50 km Boqueixón – 17/06/2017

VII RUTA DO COLESTEROL
(PROBA COPA 50 KM)
BOQUEIXON
FGM-CONCELLO DE BOQUEIXON

PREZOS
Ata o mércores día 31 de maio de 2017 (incluido)
– Para federados 10 €
– Para non federados 13 €

Ou ata o día 15 de xuño de 2017 (incluido)
– Prezo único 15 €

Nº de conta: ES87 2080 0346 4430 0003 7826
Non esquezas deixar constancia do nome dos participantes á hora de facer o pago. MOI IMPORTANTE.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en 50 km Boqueixón – 17/06/2017

Xuntanza informativa sobre a escalada no Faro Budiño

XUNTANZA INFORMATIVA SOBRE A ESCALADA NO FARO DE BUDIÑO

Convocase a todos os escaladores, montañeiros e directivos de clubes de montaña galegos, a participar nunha xuntaza informativa que se levara a cabo o mércores 21 deste mes no salón de actos da Casa das Federacións en Vigo as 20 h, sobre a escalada no monte Faro de Budiño (Porriño).

Informarase das  novas sobre a xuntanza mantida ca Comunidade de Montes e as normas de regulación do Espazo Natural especialmente relacionadas ca práctica da escalada.

Publicado en FGM | Comentarios desactivados en Xuntanza informativa sobre a escalada no Faro Budiño

50 km Ferrol – 10/06/2017

MARCHA DA COSTA ARTABRA DE FERROL
(PROBA COPA 50 KM)
FERROL
FGM-C.M. FERROL

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en 50 km Ferrol – 10/06/2017

IX Travesía das Fragas do Alto Eume (As Pontes) 2/07/2017

Os compañeiros do Club de Montaña O Caxado das Pontes de García Rodríguez, invítannos á súa Travesía das Fragas do Alto Eume.
Escríbennos: » Recordar que contamos con dos recorridos uno de 19km y el otro de 30km los cuales se pueden realizar, caminando o corriendo. // Contaremos con avituallamiento en ruta tanto sólidos como líqueidos. Y una comida para todos/as los participantes al terminar dicha ruta. // Para poder inscribirse será necesario entrar en la página de PRUEBA-T y seguir los pasos allí indicados, los cuales esperamos que sean fáciles y de su agrado // Rogamos le den la máxima difusión entre los miembros de ese club y así poder contar con vuestra presencia, quedamos a vuestra entera disposición. «
Nós tamén contamos con que os nosos socios se acheguen a esta interesante actividade.

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en IX Travesía das Fragas do Alto Eume (As Pontes) 2/07/2017

Xistra lidera a inscrición nos 100 km do Barbanza.

Imaxe provisional de inscritos nos 100 do 2017.

Na web dos 100 do 2017, a marcha de 100 km da Barbanza, o club con máis inscritos neste momento é Xistra, con 21 inscritos. Isto demostra que hai unha chea de «sufridores» dentro do club. Agardamos que todo saia ben e que poidamos gozar dun percorrido divertido e interesante.

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Xistra lidera a inscrición nos 100 km do Barbanza.

Autorización escalada en rocha de Donón e Cabo Udra

Trepada no tramo final do Fontefría.

As zonas de escalada en rocha de Donón e Cabo Udra, sur da provincia de Pontevedra, atópanse dentro do espazo de Rede Natura 2000, polo tanto toda aquela persoa que desexe practicar a escalada nestas dúas zonas ten que solicitar unha autorización ao Servicio de Proteción da Natureza de Pontevedra. Sen esta autorización, a práctica da escalada pode ser sancionada pola vía administrativa.

Axuntamos un modelo de solicitude que tamén empregamos para as zonas de Enciña da Lastra para realizar o trámite. Lembramos que a solicitude ten que entrar por rexistro oficial, hai que quedarse con copia, e intentar enviala con dúas semanas de antelación as datas previstas da práctica de escalada. Descargar aquí.

Publicado en FGM, Varios | Comentarios desactivados en Autorización escalada en rocha de Donón e Cabo Udra

CxM Trail Vilatuxe – 4/06/2017

COPA GALEGA DE CARREIRAS POR MONTAÑA
II TRAIL VILATUXE
VILATUXE – LALÍN
FGM – CONCELLO DE LALÍN

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en CxM Trail Vilatuxe – 4/06/2017

Publicados resultados AndaGuláns25km

Non sen tempo! Por diversos motivos propios dos encargados destes traballos foise retrasando a publicación oficial dos resultados, se ben no mesmo día foron entregados os trofeos correspondentes ós mellor puntuados.
Xa podedes ver os resultados en http://andainas25.xistra.org/resumen-de-puntuacions/

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Publicados resultados AndaGuláns25km

Trevinca – Novos sendeiros de montaña.

O sábado 13 de maio de 2017 foi inaugurado o Centro de Visitantes ZEC Pena Trevinca na aldea da Ponte (a Veiga), con presenza das autoridades e das empresas e institucións que están traballando no proxecto de dinamización dese municipio.
Entre os elementos destacables están 3 rutas de sendeirismo de montaña (PR-G 198, 200 e 201) que son as primeiras destas características en Galicia.
Podedes descargar o artigo de prensa da Región aquí.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Trevinca – Novos sendeiros de montaña.

Equipamentos do club: Camisetas Xistra

Os participantes nas marchas de 50 km, a maior parte deles, xa teñen as camisetas do club. Para o resto dos socios estamos preparando as equipacións.
A camiseta ten un prezo subvencionado de 10€ (só unha unidade por deportista, as seguintes non son subvencionadas). Para os nenos aínda ten máis subvención xa que para os menores de 12 anos son 5€.
Os interesados debedes poñervos en contacto co club indicando o talle da prenda.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Equipamentos do club: Camisetas Xistra