Noia25km – 27 Febreiro 2022 – Copa Galega de Andainas de 25km / FGM

OPEN ANDAINAS 25 km
NOIA25KM

I Proba da
COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM

NOIA 25 KM + NOIA 15 KM + NOIA 8 KM

Esta andaina forma parte da Copa Galega de Andainas de 25 km 2022
Este ano, de forma transitoria e considerando as condicións Covid, non haberá competición de regularidade no Open.

Actividade organizada por Trabandainas, Concello de Noia e Federación Galega de Montañismo.

Información da Ruta
Data: 27 de Febreiro 2022
Distancia: Ruta Circular de 25 km, aproximadamente
Dificultade: Media
Peche de Inscricións: 24 de Febreiro, ás 23:59 horas

WEB DE XISTRA PARA SOCIOS 2022 CON SUBVENCIÓN 50%
(ata 13/02/2022)

https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/30/NOIA-25KM-NOIA-15KM-NOIA-8KM/

Web oficial para inscricións e pagamento https://cronocheck.com/open-andainas-regularidade-noia-25-km-noia-15-km-noia-8-km Peche de Inscricións: 24 de Febreiro, ás 23:59 horas

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Noia25km – 27 Febreiro 2022 – Copa Galega de Andainas de 25km / FGM

Copa Galega de Andainas de 25km 2022 – Excepcionalmente sen regularidade

https://25km.es/2022/01/16/2022-open-cun-formato-excepcional/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Copa Galega de Andainas de 25km 2022 – Excepcionalmente sen regularidade

Esquí e Raquetas: Percorrido Galego – 4 e 6 de febreiro de 2022

Foto Raquetas Neve.ESQUÍ E RAQUETAS: PERCORRIDO GALEGO (4-6 DE FEBREIRO)

O Club Montañeiros Celtas e a Federación Galega de Montañismo organizan a actividade: PERCORRIDO GALEGO DE ESQUÍ DE MONTAÑA E RAQUETAS DE NEVE

Datas: 4-6 de febreiro

Lugar: Villablino (León).

Máis información en https://fedgalmon.gal/esqui-e-raquetas-percorrido-galego-4-6-de-febreiro/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Esquí e Raquetas: Percorrido Galego – 4 e 6 de febreiro de 2022

Ascensión ó Montouto (O Courel) – Sábado 15/01/2022

Ascensión ó Montouto (O Courel)
Sábado 15/01/2022

Saída de media montaña programada para o sábado 15 de xaneiro de 2022, dende al aldea do Robledo no Concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) partindo dende os 850 metros de altitude e chegando ó cumio do Montouto a 1.541 metros.

A ascensión e baixada estímase nuns 16 km a realizar nunhas 5:30 horas.

A saída precisa de roupa adecuada para o frío, víveres e bebidas. Debe realizarse en autosuficiencia pois non hai puntos de avituallamento.

O asistentes deberán seguir tódolos protocolos anti-Covid-19.
Os desprazamentos serán en vehículos particulares.

Para a organización da actividade os asistentes deberán concentrarse en Vilamartín ás 9:30-9:45 horas (estímase que dende Vigo hai 2:30-2:45 horas de condución).

Dende Vilamartín de Valdeorras faremos unha aproximación de case media hora en vehículos particulares ata a aldea do Robledo.
Inscrición gratuíta e obrigatoria neste enlace.
Pregase que os interesados tramiten antes do xoves as súas licenzas deportivas se non o fixeron aínda.

Obrigatorio certificado de vacinación Covid da UE e recomendable un test negativo nas 24 horas previas.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Ascensión ó Montouto (O Courel) – Sábado 15/01/2022

Licenzas 2022

Licenzas 2022

A PARTIR DO 1/01/2022 ABRIMOS A TRAMITACIÓN DE LICENZAS 2022

 

ENLACE PARA TRAMITAR RENOVACIÓNS DE LICENZAS (a partir do 01/01/2022)

Pago de renovación de socios e licenzas 2022
Trámite válido só para socios con licenza o ano anterior

Pode facerse o ingreso do importe total [O IMPORTE XA INCLÚE A LICENZA E A COTA DE CLUB], MEDIANTE PAGO CON TARXETA NA NOSA WEB (máis rápido E MELLOR) ou por ingreso na conta do club (en efectivo por caixeiro ou por transferencia) ABANCA ES07 2080 5104 8330 4002 2930

Indicade que no Concepto poñan LICENZA, E O VOSO NOME. Exemplo: LICENZA LUÍS GARCIA G.

