Escalada nas Fragas do Eume.

Importante para os escaladores:
Días pasados, uns federados que estaban a practicar a escalada nas Fragas do Eume foron preguntados se informaran da actividade que estaban a facer á Dirección do Parque. Como ninguén estaba informado dese requisito, non levaban ningún papel que acreditase a solicitude para a práctica da escalada.
A Federación púxose en contacto ca Dirección do Parque e este é o resultado:

  • A escalada non está prohibida no parque, pero para a súa práctica, será requisito necesario presentar vía correo electrónico unha solicitude que a autorice.
  • Os datos que figurarán na solicitude teñen que ser, a data, o sector e o número de escaladores.
  • O correo electrónico hai que envialo con acuse de recibo

A dirección de envío do correo electrónico é a seguinte:
conservacion.coruña@xunta.es
copia do mesmo correo: fragas.eume@xunta.es
A día de hoxe, non se producíu ningunha restricción ni sanción, pero co fin de evitar calquer malentendido e que podamos seguir a desfrutar da escalada nesa contorna, pregámosvos que cumprades cos procedementos do Parque.

Publicado en FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Escalada nas Fragas do Eume.

Andaina 50 km Santiago 2016

CARTEL 2016 copiaXa está aberto o prazo de inscrición á Andaina 50 km Santiago 2016.

Máis info:

Páxina do CD. FONTIÑAS:
http://clubdeportivofontinas.com/es/

Páxina web da Andaina:
http://cdfontinas.wix.com/andaina50km

Facebook da Andaina:
https://es-es.facebook.com/Andaina-50-km-Santiago-de-Compostela-223886754475313/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Andaina 50 km Santiago 2016

Trail Popular e Trail Montes de Vigo

A proba Trail Popular realizarase conxuntamente co Trail Montes de Vigo.
Será unha proba de 10km aprox. e con saída ás 9:30h
Proximamente estará dispoñible a inscrición en Championchip.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Trail Popular e Trail Montes de Vigo

Mountain Dreams – charla e proxección

MONTAÑEIROS GALEGOS POLO NEPAL

«MOUNTAIN DREAMS»
CHARLA – PROXECCIÓN de Javier Camacho Gimeno
Venres 18 de marzo, 20.30h

ENTRADA LIBRE Y GRATUITA

máis info: http://www.cinesalesianos.com/calendario-programacion/110-monta%C3%B1eiros-galegos-polo-nepal?date=2016-03-18-20-30
Cartel_ MOUNTAIN DREAMS_ Vigo, 18-03-2016

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Mountain Dreams – charla e proxección

Peque Ruta Xistra – Muíños de Tripes (Tui) – CANCELADA

Muíños de Tripes e Castro do Alto dos Cubos – Peque Ruta Xistra

peque2016Unha nova Peque Ruta. Achegámonos ás abas do Montes Aloia, no Concello de Tui.
03/04/2016 Ruta “Muíños de Tripes e Castro do Alto dos Cubos”
Tempo aprox.: 3:30 horas
Dificultade: Baixa
Inicio: Pavillón da Macoca – Pazos de Reis – subida ó Monte Aloia (Tui)
Punto de encontro: Praza de América
Hora: 9:15h a.m.

Podedes facer a inscrición neste enlace.
ATENCIÓN: PECHE DE INSCRICIÓN O VENRES 01/04/2016
INSCRICIÓN GRATUÍTA (PARA TODOS)

ACTIVIDADE CANCELADA POR PREVISIÓN DE MAL TEMPO.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Peque Ruta Xistra – Muíños de Tripes (Tui) – CANCELADA

Peque Ruta Xistra – Muíños do Folón – 06/03/2016 – CANCELADO

Muíños do Folón – Alto do Picouto – Peque Ruta Xistra – 06/03/2016

peque2016

ATENCIÓN: Cancelación Peque Ruta Folón
O motivo é a previsión de mal tempo. Levar ós nenos con chuvia non é adecuado.
Agradecemos ós que se inscribiron e agardamos vervos na próxima.

 

Unha nova Peque Ruta. Viaxamos a un lugar con encanto: os muíños do Folón e do Picón, no Concello do Rosal.
06/03/2016        Ruta “Muíños do Folón – Alto do Picouto” (Altitude 425m)
Tempo aprox.: 4 horas
Dificultade: Baixa
Inicio: A Ponte das Penas – Martín – O Rosal
Punto de encontro: Praza de América
Hora: 9:15h a.m.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Peque Ruta Xistra – Muíños do Folón – 06/03/2016 – CANCELADO

Noticia en Faro de Vigo – 10/02/2016

Hoxe sae publicado en Faro de Vigo, no suplemento de «Campeones» unha cumprida información da nosa andaina Vigo25km.

Podedes ver o enlace en http://www.farodevigo.es/suscriptor/campeones/2016/02/10/forma-recorrer-vigo/1401581.html

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Noticia en Faro de Vigo – 10/02/2016

2016 – Pontedeva25km®

III Open de Andainas 25km

III Open de Andainas 25km

Datos da proba Pontedeva25km® a celebrar o día 13/03/2016

Inscricións pechadas.

Ficha da marcha (horarios e detalles)

Mapa xeral

Ruta en Google Earth

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en 2016 – Pontedeva25km®

2016 – Vigo25km®

III Open de Andainas 25km

III Open de Andainas 25km

Datos da proba Vigo25km® a celebrar o día 14/02/2016

Resultados por participante / por puntuación

Ficha da marcha (horarios e detalles)

Mapa xeral

Mapas detalles rúas

Ruta en Google Earth

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en 2016 – Vigo25km®

Peque Ruta Xistra – Galiñeiro – 21/02/2016

Parque Forestal Zamáns – Galiñeiro – Peque Ruta Xistra – 21/02/2016

peque2016Unha nova Peque Ruta. Nesta vez imos ir preto de Vigo e a un lugar cunhas vistas impresionantes (se a climatoloxía o permite!!).
21/02/2016        Ruta “Galiñeiro” (Altitude 694m)
Tempo aprox.: 4 horas
Dificultade: Baixa
Inicio: Parque Forestal Zamáns
Punto de encontro: Praza de América
Hora: 9:15h a.m.

Podedes facer a inscrición neste enlace.
ATENCIÓN: PECHE DE INSCRICIÓN O VENRES 19/02/2016
INSCRICIÓN GRATUÍTA (PARA TODOS)
INSCRICIÓN PECHADA: Os inscritos recibirán información de última hora nos seus móbiles.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Deja un comentario