This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Thu Apr 25 3:35:37 2024 / +0000 GMT

Marcha Vivac FGM - Xistra 10-11/06/2017


Marcha de Vivac 2013



O Clube de Montaña Xistra ten a honra de organizar a Marcha Galega con Vivac da FGM neste 2017. Celebrarase no concello ourensán da Veiga, en Trevinca. Constará dun percorrido lineal pola Serra Calva, con saída dende as Lagoas da Portela da Serra Calva, ascensión a Pena Trevinca e descenso a Vilanova.

Durmirase preto de Pena Trevinca. O percorrido será completamente autónomo, é dicir, non haberá asistencia por vehículos de apoio. Unha das maiores dificultades da actividade é a falta de puntos de acceso de auga potable.

Haberá un autobús con saída de Vigo o sábado ás 9:00h (cun custe de 15€) e escala para recoller a outros participantes na Veiga. O domingo haberá unha comida (previa inscrición de 10€) en Vilanova.
As prazas son limitadas a 55 persoas, asignándose por rigorosa orde de inscrición e pagamento. As inscricións efectuaranse na web de Xistra, antes das 22:00h do día 7 de xuño (mércores).


FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Outros datos:
Circular clubs Marcha Vivac FGM - 22/07/2017
Post date: 2017-05-21 12:12:26
Post date GMT: 2017-05-21 10:12:26
Post modified date: 2017-06-12 10:45:45
Post modified date GMT: 2017-06-12 08:45:45
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com