O día 14 de decembro de 2018 celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria correspondente á elección do novo Presidente. Por falta doutros candidatos non se puido celebrar eleccións e o único candidato presentado foi elixido por un novo mandato de catro anos.
Esta responsabilidade recae novamente en D. Henrique Freixeiro, socio fundador do club, que ven desenvolvendo este cargo de forma ininterrompida dende o 23 de xaneiro de 1993.