas facer. Se despois queres facer máis cousas, podes pedir unha ampliación de coberturas (consultar no club).

Oferta especial para socios infantís e xuvenís 2020


ATENCIÓN:
Dende o 1/01/2020 ata o día 31/03/2020, XISTRA vai facer unha oferta destinada a tódolos nenos e nenas de menos de 13 anos. Os socios infantís que se inscriban nese período terán a licenza federativa e a cota social 2020 bonificada con 29€ (o que supón que case vai ser gratuíta para moitos dos nenos). O único requisito é que un adulto (pai, nai ou titor legal) tramite conxuntamente a súa licenza e cota anual (Sempre 1 a 1, un neno - un adulto).

Agardámosvos.

(Nota: a licenza infantil será A ou B; para categorías superiores deberán abonar a parte non bonificada).

Os xuvenís gozan dun desconto de 15 €.
Post date: 2016-12-04 18:58:10
Post date GMT: 2016-12-04 16:58:10
Post modified date: 2020-01-01 14:09:30
Post modified date GMT: 2020-01-01 12:09:30
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com