Día 3/9/2014 – Fin inscrición Marcha Veteranos FEDME

BannerNoticiaWeb80x80Hoxe 3/09/2014 ás 24:00h péchase definitivamente a inscrición na XLI Reunión e Marcha Nacional de Montañeiros Veteranos FEDME.
Finalizamos a primeira etapa cun número de inscritos moi interesante despois de múltiples avatares e dificultades.
Agora queda o difícil: estar á altura das expectativas creadas. Por iso imos traballar a reo e confiamos en que todo saía segundo o planificado. Forza a todos!

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Día 3/9/2014 – Fin inscrición Marcha Veteranos FEDME

XLIII Campamento e Marcha Infantil-Xuvenil FGM

Marcha Infantil Xuvenil 2012

Marcha Infantil Xuvenil 2012

Xunto indicamos a información recibida sobre esta actividade.

(… web Celtas …)
20-21 de Setembro 2014: XLIII Campamento e Marcha Infantil-Xuvenil Celtas-FGM
Despois das vacacións a mellor maneira de comezar actividades de montaña nos clubes onde está a savia nova, e facer que os rapaces se sintan importantes e transmitirlles que eles son os herdeiros da tradizón montañeira dos nosos clubes, que non poden perder ese interés polo montañismo ou actividades parellas a él. A forma máis sinxela, ainda que non doada é amosarlles que non están sós que en Galicia hai clubes có mesmo interés que apoia o deporte de montaña.
Por iso, intentamos que neste campamento infantil.xuvenil 2014 esperte nos rapaces as ganas de seguir investigando e aprendendo do mundo da montaña.
Lugar e datas de celebración
Celebrarase no camping da Praia fluvial de Maceira (Covelo), provincia de Pontevedra, as datas de celebración serán o 20 e 21 de setembro de 2014.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en XLIII Campamento e Marcha Infantil-Xuvenil FGM

Reunión de coordinación de voluntarios Veteranos FEDME

BannerFacebook130x70O día 3/09/2014 ás 20:00h no edificio das Federacións Deportivas de Vigo, realizaremos unha reunión preparatoria para os colaboradores e voluntarios da Reunión e Marcha Nacional de Monteñeiros Veteranos FEDME. Os convocados deberán levar copia da documentación organizativa remitida polo club.
Calquera dúbida debedes consultar no club.

Publicado en Actividades, FGM, Varios | Comentarios desactivados en Reunión de coordinación de voluntarios Veteranos FEDME

Últimos preparativos! Faltan menos de dúas semanas!!

IMG_20140901_105231

IMG_20140901_105258

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Últimos preparativos! Faltan menos de dúas semanas!!

50km de Pontevedra – Aberta a inscrición para a andaina.

Os compañeiros do AROMON – Club Montañeiros de Pontevedra A Roelo xa teñen aberta ainscrición para a última proba da Copa de Andainas de 50km de 2014. Lembrade que será o 27 de setembro, pero ben cedo…

PonteAndar 50 km – Regulamento e Ficha de inscrición
Aqui tendes o regulamento e no mesmo a maneira de inscribirse no PonteAndar, tamén a ficha de inscrición con tódolos datos.
http://aromon.es/2014/08/ponteandar-50-km-regulamento-e-ficha-de-inscricion/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en 50km de Pontevedra – Aberta a inscrición para a andaina.

Axudas oficiais para Xistra

Lagos de Saliencia. Picos Albos.

Lagos de Saliencia. Picos Albos.

Nestas datas estivais veñen de concederse 2 subvencións dos que imos ser beneficiarios en Xistra: unha da Deputación de Pontevedra e outra da Xunta de Galicia.

Como ben sabedes, estas axudas sempre as revertimos nos socios mediante o baremo de participación anual. Cremos que é a mellor forma de potenciar o deporte e de axudar a quen máis deporte fai.

Lembrade que cada vez que participedes nunha proba oficial da Federación Galega de Montañismo ou da FEDME, deberedes comunicarllo ó club. Así teredes máis puntos e maiores premios. Grazas por colaborar con nós.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Axudas oficiais para Xistra

Novo record de socios en Xistra

Algúns dos socios de Xistra antes da saída.

Algúns dos socios de Xistra.

E van 3 anos seguidos!!

Levamos 3 anos superando o noso record como club, acadando ano tras ano máis socios e superando os datos históricos da nosa entidade.

Neste momento con 112 socios xa superamos cun 10% os socios do ano precedente, ano tamén record de Xistra e no primeiro que superamos os 100 socios.

A nosa evolución nestes anos é a seguinte:
2011 – 39 socios
2012 – 61 socios
2013 – 101 socios
2014 (ata agosto) – 112 socios.

Animámosvos a participar nas actividades e tamén a organizar. Non esquezades que temos cursos, marchas, concursos, etc. Moitas cousas para todos. Ánimo!
Vémonos no monte!!

Publicado en Actividades, Concursos, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Novo record de socios en Xistra

Fotos do Descenso de Barrancos do Cerves

Rapel no río Cerves

Rapel no río Cerves

Publicamos as fotos do descenso de barrancos no río Cerves. Seguro que cando as vexades vaivos apetecer participar nun descenso polo río.

https://plus.google.com/photos/106499126192938313875/albums/6050324044055938161

 

 

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Fotos do Descenso de Barrancos do Cerves

Vías Ferratas: Material básico e iniciación á progresión

Vías Ferratas: Material básico e iniciación a la progresión – FEDME

Publicado en Cursos, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Vías Ferratas: Material básico e iniciación á progresión

Setembro 2014 – A rachar!!

Marcha infantil 2011

Marcha infantil 2011

Setembro é un mes atípico: volvemos ó traballo, ás leas de tódolos días, ós colexios, …, pero facemos promesas de mellora como se fose aninovo.

Debe ser por iso, que é un mes que chega cargado de eventos deportivos para todos nós.

Imos facer un repaso dos eventos:

06/09/14 – Andaina de Ribeira 50km
07/09/14 – 4ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña – I Costa Ártabra Trail
13-14/09/14 – XLI Reunión e Marcha Nacional de Montañeiros Veteranos FEDME
20-21/09/14 – Campamento e Marcha Infantil Xuvenil FGM
27/09/14 – Andaina de Pontevedra 50km
28/09/14 – Marcha de Montañeiros Veteranos FGM

Ademais a Federación ten previstos os seguintes cursos:

Curso de autorrescate en barrancos.
Curso de autorrescate en escalada.
Curso de orientación con GPS.

E logo hai xente que está “aburrida”… Pois que se poñan a andar! …e xa verán!

Publicado en Actividades, Cursos, FGM | Comentarios desactivados en Setembro 2014 – A rachar!!