XV MARCHA DE SANTIAGO
(PROBA COPA 50 KM)
SANTIAGO
FGM-SECC. MONTAÑA CLUB DEPORTIVO FONTIÑAS
http://cdfontinas.wixsite.com/andaina50km
XV MARCHA DE SANTIAGO
(PROBA COPA 50 KM)
SANTIAGO
FGM-SECC. MONTAÑA CLUB DEPORTIVO FONTIÑAS
http://cdfontinas.wixsite.com/andaina50km
Os compañeiros de Pontevedra, comunican o aprazamento desta proba. Copiamos os seus comentarios.
«Retraso del PonteAndar al 23 de septiembre
PonteAndar, PonteAndar 2017″
«Por motivos ajenos a la organización, aplazamos la fecha de celebración del PonteAndar al sábado 23 de septiembre de 2017. Todos los inscritos recibirán un correo electrónico explicativo.»
XIV CAMIÑADA DE MONTAÑA DE ENTRIMO
(PROBA COPA 50 KM)
ENTRIMO
FGM-CONCELLO DE ENTRIMO
Día moi caloroso, con mágníficas vistas durante todo o percorrido. Visita obrigada á Casa da Moura con Pena de Anamán no horizonte próximo. Magnífica organización con amplias melloras sobre anos precedentes: novos itinerarios, máis marcaxe e bo control nos avituallamentos. Unha marcha dura con moita montaña pero un recordo moi positivo.

Jose Manuel, Xosé Lois, Henrique e Manolo «Andarín», nas Neves (Socios Xistra) – 2016
II ANDAINA DAS NEVES
(PROBA COPA 50 KM)
AS NEVES
FGM – CLUB CORNELIOS MONTAÑA – CONCELO DAS NEVES
Celebrouse con alta participación de socios de Xistra e moito calor. Saímos das Neves, pasamos por Arbo e rematamos nas adegas de Vizhoja.
Actividade federativa a celebrar o domingo día 2 de abril de 2017 (despois da marcha de 50km de Padrón).
Será no concello de Touro (A Coruña) e transcorrera na meirande parte polos sendeiros PRG 93 e PRG 121, cun percorrido de aprox. 22 km a carón dos ríos Ulla e Lañas. Rematada a mesma os participantes recibirán un agasallo conmemorativo.
As inscricións faranse chamado a Xistra. O prazo para anotarse a esta actividade remata o mércores 29 de marzo ás 21h.
Sairá un autobús dende a Praza de España de Vigo, ás 7,30h, polo prezo de 10€.
IMPORTANTE: Comentarvos que cada participante deberá levar a súa propia comida pois haberá unha parada durante a marcha para xantar. Unha vez rematado o percorrido poderemos parar en Touro para tomar algo quente ou cambiarnos.
X ANDAINA BISBARRA DO SAR
(PROBA COPA 50 KM)
PADRÓN
FGM-ASOCIACION COLECTIVO REMONTE & CONCELLO ROIS & CONCELLO PADRON
Domingo 26/03/2017
III Andaina de Guláns
Guláns – Ponteareas – Pontevedra
Distancia 25km
Proba de regularidade (sistema individual)
Puntuará no Open 25km
Percorrido circular con inicio e fin no Centro Cultural de Guláns. Org.: Asociación Cultural de Guláns – C.M.Xistra- Fed. Galega de Montañismo
Máis información en:
Andaguláns25km
Copa de Andainas de 25km
Espigüete
Saída invernal a Palentinas (Montaña Palentina). Conxugando o festivo local en Vigo, imos facer unha «ponte festiva – montañeira». Iremos o sábado pola mañá cedo para durmir nun hostal en Cardaño de Abajo (Triollo – Palencia). Pregamos que axudedes a compartir gastos de vehículos. Os prezos da durmida aínda non están pechados e dependerán do número de inscritos.
Outros datos: Saída Invernal (posiblemente con neve).
ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN: Mércores 15/03/2017 (por motivo de reserva hostal).
Ascensións en función da climatoloxía e condicións de neve. Raquetas, crampóns, piolet.
Non hai folla de inscrición: debedes chamar ó club ou mandar un email para inscribirvos.

Premiados na Gala do Montañismo 2016.
Convócase a tódolos socios de Xistra á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar no Edificio das Federacións Deportivas (Casa do Deporte) de Vigo, o día 17/03/2017.
Descarga aquí a convocatoria e a orde do día.
Despois da Asemblea haberá unha invitación a uns pinchos nun local da zona.

Premiados na Gala do Montañismo 2016.
Segundo información recibida da FGM, este sábado día 18 de marzo de 2017 ás 20:30h no Hotel Coia de Vigo, será realizada a Gala do Montañismo Galego, entregándose os premios correspondentes a 2016. Entre outros estarán invitados a este evento os andaríns que completaron 5 probas de 50 km (e a de 100 km) o ano pasado.
Os premiados recibirán, probablemente, aviso dende a propia FGM. Hai que confirmar asistencia.