Ruta Lagoas de Trevinca con raquetas de neve.

Esta é unha actividade comercial externa a Xistra pero que pode ser do voso interese.

https://www.celtiatravel.com/evento/ruta-lagoas-trevinca-raquetas-nieve/

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Ruta Lagoas de Trevinca con raquetas de neve.

XI Andaina Concello Salceda de Caselas

XI Andaina Concello Salceda de Caselas
Copa Galicia de andainas de 50 km (2018)
Roteiro circular de 50 km
Roteiro circular de 25 km

Data: 19 de maio de 2018
Prezo inscrición: Federados 10 €. Non Federados 12 €.
Ingreso inscrición: ABANCA: ES89-2080-0577-80-3040002153
Indicando Nome, apelidos e DNI do participante (Importante)
Límite participantes: 250
Peche da inscrición: martes 15 de maio ás 20:00
http://btt.aforna.org/adaforna/ANDAINA/andaina.htm
Máis información: tfno: 659 402 738. mail: manolo-andarin@hotmail.com
Coordenadas da saída para o GPS: 42° 5’20.25» N; 8°36’55.88» O

Publicado en Varios | Etiquetado | Comentarios desactivados en XI Andaina Concello Salceda de Caselas

Andaguláns25km – 18/03/2018

Xa estades informados de que está aberta inscrición para a primeira das marchas de 25km deste 2018: Andaguláns25km. Xa está case para dar a saída: 18/03/2018.

Os nosos compañeiros e socios, os irmáns Soto Amil, andan a traballar arreo para que todo saía ben o día da marcha. E tamén haberá voluntarios de Xistra para axudar nos controis e cronometraxes.

Pero o importante é que vos vaiades inscribindo na proba: tendes máis datos na web do Open (25km.es) e na da propia proba ( http://www.gulans.com/andaina18/ ).

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Andaguláns25km – 18/03/2018

APRAZADA – Saída a Palentinas – Maio 2018

VENSE DE CONVOCAR AS ASEMBLEAS XERAIS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DA FGM, XUSTO NAS MESMAS DATAS QUE TIÑAMOS ORGANIZADO ESTE EVENTO. LAMENTAMOS TER QUE POSPOÑELO POR CIRCUNSTANCIAS ALLEAS A NÓS.

Coma o ano pasado non puidemos realizar esta saída, non será por nós que non se faga. Temos gañas de volver a unha montaña sorprendente.

As datas previstas son:
11, 12 e 13 de maio de 2018.

A programación farase en función dos inscritos e dos vehículos dispoñibles. Chegando as datas xa veremos se é recomendable levar raquetas e material para a neve. Teremos que saír o venres de Vigo para durmir na zona. O sábado teremos actividade e o domingo tamén, e regresaremos pola tarde. / Tendes información da Montaña Palentina aquí.

  • ACTIVIDADE EXCLUSIVAMENTE PARA SOCIOS DE XISTRA
    con licenza B ou superior.
  • Inscribídevos neste enlace Montaña Palentina.

Non hai que facer ningún pagamento, de momento. Informarémosvos dos prezos da durmida en canto os teñamos. No momento da inscrición indicade se ofrecedes coche para compartir ou se precisades que vos leven.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en APRAZADA – Saída a Palentinas – Maio 2018

Asemblea Xeral Xistra 09/02/2018

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2018
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Pola presente comunicamos a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:
1.Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2017.
3.Resumo de actividades 2017, proxecto 2018.
4.Axudas a deportistas.
5.Rogos e preguntas.
Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2017 e 2018.
ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca – Coia), 36209 de Vigo.
O día será o venres 9 de febreiro de 2018, en única convocatoria, ás 20:00 horas.
Finalizada a Asemblea haberá unha invitación a uns pinchos nun local da zona.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado | Comentarios desactivados en Asemblea Xeral Xistra 09/02/2018

SÓ PARA SOCIOS QUE RENOVAN COTA E LICENZA CON XISTRA DO ANO PRECEDENTE:

Documentos de renovación anual de socios:

Publicada el por HFC | Comentarios desactivados en Renovación de licenzas e cota anual de socios.

Altas e Renovación de socios en Xistra.

