Marcha nocturna de adestramento en 25 km 3-4/06/2023

MarchaMarcha nocturna de adestramento en 25 km 3-4/06/2023

Continuando coa preparación da marcha dos 100 km, propoñémosvos unha marcha singular: 25km entre Zamáns, Aloia, Arruídos e retorno a Zamáns, con tramos nocturnos.

A saída prevista sería de día, aproximadamente ás 19:30 horas dende o parque forestal de Zamáns (390 m), para subir ata o Coto Mediodía (654 m) (ascensión opcional), seguir o sendeiro en dirección ó monte Aloia (633 m). Aquí faremos unha parada no cumio para ver anoitecer e cear (hai que levar os propios víveres e bebidas pois non garantimos que o bar estea aberto).

Esta noite será de lúa chea, pero deberemos levar frontais e luces de emerxencia para cando transitemos por estradas.

O retorno será nocturno e con ascensión ata o monte Arruídos (709 m), onde chegaremos despois das 24:00, polo que será unha ascensión no domingo 4 a primeiras horas. Despois retomaremos o camiño en dirección a Zamáns pola ruta máis longa pero con menos riscos.

ATENCIÓN: NON SERÁ MARCADA. HAI QUE IR EN GRUPO SEGUINDO Ó GUÍA.

A actividade será confirmada en función da climatoloxía con 2/3 días de antelación.

Obrigatorio inscribirse antes do día 30/05/2023
Enlace inscricións: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/56/Marcha-nocturna-de-adestramento-en-25-km-3-4-06-2023/

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Andainas25, Rincón do Socio. Guarda el enlace permanente.