Imos realizar unha actividade de marcha con durmida na Serra de Pena Trevinca, coa idea que serva para coñecer máis a serra, observar o ceo nocturno, fortalecermos o «paquete muscular» de cara á marcha de 100 km, e compartir unhas vivencias distintas das habituais nas andainas.
Accederemos o sábado ás 12:00 dende Fonte da Cova. Comezaremos a marcha nas proximidades da mina de lousa da Cabrita.
O percorrido aproximado sera: A Cabrita, Portillo de Puertas, Portela de Morena Cavada, Pena Vidulante, Lagoa de Patos, Picón, O Camello, rego de Riopedro, curro de Vidulante (opción vivac), río Tera, Lagoas de Piatorta, O Xanzanal, Pena Trevinca, retorno a Portela de Morena Cavada e volta ata A Cabrita.
Deberemos levar roupa adecuada, comida e bebida. Agardamos atopar mananciais durante o percorrido, pero deberemos ter precaución de desinfectar a auga.
Para durmir, cada quen terá que solucionar o problema co seu saco e cos seus medios.
Antes do evento, faremos un estudo da climatoloxía e decidiremos se é posible a realización da marcha a 2/3 días vista.
Por favor, os interesados inscribídevos canto antes para coñecer se hai demanda real desta actividade. INSCRICIÓNS ANTES DO DÍA 12/05/2023.
Folla de inscrición: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/55/TREVINCA-Marcha-Vivac-Xistra-Trevinca-27-28-05-2023/