15/05/2021 – Andaina Terras de Altamira – Brión.

15/05/2021 – Andaina Terras de Altamira – Brión.

Parece que as boas novas volven. Unha nova proba da Copa Galega de Andainas de 50km volve a rexurdir.

Aquí vos deixamos o enlace para as inscricións. E coma ven sendo normal nesta pandemia a proba será en autosuficiencia e con inicio escalonado. Animádevos a participar, pero con sentidiño.

http://www.galitiming.com/inscripciones-on-line.html

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 15/05/2021 – Andaina Terras de Altamira – Brión.

17 abril 2021 – Bisbarra do Sar 50 km

Estimados socios:

Sabemos que a situación é complexa e que as normas varían dun día para outro, pero os compañeiros de Padrón seguen co optimismo de poderen realizar a marcha de 50 km para o próximo día 17 de abril.

Piden que fagamos confirmación das nosas inscricións… novamente! 😉

Esta é a mensaxe que nos remitiron. Animádevos:

ORG.: ASOC. COLECTIVO REMONTE & CONCELLO ROIS & CONCELLO PADRÓN & CONCELLO DODRO

14ª Andaina Bisbarra do Sar

Sábado, 17 de Abril de 2021

Mascara: Poñela nos coches (traxectos ida-volta), zoas pechadas (recollida dorsais e diplomas), no casco histórico de Padrón, nos avituallamentos e na propia marcha en caso de non garantir a distancia
de seguridade (no monte non se poderán formar grupos de máis de 25 persoas).

Lavar as mans: Xel hidra-alcólico (facilitarao a organización).

Recollida dorsais: Dende as 7:00 as 9:00 am. Un técnico sanitario poderá tomarlle a temperatura aos participantes.

A saída: Farase no momento no que recolles o teu dorsal, e dicir, poderás saír a camiñar as 7:00. (despois das 9:00 xa non se darán dorsais, e polo tanto xa non se poderá facer a camiñada).

Controis de paso: A o remate de cada anel Km: 16-34-50. (Non haberá retencións).

Avituallamentos: Recomendase uso de mochila. Evitar aglomeracións.

Haberá: bebidas (agua, refrescos, isotónicas); froita (laranxa e plátano); barriñas enerxéticas e bocadillos (nos Km 34 e 50).

Vestiarios: Ao remate non haberá servizo de duchas.

Pra facilitar a organización da proba, necesitase confirmar –do 1 ao 13 Abril (12 h)- participación. (e-mail: arturo@andainabisbarradosar.com).

Con optimismo e ilusión ……… ¡ vémonos o 17 de Abril !

Nota: As condicións poderán variar segundo evolucionen as medidas anti-Covid.

Asociación Colectivo Remonte

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en 17 abril 2021 – Bisbarra do Sar 50 km

Por fin podemos saír a estirar as pernas.

Dende o venres 26 están en vigor novas normas de circulación, co cal, despois de moitos meses, poderemos volver a camiñar no noso terreo de xogo: os montes… a algúns os nosos concellos quédanse moi pequenos!

Recomendamos visitar a web de GCiencia á que podedes acceder neste enlace, pola súa claridade e facilidade de comprensión… (moito mellor que o DOG). Unha boa web científica e estupendamente didáctica feita en Galicia.

https://datawrapper.dwcdn.net/oEpa7/10/

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Por fin podemos saír a estirar as pernas.

Información FGM – Nova Regulación sobre a práctica deportiva federada a partires do 21 de xaneiro 2021

Información FGM – Nova Regulación sobre a práctica deportiva federada a partires do 21 de xaneiro 2021

Solicitan dende a Federación Galega de Montañismo que lle deamos máxima difusión a esta información.

<< Información importante para a práctica deportiva que vai entrar en vigor esta noite as 00,00 horas.

Aféctanos a todos e todas as federadas sen excepción.

