Podedes ver as licenzas e produtos que temos dispoñibles no seguinte enlace:
Contra a violencia machista
Redes sociais
CATEGORÍAS
INFORMACIÓN DE INTERESE
MEMORIAS DO CLUB
Novas por mes
Podedes ver as licenzas e produtos que temos dispoñibles no seguinte enlace:
Importante: Segundo acordo por unanimidade da Asemblea Xeral de Xistra en 2024, este 2025 terá esta promoción para os socios infantís e xuvenís.
1.- As cotas e licenzas para INFANTÍS tramitadas ANTES DO 31/01/2025 serán subvencionadas ata quedar nun pago único de 1 € (un euro), para as licenzas tipo A e B.
2.- As cotas e licenzas para XUVENÍS tramitadas ANTES DO 31/01/2025 serán subvencionadas ata quedar nun pago único de 15 € (quince euros), para as licenzas tipo A e B.
Lembrade que retomamos as axudas ós socios en 2025Pois iso mesmo que pon no título… Algúns estades a queixarvos da decisión tomada por unanimidade na última Asemblea Xeral de Xistra por tódolos/as socios/as asistentes: aumentar o prezo de socio (que levabamos décadas sen modificar) e igualalo con outros clubs da nosa contorna en 30 euros; pero tamén acordamos beneficios para os socios, xa que os participantes nas actividades recibirán as axudas e subvencións que o club poida acadar.
Para empezar, cada actividade do club dá dereito a 1 punto e cada actividade/carreira/competición da Federación galega dá tamén dereito a 1 punto. Haberá subvencións directas a fin de ano de 10, 20 e 30 €, para os que acaden 5, 10 ou 15 puntos (respectivamente).
Polo tanto, se temos 16 andainas e 4 actividades clásicas da FGM, xa temos a subvención completa; ou se participamos nas competicións de escalada, marcha nórdica ou carreiras por montaña, tamén teremos moitos puntos.
E ata damos 1 punto por ir á Asemblea, 2 puntos por asistir á Cea Anual ou por rematar un Concurso Social.
Só quedarán fóra da axuda aqueles socios que non participen da actividade social.
E lembrade que tamén damos axudas a actividades de especial relevancia, como acadar un 8000, como xa se ten feito en anos precedentes… Benvidos a 2025!
A partir do 01 de xaneiro de 2025 ides poder renovar e tramitar novas licenzas federativas ou pagar as cotas do club aqueles que non queirades ou poidades facer a licenza.
Vimos de preparar unha nova plataforma para facer o pagamento, e lembrade poñer ben os vosos datos no proceso de pagamento.
Publicouse o día 12/12/2024 unha relación de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra para entidades deportivas.
A nosa solicitude recibiu unha adxudicación de 1.163’82 €, cantidade que deberemos xustificar a partir do peche do exercicio deportivo de 2024.
A Xunta Directiva e o Presidente estamos satisfeitos pola axuda que colaborará a mellorar as contas do exercicio, especialmente nun ano que estamos a axustar recursos para o vindeiro ano, co fin de evitar novamente resultados económicos negativos.
Agardamos que no 2025 poidamos axudar economicamente a máis actividades deportivas e para iso xa temos implantada unha subida de cota social e unha política de redución de custos importante.
Calendario da Liga Galega de Andainas 2025Podedes descargar o novo calendario de Andainas de 2025.
Animádevos a participar no novo ano…
Prezos de licenzas para 2025 – FGMXa temos dispoñibles os prezos das licenzas do próximo ano. Hai moitas variedades e novidades.
Con importantes rebaixas para os que só fagan andainas en Galicia.
Descargade os prezos neste enlace: Licenzas-FGM-2025
Día do Sendeirista 2024 – 13/10/2024
Org. Vogalía de Andainas e Sendeirismo da FGM + CMVMC Moscoso.
PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán.
Datos de interese:
• Número máximo de participantes: 150 persoas federadas.
• Peche de inscricións: día 07/10/2024 á 23:50 horas
• Enlace para a inscrición: https://fgm.playoffinformatica.com/InscripcioWeb.php?idLliga=178
• Prezo de inscrición por persoa: 6 €
• Subvención xeral por desprazamento (posterior á realización da actividade),
entre 5 € e 15 € por persoa, en función do número de asistentes final (deben
indicar un número de conta bancaria). Non haberá autobús. Pregamos que por
redución de emisións contaminantes e por economía compartan vehículos
para o desprazamento.
• Presentación e saída de Moscoso (Pazos de Borbén) ás 9:15 am
• Percorrido sinalizado PR-G 164 – Tempo aproximado 5 horas.
• Avituallamentos líquidos. Obrigatorio levar vaso ou recipiente para bebidas.
• Pinchos en Moscoso no remate da actividade.
Día do Sendeirista FGM eInformámosvos que a Federación Galega de Montañismo xa ten datas para estas dúas entrañables actividades clásicas nas que desexamos participar.
13/10/2024 Org. Vogalía de Andainas e Sendeirismo da FGM + CMVMC Moscoso.
Día do Sendeirista da FGM 2024
PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán.
Turismo.gal – PR-G 164 SENDA DA FRAGA DO BARRAGÁN
17/11/2024 Org. C.M. Ribeira Sacra, Concello de Parada de Sil e FGM
Marcha Galega de Montañeiros Veteranos FGM 2024
PR-G 98 Ruta do Canón do Sil – Santa Cristina
Turismo.gal – PR-G 98 CANÓN DO SIL – SANTA CRISTINA
En breve comunicaremos más datos de cada proba, prezos, prazos e forma de inscrición. Íde facendo oco no voso calendario.
Comunican os organizadores da proba que este ano 2024 non van realizar a andaina de 25km en Pereiro de Aguiar.
Lamentamos o feito, pero debemos comunicárvolo para evitar despistes e erros que logo crean máis problemas.
Vémosnos noutras probas do calendario de Andainas de 2024.