Cancelada por falta de neve.
Comezamos as actividades do club neste 2017 cunha saída invernal a Pena Trevinca. Iremos o venres pola tarde-noite para durmir no refuxio federativo en A Ponte (A Veiga). Pregamos que axudedes a compartir gastos de vehículos. Tamén lembrade que cada noite no refuxio son 5€ e debedes levar efectivo e cambiado.
Outros datos: Saída Invernal
Refuxio A Ponte – Pena Trevinca.
ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN: XOVES 19/01/2017
Actividade o sábado e o domingo. Raquetas, crampóns, piolet. Iniciación contacto progresión en neve. Ascensións en función da climatoloxía.
Cancelada por falta de neve.
Xa está aberta a inscrición na Andaina da Bisbarra do Sar. Lembrade que os inscritos durante o mes de xaneiro dispoñen dun prezo con importantes descontos.
Moitos xa sabedes que este ano imos ter a Reunión e Marcha FEDME de Veteranos en Granada. Será dende o 12 ata o 15 de outubro de 2017. Lembrade que estas actividades hai que reservalas con tempo.
Este ano decidimos que imos ir informando das actividades do club cada 3 meses (máis ou menos), co fin de adecuarnos mellor á climatoloxía e ás demandas dos socios. Sabedes que tódolos socios podedes organizar actividades e, polo tanto, quedamos abertos á vosa colaboración e ó voso traballo. Lembrade, isto non é unha empresa de turismo nin un club tramitador de licenzas, aquí todos somos montañeiros e tamén socios altruistas e todos colaboramos organizando. Polo de agora xa tendes actividades planificadas no calendario ata o mes de abril. Pronto informaremos por SMS, email e facebook. Saúdos.
Xa podemos tramitar as licenzas para 2017. PERO OLLO!!!
Xa temos a publicación dos prezos das licenzas para 2017. Os importes suben principalmente polo incremento dos prezos dos seguros deportivos (dada a alta incidencia de accidentes) e tamén polas necesidades de financiamento das federacións española e galega.

Co gallo do Día Internacional das Montañas en todo o Planeta, declarado polas Nacións Unidas a través da Organización para a Alimentación e a Agricultura (FAO) no ano 2003, tentamos dende os clubs da Federación e a mesma Federación Galega de Montañismo desenvolver unha actividade deportiva e social para celebrar o noso día e reinvindicar a protección dos espazos vencellados á montaña e aos seus habitantes, costumes, lugares, medioambiente,….






