This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Mar 28 16:20:00 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Licenzas con Xistra --------------------------------------------------- Os dous requisitos para ser socio/a de Xistra é pagar a cota anual (10€ - ano 2020) e tramitar a licenza deportiva FEDME a través do noso club. Os prezos da licenza para 2020 son os que podedes descargar neste enlace -> PrezosLicenzaFGM2020 Nestes prezos van incluídas as cotas da Federación Galega de Montañismo, da FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada), e o seguro médico de accidentes deportivos na montaña. Elixe a túa licenza pensando na actividade que vas facer. Se despois queres facer máis cousas, podes pedir unha ampliación de coberturas (consultar no club). Oferta especial para socios infantís e xuvenís 2020 ATENCIÓN: Dende o 1/01/2020 ata o día 31/03/2020, XISTRA vai facer unha oferta destinada a tódolos nenos e nenas de menos de 13 anos. Os socios infantís que se inscriban nese período terán a licenza federativa e a cota social 2020 bonificada con 29€ (o que supón que case vai ser gratuíta para moitos dos nenos). O único requisito é que un adulto (pai, nai ou titor legal) tramite conxuntamente a súa licenza e cota anual (Sempre 1 a 1, un neno - un adulto). Agardámosvos. (Nota: a licenza infantil será A ou B; para categorías superiores deberán abonar a parte non bonificada). Os xuvenís gozan dun desconto de 15 €. --------------------------------------------------- Images: --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2016-12-04 18:58:10 Post date GMT: 2016-12-04 16:58:10 Post modified date: 2020-01-01 14:09:30 Post modified date GMT: 2020-01-01 12:09:30 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com