Marcha nocturna de adestramento en 25 km
Continuando coa preparación da marcha dos 100 km, propoñémosvos unha marcha singular: 25km entre Zamáns, Aloia, Arruídos e retorno a Zamáns, con tramos nocturnos.
A saída prevista sería de día, ás 19:00 horas do sábado 15 dende o parque forestal de Zamáns (390 m), para subir ata o Coto Mediodía (654 m) (ascensión opcional), seguir o sendeiro en dirección ó monte Aloia (633 m). Aquí faremos unha parada no cumio para ver anoitecer e cear (hai que levar os propios víveres e bebidas pois non garantimos que o bar estea aberto).
Esta noite será de lúa crecente, e deberemos deberemos levar frontais e luces de emerxencia para cando transitemos por estradas.
O retorno será nocturno e con ascensión ata o monte Arruídos (709 m), onde chegaremos despois das 24:00, polo que será unha ascensión no domingo 16 ás primeiras horas. Despois retomaremos o camiño en dirección a Zamáns pola ruta máis longa pero con menos riscos.
A actividade será confirmada en función da climatoloxía con 2/3 días de antelación.
Obrigatorio inscribirse antes do día 13/06/2024
https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/83/Marcha-nocturna-de-adestramento-en-25-km-15-16062024/