Xa comezan os concursos

MonzonDende a súa aprobación en xaneiro deste ano, os socios do noso club poderemos facer os «Concursos» deportivos. Esta figura é un clásico noutros clubs máis antigos que Xistra, e facilita a dinamización da actividade individual e colectiva do club. Os socios inscríbense nunha categoría e, dentro do prazo (xeralmente anual), realizan ascensións a cumios que cumpran coa altitude ou dificultade do seu concurso.

Neste momento xa recibimos os primeiros “Partes de Ascensións” (neste caso son os infantís os que abriron a brecha) e agardamos que o resto dos socios comecen a interesárense nesta nova opción. Ademais, co tempo, faremos unha boa base de datos coas ascensións de cada deportista, o cal facilita dous obxectivos: Por unha banda facer unha guía escrita e ampla de ascensións que serva de axuda ós montañeiros máis novos; e por outra banda levar un historial de tódolos montes que cada socio vai ascendendo.

Animámosvos a participar.

XistraParteAscension

Publicado en Actividades, Concursos | Comentarios desactivados en Xa comezan os concursos

Aberta a inscrición para colaboradores – Marcha Veteranos FEDME

Ábrese a inscrición para os “Colaboradores” (ou voluntarios) de Xistra. A partir de hoxe e durante o mes de maio agardamos os vosos correos electrónicos ou chamadas telefónicas indicando a vosa disposición para colaborar na organización da XLI Reunión e Marcha Nacional de Montañeiros Veteranos FEDME.

Lembrade que será o 13 e 14 de setembro de 2014 en Entrimo (Ourense). Precisaremos persoas colaboradoras os días 12, 13 e 14, non sendo obrigatorio axudar tódolos días.

Así precisamos algúns poucos colaboradores o venres 12, máis persoas o día 13 pola mañá, moitos máis axudantes o mesmo sábado pola tarde e, loxicamente coincidindo coa marcha do domingo, será necesaria a participación de moita máis xente o día 14 (para inscrición e controis, avituallamentos, marcaxe de ruta, equipos de seguimento e eventuais accidentes, grupo vasoira, etc.).

Para os socios que non poidan participar como voluntarios, pero que teñan claro que queren asistir coma participantes, tamén está aberta a inscrición no club dende xa.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Aberta a inscrición para colaboradores – Marcha Veteranos FEDME

CAMPAMENTO NACIONAL DE MONTAÑA FEDME

No Val de Bielsa do 24 ao 31 de agosto

O 68º Campamento Nacional de Montaña da FEDME terá lugar do 24 ao 31 de agosto no Val de Bielsa (Huesca) na zona de influencia do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, sector Pineta, co Monte Perdido e o Macizo da Munia como as montañas máis altas. Está organizado por Montañeros de Aragón Barbastro e a Federación Aragonesa de Montañismo.
Os participantes terán á súa disposición o camping Bielsa, o camping Pineta e o Refuxio de Ronatiza da Federación Aragonesa de Montañismo, así como diversos hoteis, albergues e casas rurales. Haberá servizo de Campamento Infantil, suscitado como guardería e ludoteca para nenos de 6 a 12 anos con múltiples actividades, e tamén servizo médico prestado por profesionais sanitarios e membros do club.

Máis datos aquí

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en CAMPAMENTO NACIONAL DE MONTAÑA FEDME

Bos resultados na 101 de Ponferrada

Marcha individual 101 KM
Celebrouse os días 3 e 4 de maio de 2014.
A proba consistiu nun percorrido único de 101 quilómetros, polo camiño de Santiago de Inverno, que había que realizar nun tempo inferior a 24 horas. Devandito percorrido estaba axudado por voluntarios e había puntos de avituallamiento cada, aproximadamente, 5-8 quilómetros.
A V Edición dos 101 Km Peregrinos foi cualificada con 2 puntos para a UTMB 2014.
UTMB – Ultra-Trail du Mont-Blac
Dous socios de Xistra acadaron uns meritorios postos dentro dos 200 participantes masculinos:
Posto 17 da xeral – Tempo 12:59:19 Fernandez Oitaben Julio (2º na categoría de MARCHA VETERANO B Masculino)
Posto 18 da xeral – Tempo 12:59:19 Gomez Fernandez Jesus (13º na categoría de MARCHA VETERANO A Masculino)

Parabéns a ambos.

 

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en Bos resultados na 101 de Ponferrada

V andaina pola protección da serra do Galiñeiro.

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en V andaina pola protección da serra do Galiñeiro.

CURSO DE ORIENTACIÓN E GPS – 2014

Curso Orientación con compásNovamente facemos o curso de orientación e GPS que tan boas sensacións deixou o ano pasado ós participantes.

