Dende a súa aprobación en xaneiro deste ano, os socios do noso club poderemos facer os «Concursos» deportivos. Esta figura é un clásico noutros clubs máis antigos que Xistra, e facilita a dinamización da actividade individual e colectiva do club. Os socios inscríbense nunha categoría e, dentro do prazo (xeralmente anual), realizan ascensións a cumios que cumpran coa altitude ou dificultade do seu concurso.
Neste momento xa recibimos os primeiros “Partes de Ascensións” (neste caso son os infantís os que abriron a brecha) e agardamos que o resto dos socios comecen a interesárense nesta nova opción. Ademais, co tempo, faremos unha boa base de datos coas ascensións de cada deportista, o cal facilita dous obxectivos: Por unha banda facer unha guía escrita e ampla de ascensións que serva de axuda ós montañeiros máis novos; e por outra banda levar un historial de tódolos montes que cada socio vai ascendendo.
Animámosvos a participar.
Ábrese a inscrición para os “Colaboradores” (ou voluntarios) de Xistra. A partir de hoxe e durante o mes de maio agardamos os vosos correos electrónicos ou chamadas telefónicas indicando a vosa disposición para colaborar na organización da XLI Reunión e Marcha Nacional de Montañeiros Veteranos FEDME.
No Val de Bielsa do 24 ao 31 de agosto
Marcha individual 101 KM
Novamente facemos o curso de orientación e GPS que tan boas sensacións deixou o ano pasado ós participantes.
Esta fin de semana pasada (26-27/04/2014) o noso clube organizou o Campamento e Marcha Galega de Montaña da FGM. Participaron 31 federados de varios clubs de Galicia. Os socios de Xistra fomos 20.








