50km Ferrol 2022 – 11/06/2022

<< Estimad@s amig@s:
Despois de 2 anos en dique seco ( e nunca mellor dito en Ferrol), por fin recuperamos a nosa actividade mais participativa: os 50kms da Costa Ártabra de Ferrol, imos xa pola VII edición, herdeira dos 50kms a San Andrés de Teixido que  foi a primeira dentro do eido federativo, con que a día de hoxe poñémonos en XXII edición de 50 km en Ferrol. (vinte e dous anos dise pronto!)
Nin que dicir que un percorrido polos cumios de Ferrol e as súas praias é o mellor xeito de coñecer este recuncho no noroeste do noroeste.
Toda a información e xeito de inscrición aparece no blog especifico: https://costaartabra50kmsferrol.blogspot.com/, e todas as dubidas en marchascmf@gmail.com
Agardamos o vindeiro 11 de Xuño, como todos os anos cumprir cas expectativas da maioría (…. de todo o mundo nunca se pode).
Club Montaña Ferrol >>

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en 50km Ferrol 2022 – 11/06/2022

Campionato inf/cadete/xuvenil e junior de CxM individual (San Mamede)

Dende a área de tecnificación deportiva de carreiras por montaña queremos dar aviso ós clubs que no Campionato Galego de CxM Individual (X Desafío San Mamede) existirá unha proba oficial para os/as nenos/as de infantil (13 e 14 anos), cadetes (15 e 16 anos), xuvenís (17 e 18 anos) e junior (19 e 20 anos), cunha distancia de 8 km con un desnivel positivo de 400 metros.

A inscrición será gratuíta e realizarase a través da Federación Galega de Montañismo.

Se dende algún Club hai algún/ha corredor/a que teña gañas de asistir so deben contestarme a este correo e facilitarme os datos para a súa inscrición.

Finalizará o prazo de inscricións o 18/05/2022.

A proba será o día 22 de maio de 2022, onde partirán sobre as 10:30 dende a praza do Centro Social de Castro de Escuadro (Concello de Maceda, Ourense), unha furgoneta para o lugar da saída, que dará comezo desta proba sobre as 11:00 aproximadamente.

Calquera dúbida póñase en contacto comigo. – Verónica Calvo

Publicado en FGM | Comentarios desactivados en Campionato inf/cadete/xuvenil e junior de CxM individual (San Mamede)

ANDAINA C.C.XINZO 2022 – 12 e 25 km / Domingo 15/05/2022

ANDAINA C.C.XINZO 2022 – 12 e 25 km

25kms con saída o domingo 15 de maio as 9:00 dende a parte traseira do centro cultural con tres avituallamentos no percorrido, con sólidos e líquidos. Percorrido maiormente pola parroquia de Xinzo, tocando un pouco a parroquia de Ribadetea e o Concello de Mos. Outro percorrido de 12kms con saída as 9:30 dende o mesmo lugar con un avituallamento no percorrido. Todo pola parroquia de Xinzo.

Prezo pola actividade 10€ que se pode facer mediante transferencia bancaria no número de conta do Centro Cultural de Xinzo
ES95 2080 0517 4230 4000 5258
Concepto (Andaina- nome e apelidos)
E enviando xustificante o correo centroculturaldexinzo@gmail.com

No caso de non dispor de correo electrónico, no número de contacto 672 30 23 30 (Beatriz) para verificar o ingreso. Prazo para anotarse ata o remate do día 12 de Maio.

Publicado en Actividades, Andainas25 | Etiquetado , | Comentarios desactivados en ANDAINA C.C.XINZO 2022 – 12 e 25 km / Domingo 15/05/2022

XVIII Andainatudense Solidaria 2022 – 14/05/2022

O sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e gozar do monte Aloia.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada para recorrer varias rúas de Tui antes de tomar rumbo cara á senda do Lagartón e chegar a ponte das Febres, despois subiremos polos muíños de Paredes ata o alto do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de san Xiao. Pola tarde pasaremos ao carón do castro Alto dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo a praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andainatudense faremos o sorteo de agasallos de costume.

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN https://www.andatui.es/

Publicado en Actividades | Etiquetado , | Comentarios desactivados en XVIII Andainatudense Solidaria 2022 – 14/05/2022

Andaina Santo Esteban de Budiño 9km – 15km – 27km – 08/05/2022

Andaina Santo Esteban de Budiño 9km – 15km – 27km
Santo Esteban de Budiño – Salceda de Caselas

Andaina Santo Esteban de Budiño
Org.: Comparsa Talismán
Colabora: Concello de Salceda de Caselas
8 de maio 2022

Saída dende a explanada da Festa de Santo Esteban de Budiño.

Percorridos:
9 km – Saída ás 9:00 am ( 1 avituallamento ).
15 km – Saída ás 9:00 am ( 1 avituallamento ); sen subidas.
27 km – Saída ás 8:00 am ( 2 avituallamentos ). Subida ó Monte Aloia.

