Tes fotos da Andaina Fragoselo25?
Envíanolas a fotos@xistra.org!!!
Tes fotos da Andaina Fragoselo25?
Envíanolas a fotos@xistra.org!!!
Estimados amigos do clube de montaña Xistra:
Querémonos presentar os International Trekkers Barbanza Sar. Somos un grupo de xente de Boiro, Rianxo, A Pobra, Lousame, Padrón, Rois e Dodro que ten xa bastante experiencia en andainas por toda Galicia.
O ano pasado organizamos para nós unha andaina de 100km en 24 horas polo Barbanza (fixémola en 20 horas), e tanto nos gustou que nos plantexamos organizar unha en Galicia para que todo o mundo.
Organizamos esta proba (sen retencións) que este ano sairá de Boiro o día 21 de xuño. Se queredes máis información da proba podedes acudir á páxina http://itrekkers.org/ ou á páxina do facebook, http://facebook.com/itrekkers.
Quedamos á vosa disposición. Moitas grazas,
Os ITBS.
O día 12/04/2014 terán lugar a Comisión Delegada e a Asemblea Xeral da FGM.
Trala finalización pola tardiña celebrarase, como ven sendo habitual, a festa do montañismo no Hotel Coia de Vigo.
Será o momento da entrega dos trofeos ós participantes das andainas de 50km que acadaron 4 ou máis probas durante o 2013.
Tes fotos da Andaina Vigo25?
Envíanolas a fotos@xistra.org!!!
Xa tendes as clasificacións da primeira proba do Open de Andainas 25km. Parabéns para os mellores clasificados. Máis datos en https://xistra.org/copaandainas25/
O «Open de Andainas de 25km» de Xistra está acadando máis repercusión do agardado. Varios medios de prensa se teñen posto en contacto con nós e, aquí vos deixamos a nova de Faro de Vigo do día 11 de marzo de 2014. Tamén no dia 14 a Radio Galega difundirá unha entrevista sobre estes eventos.
Onte recibimos a comunicación dende a FGM na que cancela a actividade de raquetas FGM 2014, prevista (despois de modificar o calendario) para o día 16/04/2014. Lamentamos que os socios de Xistra interesados nesta actividade non puidesen participar neste evento que tiña que organizar o Club Montañeiros Celtas. Outra vez será.
Publicados as clasificacións da proba de Fragoselo e os provisionais do Open 2014.
Os interesados nas de Tui e Baiona tamén teñen aberto o prazo de inscrición.
Os amantes do montañismo gozarán desta intensa ascensión ata o cume do Djebel Toubkal. Un fermoso percorrido tendo como marco as impoñentes montañas do Alto Atlas. Pasaremos por pobos bérberes e gozaremos das belas paisaxes que ofrece esta rexión de Marrocos…
Máis info na web da FGM: fgmontanismo.es/campamento-de-alta-montana-fgm-en-marrocos
ATENCIÓN!! Para a andaina de Vigo, amplíase o prazo sen recarga por inscribirse nesta proba. A data límite para apuntarse é o día 9 de marzo. APROVEITÁDEO!!!
Non esquezades apuntarvos!