This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Mar 28 17:28:11 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: ANULADO - Open Carreira Vertical Ría de Vigo - 5/06/2016 --------------------------------------------------- ANULADO Open Carreira Vertical Ría de Vigo COMUNICADO O Clube de Montaña Xistra informa que, dado o escaso interese en inscrición na proba de carreira vertical (única no calendario federativo de 2016 nesta modalidade) denominada Open Carreira Vertical Ría de Vigo – Vertical Sprint Moaña 2016 –, procédese a anular a citada proba. Así mesmo, e como consecuencia desta anulación, a celebración do Campionato Galego de Carreira Vertical da Federación Galega de Montañismo, queda en suspenso. Infórmase ás persoas que estaban inscritas que recibirán a devolución dos seus cartos mediante un abono na propia tarxeta coa que fixeron o pago en championchipnorte.com Dende o club queremos agradecer os apoios e traballos efectuados por parte de tódolos voluntarios da nosa entidade, así como a gran colaboración e os esforzos recibidos por parte das institucións federativas e civís, en particular ás Comunidades de Montes de Domaio e Meira, pero moi especialmente ó Concello de Moaña. Os interesados que desexen algunha información poden contactar co club no teléfono 886117011. Vigo, a 1 de xuño de 2016 --------------------------------------------------- Images: http://carreiraverticalriadevigo.xistra.org/wp-content/uploads/cartel-212x300.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2016-06-01 14:00:02 Post date GMT: 2016-06-01 12:00:02 Post modified date: 2016-06-01 13:54:43 Post modified date GMT: 2016-06-01 11:54:43 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com