Camiñada Entrimo – Peneda

Información da Camiñada.
A camiñada terá lugar mañá día 15 de setembro de 2018 (Sábado) e partirá as 9.00 horas dende a praza do concello. Hai que estar alí ás 8:30 am.
A Rota de 19 quilómetros comezará na praza ou alameda do Concello, e estará debidamente sinalizada. Unha vez chegados a Peneda os participantes serán recollidos en autobuses para regresar o punto de partida na Alameda, onde se celebrará un xantar campestre para recuperar forzas.
O longo do percorrido haberá puntos de aprovisionamento de bebida e froita.
O prezo de inscrición será de 10 euros para non federados e de 8 euros federados.
PARA ACCEDER OS AUTOBUSES DE RETORNO E O XANTAR CAMPESTRE E OBRIGATORIO LEVAR O DORSAL EN LUGAR VISIBLE.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado | Comentarios desactivados en Camiñada Entrimo – Peneda

Aberta inscrición Marcha Veteranos FGM – 09/09/2018

XXX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos
09/09/2018

INSCRICIÓN E PAGO AQUÍ PARA SOCIOS DE XISTRA

Organizan: Os Sendeiros de Foz – FGM
A marcha será polo río Ouro e praias de Foz (Mariña Lucense).
Os participantes recibirán un tríptico informativo e unha bolsa de avituallamento.
Rematada a Marcha haberá un xantar de confraternidade, para os que o desexen, polo prezo de 15 € no restaurante XOIÑA de Foz.
Os participantes con 40 anos cumpridos recibirán un agasallo conmemorativo.
Sairá un autobús dende a Praza de España de Vigo, ás 6:30h, polo prezo de 12 €.
Terá paradas en Pontevedra e Santiago de Compostela, se se solicita (indicádeo no momento de inscribirvos)
Habera un bus, para desprazarse ata a saída, para aqueles que se acheguen en coche ata Foz. O lugar de encontro para os que veñan de fora de Foz en coche e bus será, no restaurante Xoiña en Foz, as 9:45h, comezo da marcha as 10:15h.
Tríptico da actividade

Publicado en Actividades, FGM, Varios | Comentarios desactivados en Aberta inscrición Marcha Veteranos FGM – 09/09/2018

Aberta inscrición marcha Barbanza25km

Ábrese a inscrición para a proba de Barbanza25km que puntuará para o Open de Andainas de Regularidade.

Máis información na súa web aquí

Enlace directo para a inscrición aquí.

Publicado en Actividades, Varios | Etiquetado | Comentarios desactivados en Aberta inscrición marcha Barbanza25km

BARRANQUISMO FGM – Río Carcerelha – 8/07/2018

Revisando o río da Cal en xuño de 2014

ACTIVIDADE FEDERATIVA GALEGA – FGM
Descenso do Barranco do Carcerelha
en Portugal (Xurés-Gerés). Actividade só para federados galegos con licenza FEDME B ou superior.
O descenso será o domingo 8.
Atención: Prazas limitadas.
Os interesados deben inscribirse aquí.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en BARRANQUISMO FGM – Río Carcerelha – 8/07/2018

Inscricións para Boqueixón 50km

Para a inscrición no VIII Ruta do Colesterol:
1. Cubre o formulario da web, indicando nome e apelidos do participante, correo electrónico, un teléfono móvil de contacto e o concello de procedencia.
2. Acércate a ABANCA ou dende a rede e executa o pago da inscrición ata o xoves día 31 de maio de 2018 (incluido)
Nº de conta: ES87 2080 0346 4430 0003 7826
Non esquezas deixar constancia do nome dos participantes na sección «concepto» á hora de facer o pago. MOI IMPORTANTE.
Máis datos en http://www.rutadocolesterol.com/

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Inscricións para Boqueixón 50km

Travesía Fragas do Alto Eume – 8/07/2018

Un año mas el club O Caxado está inmerso en la organización de otra edición de TRAVESÍA DAS FRAGAS DO ALTO EUME. nesta ocasión será a X edición.
Indicar que contamos con dos recorridos uno corto de 19km y otro largo de 29km, cualquier de los dos se pueden realizar bien caminando o corriendo como prefiera cada asistente (NO CROMOMETRADO), el corto transcurre por la PR-G 147. el largo comparte unos 17km con la corta y después se desvía para realizar un bucle.
– Contaremos con 3 avituallamientos en ruta tanto sólidos como líquidos.
– Al terminar la Travesia caminando o la carrera todos/as los asistentes podrán disfrutar de una gran paella y postre a base de productos típicos de la zona.
– Adjuntamos las indicaciones oportunas para poder inscribirse en la misma, (requisito indispensable para poder asistir antes del día 5 de julio),  la plataforma de inscripción es: CHAMPIONCHIPNORTE.COM

