This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Mon Nov 25 13:48:06 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Marcha e Campamento Infantil - Xuvenil 17-18/10/2015 --------------------------------------------------- Marcha Infantil 2010 Xistra organiza o Campamento e Marcha Infantil - Xuvenil da FGM os días 17 e 18 de outubro. Será na serra do Xurés, en Albite. Os nenos poderán poñer as súas tendas xunto ó refuxio, ou durmir no mesmo. Os interesados deberedes inscribirvos en Xistra ou na FGM. Aberto o prazo de inscrición! REMATA A INSCRICIÓN O XOVES 15 ÁS 19:00H Apúntate en: http://xistra.org/inscricion-marcha-e-campamento-infantil-xuvenil-17-18102015/ Datas: 17 e 18 de outubro de 2015 Lugar: Refuxio de Albite (Concello de Muíños - Provincia de Ourense). Hora de recepción no refuxio o día 17: 18:00h Hora clausura no refuxio o día 18: 17:00hHaberá almorzo pola mañá gratuíto subministrado pola organización. Pódese durmir acampado xunto ó refuxio ou no interior do mesmo. Débese levar merenda e cea do sábado, así como o xantar do domingo. Cada neno será responsabilidade do seu titor ou do monitor que leve do seu club. Tódolos nenos deberán ir acompañados e tutelados polos seus pais/titores ou persoas designadas por estes; os organizadores de Xistra non farán de titores de ningún neno. Haberá opción de asistir dende Vigo en autobús a un prezo de 10€, se hai inscritos suficientes. O horario do bus será: Saída da Pza. de España ás 16:00h 17/10/2015 Regreso aproximado ó mesmo lugar ás 19:00h 18/10/2015. --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/2013/09/DSCN2487-HDR1-300x225.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2015-10-01 16:20:58 Post date GMT: 2015-10-01 14:20:58 Post modified date: 2015-10-19 13:53:57 Post modified date GMT: 2015-10-19 11:53:57 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com