OBRIGATORIO: Enviar xustificante de ingreso e indicade o tipo de licenza e suplementos a info@xistra.org
No caso de apreciarse datos falsos na solicitude, esta será anulada. O feito de facer o pago implica aceptar tódalas condicións do club e da Federación. En ningún caso o importe da inscrición será devolto. Teléfono de incidencias +34 886117011 (custe normal de chamada a fixo).

ATENCIÓN OFERTA INFANTIL
(especial en xaneiro e febreiro) = a partir de so 1 €
Os cativos (de 0 a 13 anos cumpridos a 31/12/2022) que teñan un proxenitor federado, e fagan a tramitación antes de 28/02/2022, terán un desconto de 29 equivalentes a unha licenza A e cota anual (deben seleccionar a citada opción). O club fará as correspondentes comprobacións antes de tramitar a licenza subvencionada. Despois do 28/02/2022 terán un desconto de 15 €.

ATENCIÓN OFERTA XUVENIL
Os rapaces (de 14 a 17 anos cumpridos a 31/12/2022) que teñan un proxenitor federado terán un desconto de 15 € (deben seleccionar a citada opción). O club fará as correspondentes comprobacións antes de tramitar a licenza subvencionada.

A T E N C I Ó N
IMPORTANTISIMO: A tramitación NON É INMEDIATA Solicitaremos a Licenza á FGM unha vez teñamos constancia do ingreso. Obrigatorio pasar a recoller a Licenza antes de facer as actividades para confirmar que estades cubertos pola Compañía Aseguradora. Chamar ao club aos dez días de tela solicitado.

ATENCIÓN PARA ÓS QUE TRAMITEN A LICENZA AUTONÓMICA:
O ÁMBITO TERRITORIAL EN 2022 SÓ É PARA GALICIA.
NON VALE PARA ACTIVIDADES FEDME, NON VALE PARA IR A PORTUGAL OU PARA O RESTO DE ESPAÑA.

Para a tramitación das licenzas e das subvencións, o Clube de Montaña Xistra ten que poder facer a cesión de datos (nome, apelidos, DNI, data de nacemento, sexo, teléfono, …) dos socios do club á Federación Galega de Montañismo (que cederá á FEDME e á compañía de seguros), así como achegar datos simples (nomes e apelidos) ós organismo oficiais coma Concellos, Deputacións e Xunta de Galicia, patrocinadores mediante subvencións públicas desta entidade. Vostede accede libremente a ser socio desta entidade e autoriza a esta cesión de datos, asumindo que sendo socio non pode opoñerse nin agora nin no futuro, e que de querer facelo deberá solicitar a eses terceiros a eliminación dos seus datos. Se tramita a licenza vostede está de acordo.

A afiliación en Xistra é libre e voluntaria, pero vostede asume que as actividades deportivas no medio natural son públicas e que os organizadores teñen dereito a utilizar as imaxes do evento, incluíndo a súa presencia, para dar fe da realización da actividade, para facer as memorias deportivas en papel e en internet e para xustificar ante seguros, federacións ou institucións públicas. Se non acepta esta condición necesaria para a vida normal do club NON PODE DARSE DE ALTA NO CLUBE DE MONTAÑA XISTRA. Se vostede se dá de alta e pertence ao club NON PODE OPOÑERSE Á CESIÓN DA SÚA IMAXE PARA ESTES FINS.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Licenzas 2022

01/12/2021 – Aberto o prazo de inscrición na 15ª Andaina Bisbarra do Sar.

2020 Andaina Bisbarra do Sar.

O sábado 2 de abril de 2022

INSCRICIÓNS
Dende o 1 de decembro de 2021 ata o 24 de marzo de 2022.

