Oferta especial para socios infantís 2017

ATENCIÓN:
Dende o 2/01/2017 ata o día 31/03/2017, XISTRA vai facer unha oferta destinada a tódolos nenos e nenas de menos de 13 anos. Os socios infantís que se inscriban nese periodo terán a licenza federativa e a cota social 2017 gratuíta (o que supón un agasallo de 29€). O único requisito é que un adulto (pai, nai ou titor) tramite conxuntamente a súa licenza e cota anual (Sempre 1 a 1, un neno – un adulto).
Lembrade que facemos esta oferta para incentivar a participación nas novas actividades denominadas PEQUE-RUTAS.

Agardámosvos.

(Nota: a licenza infantil será A ou B; para categorías superiores deberán abonar a totalidade).

         

Esta entrada fue publicada en FGM, Rincón do Socio, Varios. Guarda el enlace permanente.