Fotos de Ponteareas 25 km Solidaria 2023

Podedes ver algunhas das fotos desta proba Deportiva e Solidaria.
Ponteareas 25 km 2023
Fotos: David Bas Fernández

Podedes ver a galería de fotos que David Bas tivo o pracer de pasarnos.

Cremos que todos estades nalgunha foto… tanto participantes como voluntarios.

Buscádevos!

Acceder en https://25km.es/fotos/

Publicado en Andainas25 | Etiquetado | Comentarios desactivados en Fotos de Ponteareas 25 km Solidaria 2023

Publicados os resultados da proba Ponteareas25km e do IX Open de Andainas de Regularidade 25km

Podemos ver na web de https://25km.es os resultados da última proba de 2023 do IX Open de Andainas de Regularidade 25km celebrada o pasado domingo 26/11/2023 na Vila do Tea.

Un bó resultado encabezado por 2 mulleres que, por non ter participado en Xinzo, non puideron disputar os puntos de clasificación do Open. De ter acodido a Xinzo probablemente o resultado tería sido moi reñido.

Finalmente Rubén Trillo, Pablo Vilarelle e Carlos Rial, acadaron o podio xeral no Open deste 2023. Parabéns a estes esforzados deportistas.

Publicado en Andainas25 | Comentarios desactivados en Publicados os resultados da proba Ponteareas25km e do IX Open de Andainas de Regularidade 25km

2023 – Concedida unha axuda pola Deputación de Pontevedra

Logo Deputación de PontevedraPublicouse o día 15/11/2023 unha relación de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra para entidades deportivas.

A nosa solicitude recibiu unha adxudicación de 1.117’00 €, cantidade que deberemos xustificar a partir do peche do exercicio deportivo de 2023.

A Xunta Directiva e o Presidente estamos satisfeitos pola axuda que colaborará a cadrar as contas do exercicio, especialmente nun ano que estamos aportando recursos dende a entidade para sufragar os encarecidos desprazamentos ás áreas de alta montaña e aportando axudas para a expedición ó Himalaia de Roberto López.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 2023 – Concedida unha axuda pola Deputación de Pontevedra

Éxito no Manaslu.

Os socios do Clube de Montaña Xistra de Vigo, fundado en 1991, e a súa Xunta Directiva prácese en comunicar un logro sen precedentes na súa historia. Un dos nosos socios, Roberto López, cunha dilatada experiencia en ascensións de altura e Deportista de Alto Nivel Galego (DGAN) alcanzou o pasado domingo vinteseis de setembro o cumio do Manaslu, unha das montañas máis desafiantes do Himalaia e a oitava máis alta do mundo, que se eleva a 8163 metros sobre o nivel do mar.

Esta fazaña marca un fito significativo na traxectoria do club, xa que é a primeira vez que uno dos nosos membros alcanza un cume desta envergadura no Himalaia. Ao longo dos anos, varios dos nosos socios conquistaron os cumes máis altos de tres continentes, como o Kilimanjaro, o Elbrus e o Aconcagua.

O éxito de Roberto López no Manaslu é un testemuño da dedicación, o adestramento rigoroso e a paixón pola montaña que caracteriza aos nosos membros. Continuaremos apoiando e alentando aos nosos socios na procura de novos desafíos no mundo da montaña.

Este logro reflicte, en opinión do Presidente da entidade, Henrique Freixeiro, a excelencia do Clube de Montaña Xistra e demostra que os nosos membros están dispostos a superar os seus límites en busca da aventura e a superación persoal, tanto a nivel galego como fóra das nosas fronteiras.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Éxito no Manaslu.

Conquistado o Manaslu (8163 metros) – Roberto López

Conquistado o Manaslu (8163 metros) – Roberto López

Parabéns a Roberto López, por acadar o cumio de Manaslu (8163 metros) no día de onte, 24/09/2023.

Temos boas novas e hoxe xa está descansando no Campamento Base.

Unha expedición rápida por motivos profesionais e sen tempo de aclimatarse convenientemente, como se pode notar nesta imaxe. Despois de moitos setemiles, por fin tocou o ceo dende un oitomil, o Manaslu. A oitava montaña máis alta do mundo.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Conquistado o Manaslu (8163 metros) – Roberto López

Marcha Vivac Xistra – Trevinca 16-17/09/2023 – Adiada por mal tempo.

Novamente temos que adiar esta actividade.

Outra vez os pronósticos meteorolóxico non acompañan a esta actividade.
Agardamos poder retomar esta marcha antes de que veña o inverno. E senón haberá que pensar en facela con crampóns e piolet nunha actividade de neve.

Para outra será. A montaña vai estar alí moito tempo…

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Marcha Vivac Xistra – Trevinca 16-17/09/2023 – Adiada por mal tempo.

Ponteareas25km 2023 – Nova data 26/11/2023

OPEN ANDAINAS 25 km
PONTEAREAS25km
PONTEAREAS12km

III Proba do
OPEN DE ANDAINAS DE 25KM 2023

Ponteareas25km e Ponteareas12km 2023 – Andainas solidarias

O 26 DE NOVEMBRO DE 2023 vanse celebrar unhas Andainas Solidarias pola contorna municipal co fin de recoller alimentos e fondos económicos para o Banco  de Alimentos, e outras entidades sociais no Concello de Ponteareas.