As novas con condicións para o deporte federado son as seguintes:

*Aprázanse todas as competicións da FGM de todas as especialidades deportivas.
*Aprázanse todos os cursos de formación deportiva da FGM.
*Todos e todas aquelas deportistas que vivan nun municipio confinado, non se poderán desprazar fora del para os adestramentos.
*A FGM non pode emitir certificados de mobilidade e quedan sen efecto os expedidos ata hoxe.
*O adestramento terá que ser fundamentalmente individual, e en caso de ser grupal, o número máximo será de catro, excluíndo ao adestrador – monitor.
*É obrigatorio o cumprimento do toque de queda. Hai que rematar con antelación o adestramento para atoparse na casa segundo o toque de queda vixente.
*Aqueles clubs que teñan salas de adestramento terán que cumprir a normativa: grupos máximos de catro, excluíndo o técnico, e sempre que non se supere o 50 % do aforo permitido.

A día de hoxe non temos data de cando se desactivaran as restricións, supoñemos que estará en función da evolución da pandemia.
A todo o colectivo de federados vos pedimos paciencia e especialmente moita precaución para non verse afectado ou afectada pola enfermidade da COVID-19.
Animámosvos a manter programas de adestramento adaptados á nova situación, sendo conscientes de que esta situación remitirá e a nosa vida volvera a ser normal.

Enlace web para a Orde de 19 de xaneiro, DOG 11-Bis

José Manuel Pérez Prego
Director Técnico da FGM >>

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Información FGM – Nova Regulación sobre a práctica deportiva federada a partires do 21 de xaneiro 2021

Interpretación da aplicación do Decreto 3/2021 e da Orde do 13 de xaneiro de 2021 ao deporte federado (subido 15/01/2020)

Trasladamos a información recibida de forma indirecta dende a Xunta de Galicia.

» Texto enviado pola Xunta de Galicia:

Na data de onte publicouse o Decreto 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, e a orde Orde do 13 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos cales se adoptan novas medidas preventivas do contaxio da COVID-19.

Con carácter xeral recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia, limitándose a mobilidade o máximo posible.

Neste senso, esta é a óptica ou criterio sobre os que ten que pivotar o desenvolvemento da actividade deportiva federada, nun momento de excepcionalidade e que a evolución da pandemia esixe ser extremadamente cauteloso e responsable.

Aínda con todo, o deporte federado nas normas citadas segue a estar dotado dun status propio, polo que a súa práctica segue a estar permitida debendo de axustarse ao disposto nos respectivos Protocolos aprobados segundo o modelo Fisicovid-Dxtgalego.

Non obstante, isto non implica que as excepcións nas limitacións impostas sexan totais senón que é preciso que se baseen en causas xustificadas.

Así con respecto as restricións de mobilidade de ou cara ás localidades con peches perimetrais mantense o mesmo criterio interpretativo que ata o de agora, considerándose situación xustificadas:

    1. Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen en cumprimento de obrigas laborais e profesionais, conforme o disposto na letra b) do número 3 do punto primeiro do Decreto 179/2020, do 4 de novembro, e na letra d) do número 1 do artigo 5 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro.
    2. Con relación a “Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada”, previsto na letra k) do número 3 do punto primeiro do Decreto 179/2020, do 4 de novembro, e na letra h) do número 1 do artigo 5 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, considéranse xustificados os desprazamentos para a realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou pola participación nunha competición deste tipo. Neste suposto deberase de acreditar:
      1. Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.
      2. Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:
        1. Por persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte.
        2. Por  outras persoas deportistas federadas, respecto de competicións de ámbito estatal ou de ámbito autonómico non profesional cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.
        3.  As persoas técnicas  ou adestradoras das persoas deportistas incluídas nos apartados anteriores.
        4. Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un certificado da correspondente federación ou club deportivo federado onde se certifique a condición do/a deportista e a causa da exención ás restricións de mobilidade.