INSCRICIÓN
Aberta dende o 1 de decembro

Para inscribirse correctamente deben cubrirse tódolos campos da plataforma de pago. Confirmado o abono o inscrito/a aparecera na listaxe oficial e poderá imprimir o xustificante de pago

A PROBA
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 3 aneis (16 + 18 + 16), que transcorre por sendas, ríos, pistas forestais, sendeiros e aldeas con chan asfaltado.
Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

Inscricións e datos na web http://andainabisbarradosar.com/

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en 01/12/2021 – Aberto o prazo de inscrición na 15ª Andaina Bisbarra do Sar.

20/11/2021 – XIV Andaina da Castaña – Parada de Sil

ANDAINA DA CASTAÑA

  • 12 € – de 18anos en adiante
  • 5 € –  Menores de 12 a 17 anos
  • Desconto de 2€ para federados FEDME

ANDAINA para CATIVOS:

  • 12 €   –  Acompañante
  • Gratis –  Cativos

Podedes descargar información e o regulamento neste enlace: https://xistra.org/wp-content/uploads/reglamento-617a5ad6920447.62765370.pdf

Organizada polo noso club amigo, Club de Montaña Ribeira Sacra, volven a chamarnos a compartir no tempo dos magostos as súas paisaxes e a súa fermosa natureza.

As inscricións poden facerse antes do día 14 de novembro na web de https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2208/xiv-andaina-da-castana

 

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 20/11/2021 – XIV Andaina da Castaña – Parada de Sil

14/11/2021 – Día do Sendeirista FGM 2021 – Manzaneda

ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA FGM E O CLUB ALPINO OURENSÁN PARA O DÍA 14 DE NOVEMBRO.

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción: Mércores 10 de Novembro

PARA INSCRIBIRTE DIRECTAMENTE, PREME AQUÍ

ATENCIÓN… PARA FACER A INSCRICIÓN HAI QUE LOGUEARSE CON CONTA DE GOOGLE NA WEB DO C.ALPINO OURENSÁN. OS QUE TEÑAN PROBLEMAS CON ESTE SISTEMA PODEN CONTACTAR CON XISTRA E XA TEMOS OUTRA INSCRICIÓN PARALELA.
Inscrición en Xistra https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/27/DIA-SENDEIRISTA-FGM-2021/

Faremos un roteiro circular duns 15km preto de Manzaneda.
Hora de comezo: 9,30h. no aparcadoiro da estación de Manzaneda.
Transporte: Coches particulares.
Requisitos: Estar federado e cubir a declaración responsable. Preme aquí para descargar.
Prezo: 5€ a ingresar na conta do Club Alpino Ourensán (se queres participar na comida):
ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank)

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en 14/11/2021 – Día do Sendeirista FGM 2021 – Manzaneda

Actualizada a sección de transparencia de Xistra

Tralas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria celebradas o día 22/10/2021, vimos de incorporar na nosa web as Actas correspondentes a estas reunións.

Así mesmo, substituímos os anteriores Estatutos polos novos aprobados por unanimidade.

Informámosvos que xa pagamos as taxas correspondentes e tramitamos a solicitude de rexistro na Xunta de Galicia dos novos Estatutos sociais da nosa entidade.

Tendes toda a información na páxina https://xistra.org/o-clube/

Tamén vos informamos que xa xustificamos as axudas da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo e quedan pendentes de xustificar unha da Deputación de Pontevedra e unha opcional da Xunta de Galicia. No momento de redactar esta nova, só percibimos o líquido da do Concello de Vigo.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Actualizada a sección de transparencia de Xistra

Incidencia 13/10/2021 web inscricións.

Debido a unha caída global dun importante provedor de internet (OVH) a aplicación para inscricións non funcionou esta mañá.
Centos de páxinas webs do mundo quedaron desconectadas durante 2 horas.
Lamentamos as molestias que se puideron orixinar.
Un saúdo cordial,
O Clube de Montaña Xistra

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Incidencia 13/10/2021 web inscricións.