Información da ruta:

  • Andaina aberta a tódalas persoas, interesadas en facer deporte e colaborar na recollida e adquisición de alimentos, tanto a adultos e nenos maiores de 14 anos.
  • Distancias: Dúas distancias: 25 km e 12 km aproximadamente
  • Dificultades: Media-Alta (25km) e Media-Baixa (12km)
  • Os beneficios da recadación acadada serán entregados a obras benéficas.
  • Os participantes deberán aportar «víveres non perecedoiros» (aceite; leite [semi, desnatada e sen lactosa]; garavanzos e feixóns en conserva; verduras en conserva; froita en conserva; potitos variados; atún; arroz; salsa de tomate; galletas).
  • Prezos:
    • Participante nas Andainas: 13 €
    • Participante nas Andainas federado FGM/FEDME: 10 €
    • Colabora sen participar nas andainas: 6 €
    • (Nota: as inscricións e colaboracións non reciben ningún dos beneficios fiscais da Lei49/2002 e RD 1270/2003)

Nota Federados FGM/FEDME

OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR XA QUE NON TERÁN SEGURO OBRIGATORIO.

Peche de inscricións: Martes 21/11/2023 ás 23:59 horas


Outras informacións

  • Acreditacións: ás 8:15
  • Farase entrega do Dorsal a cada participante.
  • Punto de saída:
  • Hora de saída marcha 25km: 9:00 am
  • Hora de saída marcha 12km: 9:10 am
  • Punto de chegada:
  • O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas.
    • Inscríbete canto antes. Non te demores. Anímate: A túa axuda é fundamental
    • Convida a tódolos teus amigos e coñecidos!
    • COLABORA CON NÓS!!!

Importantísimo

    • Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto que se faga responsable.
    • Obrigacións recollidas no Regulamento 2023 para as probas de 25km:
    • OS PARTICIPANTES DEBERÁN LEVAR O SEU VASO PROPIO.
      Os avituallamentos líquidos serán en vaso ou a granel, polo que cada participante deberá levar unha cantimplora ou similar para poder encher nos controis.
    • Lembramos obrigas dos participantes:
      • a) Levar a licenza federativa vixente (se corresponde) acompañada do DNI que deberá estar presentada a calquera membro da organización que o solicite.
      • b) Seguir as indicacións dadas por calquera membro da organización.
      • c) Avisar en caso de incidencia ou abandono ao control ou aviso máis próximo, ou á organización por medio do teléfono indicado na tarxeta ou dorsal.
      • d) Prestar asistencia aos participantes que precisen axuda.
      • e) Respecta as propiedades, as casas de labranza e os cultivos en xeral.
      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.
      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.
      • h) Quedará prohibido comunicar información relativa á estratexia da marcha entre participantes, utilizando teléfonos móbiles, walkie-talkies ou calquera outro medio.
      • i) Deberán levar o material necesario:
        • a)- Sistema de hidratación
        • b)- Roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas
        • c)- Mochila ou equivalente
        • d)- Frontal no caso de que a proba sexa de noite ou haxa que cruzar por túneles.
        • e)- Elementos reflectores (en caso de cruzar estradas)
      • j) Ademais deste material mínimo, a entidade organizadora terá competencias para solicitar calquera outro material que, polas características da proba, sexa necesario.
      • k) O feito de que o participante se inscribe nunha proba é indicación de que coñece o seu regulamento.
    • SON ESPECIALMENTE RELEVANTES OS PUNTOS F) e G).
      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.
      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.
    • Non tendo autorización para unha proba con animais, as Autoridades, e os Seguros Deportivos e Seguros de Responsabilidade Civil da proba prohiben a súa participación.
      Pregamos a tódolos participantes cumpran con esta normativa ou serán apartados da andaina e do Open.

Máis información:

Publicado en Andainas25, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Ponteareas25km 2023 – Nova data 26/11/2023

Espeleo-barranquismo nas Covas de Valporquero

Impresionantes imaxes dos socios de Xistra este sábado 2/09/2023 nas impresionantes Covas de Valporquero.

Unhas imaxes que quitan a respiración.

 

Publicada el por HFC | Comentarios desactivados en Espeleo-barranquismo nas Covas de Valporquero

Completada a Dacia UTMB Mont-Blanc 2023 por Ángel González

O noso socio e directivo Ángel González, veciño de Ponteareas, completou en algo menos de 20 horas os 100 km arredor do Mont Blanc.

<< Cita incontestable para los corredores del mundo entero, el Dacia UTMB Mont-Blanc, final del circuito de las UTMB World Series, reúne en Chamonix a la élite del trail mundial, así como más de 10.000 corredo-res apasionados por participar en una de las 8 carreras del evento.>>

https://montblanc.utmb.world/es/discover/the-event/concept

Agora goza das impresionantes paisaxes dos Alpes… das que nos manda unhas fermosas imaxes.

Publicada el por HFC | Comentarios desactivados en Completada a Dacia UTMB Mont-Blanc 2023 por Ángel González

Comeza a expedición Xistra 2023 – Manaslu – 8.163m

O domingo 3/09/2023 o noso compañeiro Roberto López comeza a súa aventura para acadar o primeiro 8000 para a historia do noso club.

Unha ascensión ó Manaslu, no Himalaia. Un cumio con 8.163m de altitude.

Tras acadar o ano pasado, no Himalaia nepalí, dous cumios importantes (Island Peak de 6.160m e o Ama Dablam de 6.812m e gran dificultade técnica) agora pon o seu obxectivo no imponente Manaslu.

É o seu primeiro intento a un dos 14 oitomiles existentes. Exactamente ten unha altitude de 8.163 mts, sendo a 8ª montaña máis alta do planeta. Sen dúbida, un gran desafío físico, técnico e psicolóxico.

Na foto vemos a Roberto antes de tomar un dos numerosos voos que terá que coller nesta aventura. O club colabora económicamente na expedición.

Publicada el por HFC | Comentarios desactivados en Comeza a expedición Xistra 2023 – Manaslu – 8.163m