Para ser socio de Xistra tes que solicitar a túa alta (pasos):

  • Solicitar a túa alta e agardar á súa aceptación polo club (precisas o aval de 2 socios).
  • Obter a licenza federativa FGM/FEDME con XISTRA
  • Pagar a cota anual de 10 €

Documentos para solicitar a alta socios:

ATENCIÓN: Tódalas solicitudes de inscrición no club son supervisadas pola Xunta Directiva. Poderá denegarse a inscrición daquelas persoas ás que os membros da Xunta Directiva (vo visto e prace do Presidente) consideren, de forma razoada e obxectiva, inadecuadas ou que teñan realizado actividades contrarias os Estatutos sociais do noso club. Así mesmo poderán ser expulsadas aquelas persoas que, segundo Estatutos e en Aplicación da Lei do Deporte, sexan sancionadas desta forma.

Documentos de RENOVACIÓN anual de socios:

Publicado en FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Altas e Renovación de socios en Xistra.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE LICENZAS 2018

O CLUBE DE MONTAÑA XISTRA SÓ VAI TRAMITAR LICENZAS FEDME.

En acordo da Xunta Directiva tomado por unanimidade O DÍA 20/12/2017 decidiuse que o Clube de Montaña Xistra non vai tramitar licenzas autonómicas FGM. Só van poder tramitarse licenzas FEDME.

Na sesión tomouse o acordo tal como indicamos: «Ante la opción de tramitar licenzas FEDME ou autonómicas para o exercicio 2018, a Xunta Directiva toma o acordo unánime de tramitar unicamente as licenzas FEDME. Polo tanto para ser socio do C.M. Xistra deberase facer o pagamento da cota anual e dunha licenza FEDME

ESTA INFORMACIÓN E DECISIÓN PASA A SER PÚBLICA E NON ADMITE EXCEPCIÓNS. SE ALGUÉN DESEXA TRAMITAR A LICENZA AUTONÓMICA CON COBERTURAS LIMITADAS DEBERÁ FACELO NOUTRAS ENTIDADES DEPORTIVAS.


Nota: Xa están os prezos das licenzas na web da federación e na de Xistra. No club, por temas de peche contable, imos comezar a tramitalas a partir do día 1 de xaneiro.
Para os socios o proceso vai ser moi fácil, pois en Xistra estamos traballando nun sistema de reserva e pagamento por web. Recibiredes máis información a primeiros de ano.
Saúdos e felices festas.
O Presidente

Publicado en FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE LICENZAS 2018

Andaina Tui25km – 22/10/2017

Andaina Tui25 km.

Domingo 22 de outubro de 2017
Punto de encontro e saída: Centro e Pavillón da Macoca (Pazos de Reis – Tui). Na subida dende Tui ó Monte Aloia.
Hora de saída ás 9 da mañá.
A recollida de dorsais será entre as 8 e as 8.45 h.
Distancia 25 km.
Proba de regularidade (sistema individual) (Puntuará no Open 25km – Ultima proba).

Prezos:
Participantes non federados FEDME – 10 € (deben presentar o DNI na acreditación)
Federados FEDME – 8 € (deben presentar DNI e Licenza na acreditación)

DATA ÚLTIMA DE INSCRICIÓN: 17/10/2017

Información da probaInscrición na proba

Listaxe de inscritos e incidencias. (Non automatizada)

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado | Comentarios desactivados en Andaina Tui25km – 22/10/2017

GRAN CEA BAILE ANIVERSARIO – 11/11/2017

SÁBADO 11 DE NOVEMBRO DE 2017
ás 21h no HOTEL COIA (Vigo)

Neste mes de novembro de 2017 desexamos homenaxear a todos aqueles socios que cumpran 25 anos como membros desta entidade deportiva.
Socios Homenaxeados 2017

25 anos ininterrompidos en Xistra:
•María Teresa Cameselle Rodríguez
•Ricardo Echevarría Covelo

Podedes acudir con familiares ou amigos.
INSCRICIÓN ANTES DO 7/11/2017
Circular informativa, prezos, conta bancaria e menús -> info aquí
Folla de inscrición vía web.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Etiquetado | Comentarios desactivados en GRAN CEA BAILE ANIVERSARIO – 11/11/2017