Xa podemos tramitar as licenzas para 2017. PERO OLLO!!!
Como tódolos anos, se non as precisades para os primeiros de xaneiro, por favor AGARDADE A TRAMITALAS CANDO COMECE O ANO.
O CONTABLE VOLO AGRADECERÁ!!
Se tendes prevista unha saída coincidindo co fin de ano, entón tramitádea xa. Do contrario, por favor, agardade uns poucos días. Utilizade os formularios e procedementos como o ano pasado. Hai formulario para renovar e formulario para novos socios (ver máis datos en Faite Socio!
Documentos de alta socios:
- Fotocopia do DNI
- Unha foto tamaño carné
- Imprima, cumprimente e entregue o seguinte documento de alta (pdf)
Documentos de renovación anual de socios:
- Imprima, cumprimente e entregue o seguinte documento de renovación (pdf)