Prezos:
– Andaina 5 €
– Comida 12 € (Callos, Codillo ó forno con patacas, pan, postre, viño e auga).
– Andaina + Comida 15 €

OBRIGATORIO: Inscricións no 660 058 132
O pago faise in situ o día da proba.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Andaina Santo Esteban de Budiño 9km – 15km – 27km – 08/05/2022

Abren as inscricións para a XVII Camiñada de Montaña de Entrimo

Abren as inscricións para a XVII Camiñada de Montaña de Entrimo

50 KM Concello de Entrimo

É unha proba non competitiva de sendeirismo de 50 Km a realizar nun máximo de 12 horas, pertencente á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

O día da proba é o domingo 24 de abril 2022

As inscricións serán persoais e deben realizarse neste enlace:
https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/i-trail-fronteira-extrema-e-xvii-caminada-de-montana-de-entrimo/

Listaxe de inscritos:
https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/i-trail-fronteira-extrema-e-xvii-caminada-de-montana-de-entrimo/participantes/

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Abren as inscricións para a XVII Camiñada de Montaña de Entrimo

Cursos de barranquismo EGAM – FGM / Maio 2022

Durante o mes de maio haberá cursos de perfeccionamento e de iniciación ó barranquismo, organizados pola Federación Galega de Montañismo.

Tendes información no noso calendario de actividades e na web da FGM, onde poderedes facer a inscrición directamente. https://fedgalmon.gal/

Publicado en Actividades, FGM, Varios | Comentarios desactivados en Cursos de barranquismo EGAM – FGM / Maio 2022

PR-G 222 DEVESA DA ROGUEIRA – FOLGOSO DO COUREL – 08/05/2022

FGM
I Proba da Liga Galega de Sendeirismo
PR-G 222 DEVESA DA ROGUEIRA – FOLGOSO DO COUREL

Punto de encontro
– Xuntaremonos no Alto do Couto, xa que dispoñemos de zonas para aparcar os vehículos.
– Hora de inicio 10:00 h
– Dificultade do percorrido: media-alta
– Ruta circular cunha lonxitude de 10Km, á cal se poden engadir dúas derivacións para visitar unha fonte e mais un mirador aumentando o percorrido en 4Km.
– Descrición: Fermoso bosque autóctono, salpicado por numerosos regos que armonizan e refrescan o camiñar. Ten unas espectaculares vistas do val, xa que estaremos a unha altitude de uns 1300m.

– Punto de encontro
https://maps.google.com/maps?q=42.6141499%2C-7.0963415&z=17&hl=es
– Álbum de fotos
https://photos.app.goo.gl/FGZ5KLGDR6wfF7yF8

Inscricións
• Na páxina web da FGM
• Link de inscrición: https://fgm.playoffinformatica.com/InscripcioWeb.php?idLliga=22
• Número máximo de participantes: 150
Non haberá comida de final de actividade. Cada participante ten que levar a súa comida e bebida.
Non esquecer que a vestimente ten que ser a axeitada as actividade desenvolvidas no medio natural de montaña.
Caso de participar algún menor, este deberá ir acompañado da nai, pai ou dun titor ou titores legais.
A liga ten un regulamento que se pode descargar deste link:
https://fedgalmon.gal/regulamentos/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en PR-G 222 DEVESA DA ROGUEIRA – FOLGOSO DO COUREL – 08/05/2022

PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán

Pazos de Borbén – Pontevedra
INSCRICIÓN: AQUÍ

Sábado 09/04/2022 – 09:30 am

Descrición
Deseñado arredor de conca do río Barragán, o seu trazado discorre a diferentes alturas pero mantén o río como eixo central.

O curso do río Barragán, antes de desembocar no encoro de Eiras, caracterízase pola presencia, na zona máis profunda da conca, dunha mata de fraga autóctona con currunchos de gran beleza natural. Ademais, a abundancia de patrimonio etnográfico como muíños, pontes ou levadas (canles que conducían a auga ata os muíños), e históricos como os restos do asentamento coñecido como A Cidade, apórtanlle un interese turístico que farán deste sendeiro unha experiencia inesquecible.

Acceso –Pola estrada PO-252 (Mondariz-Moscoso) atópase a parroquia de San Salvador de Xunqueiras. Desviarse no cruce que indica cara ao Torreiro. A 100 m atópase unha praza na que está o inicio do sendeiro.

Lonxitude –17,3 km.

Punto de partida/chegada –O Torreiro, O Cabo de Raña (Concello de Pazos de Borbén) – UTM 29T X:542077 Y:4683222

Percorrido –O Torreiro (O Cabo da Raña), Levadas da Maruxa, Ponte de Pau, Freaza, Muíño de Agosto, Muíño do Cubo, Pasos do río Barragán, Muíños do río Barragán, A Cidade, Lugar das Lombas, O Torreiro (O Cabo da Raña).

Dificultade –Media – Alta

Duración –4 horas e 45 minutos.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán

Andaina do Requeixo e do Mel – As Neves

Domingo 10, Andaina do Requeixo
O domingo teremos a ‘Andaina do Requeixo e do Mel’, de 13km, con saída ás 09:30h. dende a Praza do Concello das Neves. Finalización , con degustación de requeixo. Haberá autobús de volta. Importante: Prazas limitadas. Inscrición Previa. Organiza ACD Sanomedio.

Inscricións por WhatsApp no número 616 99 21 77, indicando NOME, APELIDOS, DNI.
A actividade ten un custe de 6€ a pagar o día da proba.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Andaina do Requeixo e do Mel – As Neves