Marcha Galega de Veteranos FGM 2025

Desde a vogalía de Andainas e Sendeirismo da FGM, queremos convidarvos á Marcha Galega de Veteranos FGM 2025, coa ilusión de reunir o maior número posible de deportistas e clubs de toda Galicia.

Data: Domingo 21 de setembro de 2025
Organiza:
Sociedade de Montaña Ártabros + FGM
Evento: Marcha Galega de Veteranos FGM 2025
Lugar: Encoro de Portodemouros (A Coruña – Pontevedra)

Datos de interese:

  • Actividade exclusiva para persoas federadas

  • Peche de inscricións: 17 de setembro

  • Prezo de inscrición por persoa: 17 € (comida).

  • Percorrido: Vila de Cruces – Larazo – Cortegada – cruce do encoro en ferri – Beigondo. 17 km

  • Desnivel negativo: 493 m

  • Desnivel positivo: 274 m

  • A organización ofrecerá unha comida no Remanso de Cosme ao rematar a ruta (previsto un xantar de polbo á feira).

  • Haberá bus lanzadeira de regreso aos coches no punto de inicio

Lugar de inicio: Casa do Concello de Vila de Cruces

Animámosvos a participar e compartir esta experiencia, para vivir unha xornada de convivencia, deporte e natureza polos fermosos sendeiros galegos!

ATENCIÓN ÓS SOCIOS DE XISTRA: Está previsto un autobús saíndo de Vigo, por 16€.

Importante:
Hai que inscribirse na web da Federación para a actividade (Inscríbete por 17€ AQUÍ na actividade) e
neste outro formulario no autobús (apúntate por 16€ aquí para o bús).

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, FGM, Rincón do Socio y etiquetada como , , . Guarda el enlace permanente.