Está dividido en 3 fins de semana; o primeiro para dominar o mapa e o compás; o segundo para traballar con mapas e GPs; e o último para xuntar a potencia e os recursos dos ordenadores e internet cos GPS co fin de «navegar» excepcionalmente polo monte.

Facede pronto as inscricións porque as prazas este ano son máis limitadas que o ano pasado.

Máis datos en https://xistra.org/cursos-de-orientacion-e-gps/

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en CURSO DE ORIENTACIÓN E GPS – 2014

Campamento e Marcha Galega de Montaña FGM 2014

QuinxoEsta fin de semana pasada (26-27/04/2014) o noso clube organizou o Campamento e Marcha Galega de Montaña da FGM. Participaron 31 federados de varios clubs de Galicia. Os socios de Xistra fomos 20.

Celebrámolo na Serra do Xurés, en concreto no monte Quinxo. A marcha normal partiu dende as proximidades do encoro de Olelas (Entrimo) e ascendeu polas fortes ladeiras oeste. Logo o percorrido pasou polo cumio sur, tamén chamado Quinxo.Camiño do río Pacín

Ademais fixemos unha segunda marcha máis suave para os cativos. Partindo do Casal ascendeu paseniñamente pola beira do río Pacín. Como sobrou tempo visitamos, xa no concello de Bande, o campamento romano de Aquis Querquenis.

 

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Campamento e Marcha Galega de Montaña FGM 2014

COMBINADO A PIRINEOS: ESQUÍ TRAVESÍA / ESCALADA

Nosa socia Begoña Landesa envíanos unha proposta para o ponte do 1 de maio:
COMBINADO A PIRINEOS: ESQUÍ TRAVESÍA / ESCALADA

Con saída o mércores 30 de abril e regreso o luns 5 de maio.
Esquí (zona a determinar – Posible Balaitus por las Neu).
Escalada en Riglos.
Interesados contactar con Begoña Landesa a través do Club

Publicado en Rincón do Socio | Comentarios desactivados en COMBINADO A PIRINEOS: ESQUÍ TRAVESÍA / ESCALADA

ABERTA INSCRICIÓNS EN VARIAS MARCHAS DE 50KM – ENTRIMO / SANTIAGO / SALCEDA

ENTRIMO
XI Camiñada da Montaña de Entrimo
O vindeiro día 26 de abril do 2014 terá lugar a XI Camiñada da Montaña de Entrimo, cun percorrido de 50 quilómetros. A duración da proba é de 12 horas (de 9.00 horas – a 21.00 horas). O seu inicio terá lugar na Alameda do Concello en Terrachán (Entrimo) ás 9.00 horas. O longo do traxecto situaranse postos de avituallamento de bébida e froita. Cara o mediodía e na mesma Alameda, os participantes da camiñada poderán reponer forzas coa comida que ofrezca a organización.
O prezo da inscrición será de 10 euros para NON FEDERADOS e de 8 euros para FEDERADOS.
Máis info

SANTIAGO
Andaina 50km 2014
O sábado, 10 de maio de 2014 arrancamos coa nova edición da ANDAINA DOS 50 KM A SANTIAGO! Vos invitamos a vivir esta experiencia con nós e a pasar unha xornada saudable!!
Este ano, como é de costume, sairemos da Praza do Obradoiro ás 9:00h e realizaremos unha  ruta circular que consta de dous bucles:
– o primeiro de 30km percorre o Pedroso, Aradas, Ponte Albar, Río Tambre, río Gatofero e río Sarela ata San Lorenzo.
– o segundo sae de San Lourenzo e segue o camiño de Fisterra ata Vidán para ir á Rocha, Montouto, Bornais, Angrois, Viso, Sar e final no pavillón do Instituto Rosalía de Castro.
a da ruta perfil

Máis info
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN DENDE O LUNS 7 DE ABRIL !!

SALCEDA DE CASELAS
VII Andaina Concello Salceda de Caselas
Copa Galicia de 50 km (2014)
Roteiro circular de 50 km
Data: 24 de maio de 2014
Límite participantes: 250     
Peche da inscrición: Venres 17 de maio ás 20:00
Máis info

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en ABERTA INSCRICIÓNS EN VARIAS MARCHAS DE 50KM – ENTRIMO / SANTIAGO / SALCEDA

XI ANDAINATUDENSE SOLIDARIA 2014

Dende o Club Andatui envíannos esta actividade:

www.andatui.es/xi-edicion-da-andainatudense-solidaria

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en XI ANDAINATUDENSE SOLIDARIA 2014