Descenso de barrancos FGM – Fafiao – 10/07/2016

Descenso Barrancos 2012Xa estamos a preparar todo para o Descenso de Barrancos da FGM que este ano organiza Xistra. Será no Canón do Fafiao. Noutra nova tendes a folla de inscrición e a información complementaria.

Tamén podedes ver datos do barranco en
http://www.tic.udc.es/~nino/fotos/canones_portugal/fafiao/canon-fafiao-articulo.htm

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Descenso de barrancos FGM – Fafiao – 10/07/2016

Éxito 100% nos 100… Barbanza!!

A 3ª edición dos 100 dos International Trekkers celebrouse os 25-26 de xuño de 2016, saíndo da Pobra do Caramiñal ás 17:00h.  Percorreu os concellos de Ribeira, O Son, Noia, Lousame, Rianxo, Boiro para regresar á Pobra nun prazo máximo de 24 horas.  A proba podíase facer andando (ultrandaina) ou correndo (ultratrail). En calquera caso, é unha proba non competitiva, con apoio loxístico a todos os participantes (avituallamentos, asistencia médica, traslados, entrega de equipaxe nos km. 50…), sempre que entren nos tempos mínimos establecidos pola organización.
Os socios de Xistra eran máis do 8% dos 245 participantes inscritos.
Podedes ver máis datos en http://2016.itrekkers.org/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Éxito 100% nos 100… Barbanza!!

Marcha de Vivac – FGM

Estimados Socios/as:
Lembrade que os interesados na marcha de Vivac desta fin de semana, debedes inscribirvos canto antes.
Ata hoxe ás 16:00h no Club.
Ata o xoves ás 20:00h na Federación (986208758).
Máis información na web da FGM, na de Trevinca ou no facebook.

Nota en facebook de Trevinca

INSCRÍBETE AQUI -> FORMULARIO

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Marcha de Vivac – FGM

Cápsulas formativas EEAM

Parécenos interesante lembrarvos que a FEDME dispón dunha canle de teleformación gratuíta en youtube. https://www.youtube.com/user/capsulasEEAM

Vídeos formativos en distintas áreas do montañismo: escalada, barranquismo, sendeirismo, etc. Paga a pena perder un pouco de tempo aprendendo cousas que poden axudarnos a gozar da natureza reducindo os perigos da contorna.

Publicado en Cursos, FGM, Varios | Comentarios desactivados en Cápsulas formativas EEAM

ANULADO – Open Carreira Vertical Ría de Vigo – 5/06/2016

ANULADO

Open Carreira Vertical Ría de Vigo

COMUNICADO

O Clube de Montaña Xistra informa que, dado o escaso interese en inscrición na proba de carreira vertical (única no calendario federativo de 2016 nesta modalidade) denominada Open Carreira Vertical Ría de Vigo – Vertical Sprint Moaña 2016 –, procédese a anular a citada proba.

Así mesmo, e como consecuencia desta anulación, a celebración do Campionato Galego de Carreira Vertical da Federación Galega de Montañismo, queda en suspenso.

Infórmase ás persoas que estaban inscritas que recibirán a devolución dos seus cartos mediante un abono na propia tarxeta coa que fixeron o pago en championchipnorte.com

Dende o club queremos agradecer os apoios e traballos efectuados por parte de tódolos voluntarios da nosa entidade, así como a gran colaboración e os esforzos recibidos por parte das institucións federativas e civís, en particular ás Comunidades de Montes de Domaio e Meira, pero moi especialmente ó Concello de Moaña.

Os interesados que desexen algunha información poden contactar co club no teléfono 886117011. Vigo, a 1 de xuño de 2016

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en ANULADO – Open Carreira Vertical Ría de Vigo – 5/06/2016

COPA GALEGA DE ESCALADA BASE (Proba de Vigo) F.G.M.

EscaladaBaseCOPA GALEGA DE ESCALADA BASE

Data:

04/06/2016

DATA: 4 DE XUÑO DE 2016
LUGAR: ROCÓDROMO DE TRAVESAS. PISTA VERMELLA. VIGO
HORARIO: 16:00H A 20:00H.

A COPA GALEGA DE ESCALADA BASE consta de dúas probas, unha en Vigo o día 4 de xuño e outra en Coruña o día 18 de xuño.

A proba en Vigo consta de:
COMPETICIÓN OFICIAL PARA A COPA GALEGA DE ESCALADA BASE: de 12 a 19 anos
– Xuvenís B, de 12 a 15
– Xuvenís A, de 16 a 17
– Junior, de 18 a 19
COMPETICIÓN ENTRE CLUBS. Para menores de 12 anos
PROMOCIÓN DA ESCALADA. Para nenos e nenas que queiran achegarse á disciplina deportiva de escalada.

¡¡¡PARTICIPA!!!

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en COPA GALEGA DE ESCALADA BASE (Proba de Vigo) F.G.M.

Vídeo Montañeiros Galegos x Nepal

Podedes ver o vídeo realizado con motivo da campaña Montañeiros Galegos x Nepal, no que o Clube de Montaña Xistra colaborou. Grazas a todos.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Vídeo Montañeiros Galegos x Nepal

Caminito del Rey

O noso socio Manuel Antomil invítanos a gozar da súa experiencia no Caminito del Rey.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Caminito del Rey

Huertos del Diablo

Manuel Antomil invítanos á súa actividade en Huertos del Diablo.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Huertos del Diablo

Gondomar25km

Xa quedan poucos días para a andaina de Gondomar25km.
Se aínda non estades inscritos, non agardedes ó último día!!

Animádevos! E invitade ós vosos amigos a unha xornada de reto persoal.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Gondomar25km