This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Apr 26 8:30:25 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Marcha Veteranos FGM --------------------------------------------------- Xa temos máis información da Marcha de Veteranos da FGM, moi relevante para os que van dende Vigo. Como sabedes a comida serán 13€. Agora sabemos tamén que teremos un autobús dende a Praza de España de Vigo, con saída puntual ás 8:30 horas do domingo 8/09/2013. O prezo do autobús será de 7€/persoa. Para pagar comida e o bus, hai que facelo no momento e en efectivo. Facilitará o tema que levedes a cantidade exacta. Rogamos que vos apuntedes canto antes na nosa páxina. Se non vedes o voso nome o mércores pola tarde (na listaxe de participantes), por favor chamade urxentemente ó club. Imos mandar a información dos nosos inscritos ós organizadores. Calquera outra cuestión, non dubidedes en chamar canto antes. Gostaríanos que tódolos que ides á marcha de 50km do sábado tamén se apunten á do domingo (apenas serán 15km). --------------------------------------------------- Images: --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2013-09-03 12:28:38 Post date GMT: 2013-09-03 10:28:38 Post modified date: 2013-09-09 11:43:36 Post modified date GMT: 2013-09-09 09:43:36 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com