Roberto López acada 4 cumes andinas.

O noso socio (e único montañeiro galego recoñecido coma deportista de alto nivel pola Xunta de Galicia) Roberto López acadou os cumios andinos de Pequeño Alpamayo, Condoriri, Huayna Potosí y Sajama.
Parabéns para o noso compañeiro.
Máis información no Faro de Vigo de 23/07/2019.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado | Comentarios desactivados en Roberto López acada 4 cumes andinas.

Andaina de Ribeira 50km – 07/09/2019

As inscricións a XVII ANDAINA POPULAR – CONCELLO DE RIBEIRA finalizarán o xoves, 5 de setembro de 2019 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñible
Nº máximo de inscricións: 300
Indicacións da organización
Para a Copa Galega de Andainas de 50 km, só acreditarán a participación os que rematen o roteiro de 50 km. No momento da inscrición deberás escoller a distancia na que te inscribes, existe a posibilidade de facer a andaina de 20Km, 30Km ou 40Km, ademais da de 50Km.

A Andaina pasará por: Complexo Polideportivo de A Fieiteira- Mirador da Garita-Carreiriña- Praia do Castro- Porto de Aguiño- Muelle Fenicio da Cobasa- Costa de Couso- Praia do Vilar- Praia da Ladeira- Porto e Faro de Corrubedo- Praia de Balieiros- Praia de Espiñeirido- Olveira- Sendeiro Fluvial do Río Sanchanás- Castro da Cidá- Mirador da Pedra da Rá-Parque Periurbano de San Roque- Complexo Polideportivo da Fieiteira.

Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun responsable maior de idade.
Prezo federados 14€ – Sube a 25€ o martes 3 de setembro.
Páxina de inscrición -> Inscricións Ribeira

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Andaina de Ribeira 50km – 07/09/2019

Descenso Barrancos 2019 FGM – Xistra

Actividade para federados FEDME – FGM de descenso de barrancos, a celebrar o domingo 21 de xullo de 2019.

O lugar elixido este ano é o Río Cerves, Melón.
O punto de reunión será en Melón ás 9:30 am.

Esta actividade precisa de material individual adecuado e de experiencia previa en rappel e descenso de barrancos. Quen non leve o material persoal adecuado non poderá participar na actividade, pero estará obrigado a pagar os custes igualmente.
As inscricións pecharanse o mércores 17/07/2019 ás 21:00h ou cando se acade o número máximo de inscricións para este barranco (o que suceda antes). Informarase nesta web cando estea pechado o prazo.

Os interesados deben facer a inscrición neste enlace INSCRICIÓNS

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Descenso Barrancos 2019 FGM – Xistra

VII Andaina Vila de Cuntis #Open25km #Cuntis25km

Animádevos a ir ata Cuntis o vindeiro día 7 de xullo.

Abertas as inscricións para as andainas e as carreiras.
Inscrición Andainas
VI OPEN DE ANDAINAS 25 KM DE REGULARIDADE – V ANDAINA VILA DE CUNTIS
Inscrición Trail
VII TRAIL VILA DE CUNTIS

Publicado en Actividades | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en VII Andaina Vila de Cuntis #Open25km #Cuntis25km

Subvención da Deputación de Pontevedra 2019

Hoxe 11/06/2019 foi publicada a listaxe de entidades merecedoras de subvención por parte da Deputación de Pontevedra para este ano.

Como ven sendo habitual, a entidade provincial concedeunos a Xistra unha achega económica. Este ano o importe é de 1.044’99€, lixeiramente superior ó do ano precedente.

Dende a Directiva e no sentir dos socios de Xistra, agradecemos a axuda que imos dedicar como tódolos anos a fomentar o deporte federado e a competición.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Subvención da Deputación de Pontevedra 2019

50 km de Boqueixón

Bos días camiñante!!!!!!!

Xa queda menos para que bote a andar (e nunca mellor dito) esta nova edición da RUTA DO COLESTEROL. Estamos traballando arreo para ter todo listo o día da andainae tratar de seguir mellorando ano tras ano na atención aos nosos participantes.