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Travesía Fragas do Alto Eume – 8/07/2018

Modificacións no calendario FGM

Nova: // Estimados socios: Novamente Celtas muda a data da marcha de vivac. Remitímosvos á páxina web de Celtas para que vos manteñades informados.
http://www.celtas.net/glg/actividades_ficha.php?id=1094&tit=14%20e%2015%20de%20xullo:%20XXXI%20MARCHA%20GALEGA%20VIVAC

Datos anteriores // Lamentamos ter que informarvos que a actividade da Marcha Galega con Vivac da FGM, que este ano organiza Celtas, foi modificada na súa data, informándonos recentemente.
Entendemos as protestas dalgún socio que desexaba ir e que xa está inscrito na marcha de 50km de Boqueixón (coa cal coincide), pero estes cambios non foron comunicados ata agora e non son responsabilidade de Xistra.
Como comprobaredes xa fixemos o cambio no calendario do club.
Pedímosvos comprensión, por unha decisión da que non somos responsables en modo algún.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Modificacións no calendario FGM

FGM – Marcha de Vivac 14-07-2018

Trepada no tramo final do Fontefría.

XXXI MARCHA DE VIVAC

Inscricións en Xistra (trámite previo)

NOVAS DATAS: 14 e 15 de xullo de 2018
Data: 16 e 17 de xuño de 2018
Lugar: Macizo Central (Ourense)
Circular recibida en pdf
«Club Montañeiros Celtas ten o pracer de organizar de novo unha das actividades mais tradicionais do calendario da FGM.
Percorreremos a comarca de Valdeorras, retornando ao mundo romano, comenzamos en Arnado por un pequeno tramo da Vía Antonino, e remataremos en Portomourisco guiados pola canle romana de auga, despois de atravesar a serra polo alto de Mouzón (1329) e vivaquear na remota aldea de Santoalla onde Chano Piñeiro rodou Sempre Xonxa.
Remataremos o domingo degustando un xantar de confraternidade en O Bolo.
Convidarvos a participar nun encontro do que estamos seguros vai ser unha experiencia máxica.»
ACTUALIZACIÓN INFORMACIÓN
«Haberá un autobús que sae dende Vigo, ás 08 da mañá dende a Praza de España, cun custo de 12€. A comida de confraternidade do domingo é no Bolo e son 10€.
Haberá avituallamentos ao longo de todo o percorrido e darase un café quente o sábado pola noite, logo da cea. Tamén haberá coche de apoio na actividade.»
NOVA ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN
14 e 15 de xullo: XXXI MARCHA GALEGA VIVAC (por motivos alleos a organización hai cambio de data) (por motivos alleos a organización cambiouse a data prevista do 16 e 17 de xuño para o 14 e 15 de xullo)
Rogamos disculpedes os inconvintes producidos.

Máis información en Celtas

 

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en FGM – Marcha de Vivac 14-07-2018

Copa Galega de Clubs de Escalada en Bloque Indoor

O vindeiro sábado 2 de xuño terá lugar a I Proba da Copa Galega de Clubs de Escalada en Bloque Indoor na cidade de Lugo no Rocódromo do Palomar. Como é habitual, pola mañá terán lugar as clasificatorias e pola tarde as finais. A proba está coorganizada polo club Verso Libre e O Veral.
Recordar que os e as escaladoras que participen menores de 18 anos non teñen que pagar a inscrición.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Copa Galega de Clubs de Escalada en Bloque Indoor

Xornada de Iniciación ó Barranquismo – 02/06/2018

Curso barrancos 2013

XORNADA DE INICIACIÓN BARRANQUISMO
VERDEAL
CURSO INTERNO XISTRA
02/06/2018
11:00h inicio actividade.
Comida campestre (bocata de cada un!!).
Necesario neopreno.
Podedes facer a inscrición neste enlace.

Actividade de iniciación e repaso de técnicas de barranquismo no río de Verdeal, no Concello de Moaña. Será unha actividade só para socios de Xistra que comezaremos o sábado ás 11:00 am e pararemos para comer uns bocatas (cada un o seu!).
Debedes levar neopreno e, se tendes, tamén casco, arnés, cabo de ancoraxe e 3 mosquetóns de seguro.
Os que non teñan o material deberán indicalo cando se apunten no club

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado | Comentarios desactivados en Xornada de Iniciación ó Barranquismo – 02/06/2018