Nova lexislatura 2018-2022

O día 14 de decembro de 2018 celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria correspondente á elección do novo Presidente. Por falta doutros candidatos non se puido celebrar eleccións e o único candidato presentado foi elixido por un novo mandato de catro anos.

Esta responsabilidade recae novamente en D. Henrique Freixeiro, socio fundador do club, que ven desenvolvendo este cargo de forma ininterrompida dende o 23 de xaneiro de 1993.

Publicado en Varios | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Nova lexislatura 2018-2022

Convocado o proceso electoral para a Presidencia de Xistra

Segundo a legalidade vixente, o Presidente convoca o proceso electoral no final do seu actual mandato de catro anos.

A convocatoria podedes descargala neste enlace -> Convocatoria de Eleccións Xistra

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Convocado o proceso electoral para a Presidencia de Xistra

Tui25km – 18/11/2018

Proba realizada con moitas dificultades por sabotaxe das marcas colocadas para a mesma.

Finalmente a proba non contou para facer as puntuacións do V Open de Andainas co fin de non penalizar ós participantes que sufriron os despistes propios dunha marcaxe modificada con mala intención.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Tui25km – 18/11/2018

APRAZADA A PROBA DE TUI25km

Notificamos a tódolos inscritos de Tui25km 2018, evento previsto para o día 11, que con motivo das malas previsións meteorolóxicas que ameazan con fortes ventos e situacións de alerta, estamos a dar os pasos necesarios (autorizacións de entidades públicas) para aprazar a proba unha semana. Polo tanto a nova data para a proba de Tui é o domingo día 18/11/2018.

Así mesmo establécese coma nova data de final de inscrición o día 14/11/2018.

Para aqueles inscritos que non poidan asistir á proba a consecuencia do cambio de data ábrese de forma excepcional o dereito a solicitar a devolución da inscrición e disporán ata o luns 12 para poder reclamar os seus cartos. Os interesados nesta devolución deben remitir un correo electrónico que no concepto indique o nome da proba (Tui25km – Open de Andainas), o seu DNI e os seus Nome e Apelidos, e «Solicitude de Devolución Inscrición» dirixido a consulta@championchipnorte.com

Os que non soliciten a devolución ata o día 12 serán considerados inscritos en firme na proba do día 18/11/2018, e non terán dereito á devolución.

Dende o Clube de Montaña Xistra pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar tendo en conta que son alleas a nós e só motivadas polas adversas previsións meteorolóxicas.

Clube de Montaña Xistra

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en APRAZADA A PROBA DE TUI25km

Publicados os resultados de Ponteareas25km

Na páxina oficial do V Open de Andainas de 25 km foron publicados os resultados da proba celebrada en Ponteareas esta fin de semana pasada, así coma os acumulados do Open correspondentes as puntuacións das tres primeiras probas.

Tamén está aberta a inscrición da cuarta e última proba do calendario 2018, a celebrar en Tui.

Máis datos en http://25km.es/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Publicados os resultados de Ponteareas25km

Andaina Tui25km – 11/11/2018

Domingo 11 de novembro de 2018

Punto de encontro e saída: Centro e Pavillón da Macoca (Pazos de Reis – Tui). Na subida dende Tui ó Monte Aloia.
Hora de saída ás 9 da mañá.
A recollida de dorsais será entre as 8 e as 8.45 h.
Distancia 25 km.
Proba de regularidade (sistema individual) (Puntuará no Open 25km 2018 – Ultima proba).

INSCRICIÓNS AQUÍ

Prezos:
Participantes non federados FEDME – 12 € (deben presentar o DNI na acreditación)
Federados FEDME – 9 € (deben presentar DNI e LICENZA FEDME na acreditación)

Poderán participar deportistas con 14 ou máis anos, pero os menores de 18 deberán ir sempre acompañados en todo momento polos seus titores, sendo estes os únicos responsables dos menores. As organizacións non se farán responsables de ningún menor.

Máis información en 25km.es/

DATA ÚLTIMA DE INSCRICIÓN: 7/11/2018ChampionChipNorte.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Andaina Tui25km – 11/11/2018

Publicados os resultados de Barbanza25km

Na páxina oficial do V Open de Andainas de 25 km foron publicados os resultados da proba celebrada en Rianxo esta fin de semana pasada, así coma os acumulados do Open correspondentes as puntuacións das dúas primeiras probas.

Tamén está aberta a inscrición da terceira proba, a celebrar en Ponteareas, figurando xa neste momento con varios inscritos na proba de 25km.

Máis datos en http://25km.es/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Publicados os resultados de Barbanza25km

Aberta inscrición Ponteareas25km – 28/10/2018

O día 1 de outubro ábrese a inscrición para a proba de Ponteareas25km que puntuará para o Open de Andainas de Regularidade.

Haberá 2 probas: 25 km puntuable e 12 km solidaria.

A proba de 25 km é puntuable para o Open de Andainas e os prezos son os mesmos das outras probas. Excepcionalmente o Concello de Ponteareas desexa facer a proba de 12 km sen custo e cun fin solidario: os participantes deberán aportar «víveres non perecedoiros» ou «produtos de hixiene persoal» para axudar ao «Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas»

Enlace directo para a inscrición 25 km aquí.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Aberta inscrición Ponteareas25km – 28/10/2018

Diplomas marchas 50 km

Pregamos que, os socios que teñan realizado marchas de 50 km da Copa Galega de Andainas de 50km FGM, remitan copias dos correspondentes diplomas ó noso club canto antes.

Lembrámosvos que para recibir o trofeo acreditativo da Copa facía falta completar 6 probas, pero como foi cancelada a última, a Federación rebaixou o requisito a 5 (cinco) probas para este ano 2018.

Deberedes enviar estas copias de diplomas antes do día 31 de outubro de 2018.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Diplomas marchas 50 km

Marcha Veteranos FEDME – Almería

La Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada – FEDME, y la Federación Andaluza de Montañismo-FAM, junto al Club Excursionista Montenegro, con la colaboración de la Diputación Provincial de Almería y los Ayuntamientos de Mojácar, Bédar, Cuevas del Almanzora, Pulpí, Sorbas y Níjar, convocan a cuantos federados, mayores de 40 años, interesados en participar en la 45ª MARCHA NACIONAL DE MONTAÑEROS VETERANOS 2018, a celebrar en el municipio de Mojácar –Almería, en el marco de las actividades programadas por la FEDME y la FAM, los días 11 al 14 de octubre de 2018.

Inscrición para socios de Xistra -> ((AQUÍ))

//
Atención: esta inscrición non obriga a Xistra. O motivo de aplicar este sistema é para facilitar a inscrición neste evento de forma conxunta. En caso de que a actividade non vaia adiante serán reintegrados os importes e non haberá dereito algún a pedir indemnizacións. Calquera persoa que se inscriba a través desta páxina asume estas condiciones.
//
Se non está de acordo con estas condicións e/ou se desexa facer a inscrición directamente cos organizadores pode acceder á ((PÁXINA OFICIAL DESTE EVENTO))

 

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Marcha Veteranos FEDME – Almería