Xistra: Mellor Club de Montaña 2015

Premiados na Gala do Montañismo 2016.

Premiados na Gala do Montañismo 2016.

O venres 22 de abril de 2016, durante a celebración da Asemblea Xeral da F.G.Montañismo, o noso club foi nomeado «Mellor Club da FGM 2015».
Este premio é consecuencia da importantísima puntuación acadada polo club a resultas da continua organización de actividades federativas e, especialmente, a alta participación dos nosos socios nas actividades do calendario oficial da Federación Galega de Montañismo.
Este título, gañado por Xistra por terceira vez, vai acompañado dunha dotación económica que, neste 2016, supera os 1500€. Xa que logo, continuaremos ofrecendo tamén as nosas achegas económicas ós socios que máis participan e colaboran.
Parabéns para todos.
A Xunta Directiva.

Publicado en FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Xistra: Mellor Club de Montaña 2015

Escalada nas Fragas do Eume.

Importante para os escaladores:
Días pasados, uns federados que estaban a practicar a escalada nas Fragas do Eume foron preguntados se informaran da actividade que estaban a facer á Dirección do Parque. Como ninguén estaba informado dese requisito, non levaban ningún papel que acreditase a solicitude para a práctica da escalada.
A Federación púxose en contacto ca Dirección do Parque e este é o resultado:

  • A escalada non está prohibida no parque, pero para a súa práctica, será requisito necesario presentar vía correo electrónico unha solicitude que a autorice.
  • Os datos que figurarán na solicitude teñen que ser, a data, o sector e o número de escaladores.
  • O correo electrónico hai que envialo con acuse de recibo

A dirección de envío do correo electrónico é a seguinte:
conservacion.coruña@xunta.es
copia do mesmo correo: fragas.eume@xunta.es
A día de hoxe, non se producíu ningunha restricción ni sanción, pero co fin de evitar calquer malentendido e que podamos seguir a desfrutar da escalada nesa contorna, pregámosvos que cumprades cos procedementos do Parque.

Publicado en FGM, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Escalada nas Fragas do Eume.

Andaina 50 km Santiago 2016

CARTEL 2016 copiaXa está aberto o prazo de inscrición á Andaina 50 km Santiago 2016.

Máis info:

Páxina do CD. FONTIÑAS:
http://clubdeportivofontinas.com/es/

Páxina web da Andaina:
http://cdfontinas.wix.com/andaina50km

Facebook da Andaina:
https://es-es.facebook.com/Andaina-50-km-Santiago-de-Compostela-223886754475313/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Andaina 50 km Santiago 2016

Trail Popular e Trail Montes de Vigo

A proba Trail Popular realizarase conxuntamente co Trail Montes de Vigo.
Será unha proba de 10km aprox. e con saída ás 9:30h
Proximamente estará dispoñible a inscrición en Championchip.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Trail Popular e Trail Montes de Vigo

Mountain Dreams – charla e proxección

MONTAÑEIROS GALEGOS POLO NEPAL

«MOUNTAIN DREAMS»
CHARLA – PROXECCIÓN de Javier Camacho Gimeno
Venres 18 de marzo, 20.30h

ENTRADA LIBRE Y GRATUITA

máis info: http://www.cinesalesianos.com/calendario-programacion/110-monta%C3%B1eiros-galegos-polo-nepal?date=2016-03-18-20-30
Cartel_ MOUNTAIN DREAMS_ Vigo, 18-03-2016

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Mountain Dreams – charla e proxección

Peque Ruta Xistra – Muíños de Tripes (Tui) – CANCELADA

Muíños de Tripes e Castro do Alto dos Cubos – Peque Ruta Xistra

peque2016Unha nova Peque Ruta. Achegámonos ás abas do Montes Aloia, no Concello de Tui.
03/04/2016 Ruta “Muíños de Tripes e Castro do Alto dos Cubos”
Tempo aprox.: 3:30 horas
Dificultade: Baixa
Inicio: Pavillón da Macoca – Pazos de Reis – subida ó Monte Aloia (Tui)
Punto de encontro: Praza de América
Hora: 9:15h a.m.

Podedes facer a inscrición neste enlace.
ATENCIÓN: PECHE DE INSCRICIÓN O VENRES 01/04/2016
INSCRICIÓN GRATUÍTA (PARA TODOS)

ACTIVIDADE CANCELADA POR PREVISIÓN DE MAL TEMPO.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Peque Ruta Xistra – Muíños de Tripes (Tui) – CANCELADA

Peque Ruta Xistra – Muíños do Folón – 06/03/2016 – CANCELADO

Muíños do Folón – Alto do Picouto – Peque Ruta Xistra – 06/03/2016

peque2016

ATENCIÓN: Cancelación Peque Ruta Folón
O motivo é a previsión de mal tempo. Levar ós nenos con chuvia non é adecuado.
Agradecemos ós que se inscribiron e agardamos vervos na próxima.

 

Unha nova Peque Ruta. Viaxamos a un lugar con encanto: os muíños do Folón e do Picón, no Concello do Rosal.
06/03/2016        Ruta “Muíños do Folón – Alto do Picouto” (Altitude 425m)
Tempo aprox.: 4 horas
Dificultade: Baixa
Inicio: A Ponte das Penas – Martín – O Rosal
Punto de encontro: Praza de América
Hora: 9:15h a.m.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Peque Ruta Xistra – Muíños do Folón – 06/03/2016 – CANCELADO

Noticia en Faro de Vigo – 10/02/2016

Hoxe sae publicado en Faro de Vigo, no suplemento de «Campeones» unha cumprida información da nosa andaina Vigo25km.

Podedes ver o enlace en http://www.farodevigo.es/suscriptor/campeones/2016/02/10/forma-recorrer-vigo/1401581.html

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Noticia en Faro de Vigo – 10/02/2016

2016 – Pontedeva25km®

III Open de Andainas 25km

III Open de Andainas 25km

Datos da proba Pontedeva25km® a celebrar o día 13/03/2016

Inscricións pechadas.

Ficha da marcha (horarios e detalles)

Mapa xeral

Ruta en Google Earth

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en 2016 – Pontedeva25km®

2016 – Vigo25km®

III Open de Andainas 25km

III Open de Andainas 25km

Datos da proba Vigo25km® a celebrar o día 14/02/2016

Resultados por participante / por puntuación

Ficha da marcha (horarios e detalles)

Mapa xeral

Mapas detalles rúas

Ruta en Google Earth

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en 2016 – Vigo25km®