Gala do Montañismo 2017 – Premios 2016

Premiados na Gala do Montañismo 2016.

Segundo información recibida da FGM, este sábado día 18 de marzo de 2017 ás 20:30h no Hotel Coia de Vigo, será realizada a Gala do Montañismo Galego, entregándose os premios correspondentes a 2016. Entre outros estarán invitados a este evento os andaríns que completaron 5 probas de 50 km (e a de 100 km) o ano pasado.
Os premiados recibirán, probablemente, aviso dende a propia FGM. Hai que confirmar asistencia.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Gala do Montañismo 2017 – Premios 2016

Pena Trevinca – Saída Invernal 11-12/03/2017

Saída invernal a Pena Trevinca. Iremos o venres pola tarde-noite para durmir no refuxio federativo en A Ponte (A Veiga). Pregamos que axudedes a compartir gastos de vehículos. Tamén lembrade que cada noite no refuxio son 5€ e debedes levar efectivo e cambiado.
Outros datos: Saída Invernal (posiblemente con neve).
Refuxio A Ponte – Trevinca.
ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN: XOVES 9/03/2017
Actividade o sábado e o domingo. Ascensións en función da climatoloxía. Raquetas, crampóns, piolet. Iniciación contacto progresión en neve.
Non hai folla de inscrición: debedes chamar ó club ou mandar un email para inscribirvos.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Pena Trevinca – Saída Invernal 11-12/03/2017

O Courel – Saída invernal 25-26/02/2017

Saída invernal ó Courel. Iremos o venres pola tarde-noite para durmir no refuxio federativo en A Seara (Quiroga). Pregamos que axudedes a compartir gastos de vehículos. Tamén lembrade que cada noite no refuxio son 5€ e debedes levar efectivo e cambiado.
Outros datos: Saída Invernal (posiblemente sen neve).
Refuxio A Seara – O Courel.
ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN: XOVES 23/02/2017
Actividade o sábado e o domingo. Ascensións en función da climatoloxía. ¿Raquetas, crampóns, piolet. Iniciación contacto progresión en neve?
Non hai folla de inscrición: debedes chamar ó club para inscribirvos.

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en O Courel – Saída invernal 25-26/02/2017

Esquí de montaña e raquetas – FGM 2017

Por fin temos datos desta actividade federativa, despois dun aprazamento do que non soubemos nada case ata o final.
Vaise facer na zona de Ubiña, a fin de semán do 4-5 de marzo. Agardemos ter bo tempo e mellor neve. Os interesados podedes ver os datos dispoñibles na web da FGM en:
http://fgmontanismo.es/percorrido-de-esqui-e-raquetas-fgm-2017/

Lembrade inscirbirvos a través do club e os interesados en levar raquetas, lembrade que temos un número limitado no club.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Esquí de montaña e raquetas – FGM 2017

Herdeiros do Open de Andainas de 25km!!

A FGM comeza este ano unha Copa que é herdeira da semente creada hai 3 anos por Xistra no amplo mundo das andainas en Galicia: o noso Open de Andainas de 25km!!
En breve teredes máis datos, pero de momento aquí está o enlace da FGM sobre esta nova Copa Galega.

Copa Galega de Andainas Media Distancia 2017

A Federación Galega de Montañismo inaugura neste 2017 un circuíto de andainas de media distancia. Neste primeiro ano de proba, comezaremos por 5 marchas organizadas polos clubs: Clube de Montaña Xistra, Club Montaña Ferrol e Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés.

Máis datos aquí

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Herdeiros do Open de Andainas de 25km!!

Marcha Nórdica na Coruña

Novas da FGM

Marcha Nórdica – I Competición Cidade da Coruña

A proba terá lugar na cidade da Coruña, o domingo 5 de marzo. O horario de saída é ás 9:30 horas e a finalización está prevista para as 14:00 horas.
O lugar da saída e chegada é a Praza María Pita (Concello da Coruña)
A carreira é para deportistas federados e populares.

Máis datos e inscricións neste enlace.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Marcha Nórdica na Coruña

Saída Semana Santa – Alto Atlas Marroquí

Novas da FGM

SAIDA ALTO ATLAS MARROQUÍ 8-15 ABRIL 2017

Publicada a información sobre a actividade e forma de inscrición da saída ó Alto Atlas Marroquí 2017.
Máis datos aquí.


Cumio do Jebel Toubkal ano 2014

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Saída Semana Santa – Alto Atlas Marroquí

Aprazada Raquetas e Esquis de Montaña FGM

Aprazada a actividade de Raquetas e Esqui de Montaña

A actividade de Raquetas e Esqui de Montaña da FGM, organizada polo club AMI, foi aprazada. Polo tanto as datas previstas inicialmente do 18 e 19 de febreiro cambian a 4 e 5 de marzo de 2017.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Aprazada Raquetas e Esquis de Montaña FGM

Aberta inscrición nos 100 km do Barbanza

Veñen de abrir a inscrición e xa está rachando. Os compañeiros do Barbanza si que saben crear tensión nos andaríns: 300 prazas máximo e xa levan 125 inscritos en 2 días!!

Podedes ver información no seu Facebook e inscribirvos na súa web: http://itrekkers.org/2017/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Aberta inscrición nos 100 km do Barbanza

Peque Ruta – Galiñeiro 12/02/2017

Marcha Infantil Xuvenil 2012

Nova data 12/02/2017

Peque Ruta Galiñeiro. Será o domingo 12/02/2017. Poden participar tódolos socios de Xistra que teñan a licenza tramitada. Así mesmo é unha actividade aberta, polo que os que non sexan socios poderán participar sempre que se inscriban antes: os nenos irán de balde e os pais deberán abonar 5 € para tramitar o seguro obrigatorio (segundo lexislación galega vixente). Saíremos ás 9:00 h da praza de América (cada un nos seus coches) para achegarnos ó Parque Forestal de Zamáns, onde comezaremos a camiñar. A actividade ten previsto o retorno sobre as 14:00 h.

INSCRICIÓN PECHADA.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Peque Ruta – Galiñeiro 12/02/2017