Se eres d@s que xa está inscrit@ teremos varias sorpresas agardándote ao longo do camiño e, coma sempre, os callos ao rematar, o recordo da proba, etc.

Pero… eres d@s que dubida aínda?? Pois agárdache unha das rutas máis bonitas da comarca, a carón do Ulla e do Toxa, fervenzas, mosteiros, fontes, carballeiras…

Acompáñanos neste día e non defraudaremos!!!!
Recorda que o prazo de inscricións segue aberto ata o vindeiro xoves 13 de xuño!!!!!
Organización da Ruta do Colesterol

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado | Comentarios desactivados en 50 km de Boqueixón

XXXII Marcha con Vivac FGM «Minas Transfronteirizas de Wolframio» 8-9/06/2019

Lugar: RESERVA DA BIOSFERA TRANSFRONTEIRIZA GERÊS- XURÉS
Data: 8 E 9 XUNIO 2019.
Este ano AvivA Sport Club, organiza a «XXXII MARCHA CON VIVAC» actividade federativa da Federación Galega de Montañismo.
«PRAZAS LIMITADAS 50 PERSOAS» – ACTIVIDADE FEDERATIVA GRATUITA

SERVIZO DE AUTOBÚS:
(Servizo de autobús dende Vigo e tamén para quen vaia no seu coche propio ata Vilameá para regresar dende Cabril ata Vilameá para recoller o seu coche).
(O servizo do autobús do traxecto dende Cabril a Vilameá non tera costo)

PREZO AUTOBÚS: Vigo-Vilameá e Cabril-Vigo 15 euros.

PREZO XANTAR DOMINGO:
Xantar do Domingo (opcional) 13 euros.
Pagase no restaurante ó domingo (Débese confirmar no formulario de inscripción)

INSCRICIÓNS e INFORMACIÓN: WEB AVIVA

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en XXXII Marcha con Vivac FGM «Minas Transfronteirizas de Wolframio» 8-9/06/2019

Cartel Marchas de 50 km

Despois de varios cambios, a web da FGM  publicou o cartel da Copa de Andainas de 50km 2019.

Podedes atopalo e descargalo dende a páxina web https://fedgalmon.gal/copa-galega-de-andainas-2019/

Nota1: Como non temos máis referencias, indicámosvos que no seu día dende a proba de Bisbarra do Sar mandaron un excel indicando que este ano son necesarias 7 probas para poder acadar o trofeo. Non temos confirmación oficial da Federación por ningún correo ou indicación na súa web, a día de hoxe.
Nota2: Ollo! A proba de Altamira … é no Concello de Brión.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Cartel Marchas de 50 km

Ruta de Boqueixón – 15/06/2019

Campionato Galego de Andainas de 50 km

Dende a Ruta do Colesterol queremos convidarte a asistir a esta nova edición, a novena, que terá lugar o vindeiro 15 de xuño. Sería un pracer para todos nós que volveses a formar parte da nosa pequena familia un ano máis e esperamos estar á altura das expectativas. Como cada ano volvemos con máis forza que o anterior así que… valo a perder????

Esperámoste!!!!!!! – www.rutadocolesterol.com

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Ruta de Boqueixón – 15/06/2019

XI edición de Travesía das Fragas do Alto Eume – 30/06/2019

Organiza Club de Montaña O Caxado – As Pontes

A ruta transcorre polos montes e fragas da contorna do parque natural das Fragas do Eume.
Recordar que contamos con dous percorridos, un de 19km e o outro de 29km os cales pódense realizar camiñando ou correndo, e tódolos que previamente o indiquen na inscrición, poden terminar a ruta baixando o último tramo de 3km do encoro da Ribeira en canoa autovaciable.
Contamos con 3 avituallamentos durante la ruta, de contido sólido e líquido, e unha comida para tódolos participantes ó rematar a ruta.
Máis datos: clubmontañacaxado.es

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en XI edición de Travesía das Fragas do Alto Eume – 30/06/2019