This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Fri Mar 29 13:28:53 2024 / +0000 GMT

Necesitamos de vós!!



Nenos Temos que asistir ás actividades federativas que quedan pendentes se queremos continuar sendo o Mellor Club de Montaña de Galicia (como fomos no 2012).

Por iso contamos con vós para o Campamento Estatal FEDME (a próxima semana), a Andaina de Ribeira (o día 7/09/2013), a Marcha de Montañeiros Veteranos (o 8/09/2013) e outras máis.

Tamén estamos pendentes de saber máis datos do campamento infantil-xunvenil da FGM. É importante que os nenos e pais participen nesta actividade.

Lembrade que é bo para o club (conseguimos máis subvencións canto máis participedes) e tamén para vós (levaredes maiores premios a final de ano). Polo tanto "necesitamos de vós!!"

 

 


Post date: 2013-08-20 00:13:34
Post date GMT: 2013-08-19 22:13:34
Post modified date: 2013-09-09 18:41:55
Post modified date GMT: 2013-09-09 16:41:55

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com