XXVII Marcha con Vivac. Courel – 14 e 15 de xuño

Ascensión ó Fontefría

Ascensión ó Fontefría – 2013

Seguindo co calendario de Actividades da FGM este ano o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia está a organizar a  XXVII Marcha Con Vivac. A mesma transcorrerá pola serra de o Courel os días 14 e 15 de xuño.

O percorrido levaranos dende Baldomir, seguindo o curso do Lor, ata Seoane. Logo subiremos a Devesa de A Rogueira e o Formigueiros, montando o vivac xa pasado o porto de Visuña.

Na xornada do domingo subiremos ao Faro, baixando logo a Horreos e Ferramulín.
Rematada a actividade nos desprazaremos ao refuxio de A Seara onde teremos un xantar de confraternidade polo prezo de 8€.
Un autobús sairá dende a praza de España de Vigo ás 7,00h do sábado podendo facer paradas en Ourense e Monforte para recoller aos compañeiros que o precisen.
O prazo para apuntarvos en Xistra comeza xa e remata o mércores 11/06/2014.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en XXVII Marcha con Vivac. Courel – 14 e 15 de xuño

Carreira de Chandrexa Trail – 22/06/2014

Aberta a inscrición para a Carreira de Chandrexa. Podedes ver máis datos en http://carrerachandrexa.blogspot.com.es/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Carreira de Chandrexa Trail – 22/06/2014

Curso de árbitros FGM para Carreiras por Montaña. 23-24-25 de maio de 2014

Begoña

Begoña durante as probas físicas.

Celebrouse o segundo curso de árbitros de carreiras por montaña da FGM. Varios socios de Xistra participaron no mesmo, co cal agardamos ter máis técnicos de arbitraxe neste eido. Agardamos ós resultados dos exames. Sorte.

Nota: a parte práctica foi no Galiñeiro, cun día frio pero de boa climatoloxía. Interesante e intenso… especialmente a subida correndo ó Gali!!

Publicado en Actividades, FGM, Varios | Comentarios desactivados en Curso de árbitros FGM para Carreiras por Montaña. 23-24-25 de maio de 2014

Parabéns Pablo. Magnífico resultado na Ultra Trail do Courel 2014

Pablo

Parabéns do Club para Pablo. Reproducimos tamén o seu comentario en facebook e o seu agradecemento ós seus apoios:

«Tódolos sacrificios feitos, as horas de adestramento e, sobre todo, á constancia, recibiron un gran premio coma este.
Finalizados os 81 quilómetros do Ultra Trail Aldeas do Courel en 10:22:15, quedando no posto 5 na clasificación xeral (pactando entrar xuntos na liña de meta co 4 clasificado por correr gran parte da carreira xuntos) e 2 na categoría senior.
Grazas a todos os que confiastes en min, os que me axudades, animádesme e moi especialmente á miña familia. Pablo Conde Estévez.»

 

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Parabéns Pablo. Magnífico resultado na Ultra Trail do Courel 2014

On Trail – Montes de Vigo – 8/06/2014

Información importante para os corredores de Xistra.
Máis datos en http://www.montesdevigo.org/eventos/1-trail-montes-de-vigo-i-edicion

Atención: O peche de inscrición é o día 3 de xunio!!!!

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en On Trail – Montes de Vigo – 8/06/2014

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN A COPA E CAMPIONATO GALEGO DE ESCALADA DE BLOQUE 2014

http://fgmontanismo.es/aberto-o-prazo-de-inscricion-a-copa-e-campionato-galego-de-escalada-de-bloque-2014/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN A COPA E CAMPIONATO GALEGO DE ESCALADA DE BLOQUE 2014

XVII Andaina de Allariz – 31/05/2014

Xa podedes inscribirvos na Andaina de Allariz na páxina http://www.allariz.com/andaina/
Lembrade que NON é unha proba da Copa Galega de Andainas, e polo tanto non puntúa nin para a Federación nin para os premios do club. Ademais non hai desconto para os federados.
De todas formas, se ides, pasádeo ben. Teñen un cupo máximo de 1000 participantes!!

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en XVII Andaina de Allariz – 31/05/2014

Bos resultados no IV Desafío Solidario San Mamede 18/05/2014

Estivel

Con un fenomenal 8ª posto da xeral, o noso compañeiro Estivel Martínez Medina rematou unha proba máis do calendario federtivo, o IV Desafío Solidario San Mamede.

O compañeiro Sobrado non puido repetir o podio do ano pasado, quedando nun meritorio 28 posto, ben é certo que arrastra algún problema e que a competición en veteranos foi moi potente.

Parabéns a ambos. Uns bos resultados.

Publicado en Actividades, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Bos resultados no IV Desafío Solidario San Mamede 18/05/2014

Proxección venres 16 – Posposta

Vídeo recomendado La’Intensity

Proxección venres 16 – Posposta

Como non imos realizar finalmente o curso de orientación e planimetría deste venres e sábado, pero temos reservada a sala, propómosvos facer unha presentación dun curto de escalada feminina en solitario, e un pase de fotografías das actividades do ano 2013-2014 de Xistra.
Os que queirades asistir poñédevos en contacto connosco!
Se vos animades suficientes, preparamos todo para as 20:00h do venres 16.
Agardámosvos
!!

ATENCIÓN!! Tampouco houbo suficientes apuntados para esta proxección. Pospoñemos tamén a proxección. Boa e calorosa fin de semana a todos!!

[mudslide:picasa,0,clube.xistra@gmail.com,5872563373405446913,400,center]

 

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Proxección venres 16 – Posposta

Aberta inscrición «50KMS POR FERROL»

14 de xuño de 2014

Xa está aberta a inscrición para a COSTA ARTABRA – 50KMS POR FERROL
O prezo para os socios de Xistra é de 10€.

Podedes ver tódolos datos na web http://costaartabra50kmsferrol.blogspot.com.es/

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Aberta inscrición «50KMS POR FERROL»