Con respecto ao cumprimento á limitación da mobilidade nocturna entre as 22:00 h e as 06:00h, como regra xeral e en atención á situación epidemiolóxica actual esta hora debe de respetarse, polo que os adestramentos e competicións deben de rematar un pouco antes das 22:00 h, permitíndose o desprazamento con posterioridade para o regreso ao domicilio habitual. »

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Interpretación da aplicación do Decreto 3/2021 e da Orde do 13 de xaneiro de 2021 ao deporte federado (subido 15/01/2020)

TRAMITACIÓN RENOVACIÓN LICENZAS 2021

Os socios que desexen renovar a licenza, teñen acceso aos prezos personalizados e á pasarela de pago neste enlace -> AQUÍ RENOVACIÓNS.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en TRAMITACIÓN RENOVACIÓN LICENZAS 2021

Licenzas 2021 – oferta XANEIRO

OFERTA XANEIRO 2021

Tal como indicamos nunha entrada previa, os socios de Xistra terán bonificacións personalizadas nos prezos das licenzas se tramitan a súa renovación antes do día 31 de xaneiro de 2021.

O acordo de Xunta Directiva premia aos socios que participaron en actividades en 2019 e 2020, tal como podedes ler na Acta desa Xunta Directiva. Pero tamén aos socios menores de idade e a tódolos que tramiten a licenza no primeiro mes do ano.

O día 1 de xaneiro, abriremos a inscrición para renovar licenzas. Se algún excepcionalmente precisa de forma imperiosa a tramitación antes, deberá contactar co club.

Publicado en Actividades, Concursos, Cursos, FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Licenzas 2021 – oferta XANEIRO

Axudas excepcionais Covid-19 nas licenzas Xistra 2021

AXUDAS A SOCIOS MENORES DE 18 ANOS

Aprobouse subvencionar a tódolos socios actuais de menos de dezaoito anos mediante a exención da cota anual e a asunción do custe total dunha licenza A ou B en 2021.
Para os novos socios menores de idade, seguirán vixentes as axudas de anos precedentes.

AXUDAS A SOCIOS MAIORES DE 18 ANOS

Para os maiores de 18 anos que soliciten a tramitación da súa licenza antes do 31 de xaneiro de 2021 estableceranse as seguintes bonificacións:

  • Os socios con licenza en Xistra en ámbolos dous anos 2019 e 2020, e con dereito a axudas por participación en 2019 segundo a listaxe presentada na anterior Asemblea Xeral Ordinaria, terán unha subvención polo custe total dunha licenza A ou B.

  • Os socios que cumpran co requisito anterior e que tamén teñan participado en 2020 na actividade federativa de esquí e raquetas, na marcha de 50 quilómetros de Padrón, nas marchas de 25 quilómetros de Noia ou de Marín, e/ou nos Concursos de Montañismo de Xistra, terán o beneficio dunha subvención polo custe total da cota anual do club.

  • O resto dos socios con licenza en 2020 pero que non cumpran cos requisitos anteriores, e que tramiten a súa licenza durante o mes de xaneiro de 2021, terán un desconto igual a media cota anual social.

Acordo excepcional polo Covid-19 de Xunta Directiva de 11/12/2020 (ver acta aquí).

Publicado en Actividades, Concursos, Cursos, FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Axudas excepcionais Covid-19 nas licenzas Xistra 2021

Información sobre participación en actividades 2020

Estimados Socios:

Neste ano atípico temos que pedirvos que os socios que tivestes licenzas en 2019 + 2020, e que participarades en 2019 en 3 ou máis actividades FGM ou de Xistra, nos mandedes relación e/ou diplomas de terdes participado nalgunha das seguintes actividades de 2020:

  1. Actividade federativa de esquís e raquetas.
  2. Marchas de 25km de Noia e/ou de Marín.
  3. Marcha Bisbarra do Sar (Padrón) 50 km.

É importante para poder axudarvos no custe da licenza de 2021.
Adiantámosvos que haberá axudas especiais do club polo motivo do Covid-19

Publicado en Actividades, Concursos, Cursos, FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Información sobre participación en actividades 2020

Grazas a tódolos que nos apoiastes nas eleccións FEDME

Grazas.

Os resultados non foron os desexados, pero a vosa participación foi moi importante. As veces se gaña, e outras non…

Agora queda que os que acadaron a vitoria cumpran a súa función e sexan valedores dos votos e a responsabilidade acadadas.

Contamos con iso. Parabéns ós gañadores.

Publicado en FGM, Varios | Comentarios desactivados en Grazas a tódolos que nos apoiastes nas eleccións FEDME