
Ascensión ó Fontefría (Xurés)
A Federación xunto co Club Montañeiros Celtas invítannos a participar na marcha con vivac que terá lugar no Macizo Central galego. Percorreremos dende San Miguel de Bidueira os montes de Manzaneda e o Seixo, durmindo en medio da serra. O domingo descenderemos ata Celeiros (Chandrexa de Queixa) para comer na de Xerardo.
Unha actividade montañeira que non debedes perder. Apuntádevos no club canto antes.
XXVIII MARCHA VIVAC
(CLUB MONTAÑEIROS CELTAS + F.G.M)
13 E 14 DE XUÑO
Itinerario: San Miguel de Vidueira – Manzaneda – Celeiros – Chandrexa de Queixa.
Hora saída o 13 de xuño as 08:30 horas dende Praza de Espeña e chegada o 14 de xuño as 20:00 horas.
Imprescindible ter a licencia de montaña do 2015 Prezo comida: 5€
Data límite de inscripción o mércores 10 de xuño.

O periodico Val Miñor (valminor.net) faise eco da nosa marcha Tui25km
Tui25km![sony-tablets1-hands2-lg[1]](https://xistra.org/wp-content/uploads/sony-tablets1-hands2-lg1-150x150.jpg)

Xa tendes dispoñibles as clasificiacións da proba de Pontedeva25km e da xeral provisional.

Publicada a listaxe provisional (con data 12/05/2015) dos inscritos para Pontedeva25km.
Lembrade que estamos nos últimos días para inscribirse na 3ª proba do Open de Andainas 25km 2015. O lugar da marcha ben merece a pena: Pontedeva, na provincia de Ourense (moi próximo a Cortegada).






