Actividade invernal en Manzaneda

infantilAlí irémonos o día 26 de xaneiro, onde os máis novos gozarán dunha xornada totalmente lúdica, deslizándose pola neve e, como non, facendo o tradicional boneco de neve.

Os non tan novos, que prefiran realizar unha activraqidade un pouco máis seria, terán a posibilidade de realizar unha «raquetada» sinxela pola zona. Neste caso, se non se dispón do material axeitado, poderán solicitalo prestado ao club con tempo abondo, xa que hai unidades limitadas.

A actividade farase no mesmo día, intentando chegar á estación invernal sobre as 11 da mañá e onde pasaremos o día. Cada un levará o seu avituallamento, sendo recomendable levar algún termo con bebida quente. Como os días son curtos, o retorno farémolo cedo. Non esquecer roupa e calzado de reposto.

Os interesados en participar nesta actividade, enviade un correo ao Club, indicando o número de participantes e a que actividade vos apuntades, se á infantil ou á sénior. Se necesitades raquetas de neve, cubride esta ficha e enviala canto antes para non quedar sen elas.

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en Actividade invernal en Manzaneda

Asembleas Ordinara e Extraordinara de Xistra

XISTRA
CONVOCATORIA ASEMBLEAS XERAIS 2014

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Pola presente comunicamos a convocatoria para a Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2013
3. Resumo de actividades 2013, proxecto 2014.
4. Axudas a deportistas.
5. Rogos e preguntas.
Coincidindo coa Asemblea faranse entrega dos premios/axudas ós socios xa federados neste 2014. Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2014.
ATENCIÓN: O lugar da reunión será o local A do Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17, 36209 de Vigo.
O día será o venres 24 de xaneiro de 2014, en única convocatoria, ás 20:00 horas.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Pola presente comunicamos tamén a convocatoria para a Asemblea Xeral Extraordinaria, co seguinte orde do día:
1. Modificación dos Estatutos do Club
O motivo da modificación dos Estatutos é por imperativo legal, e o obxectivo é a súa adecuación ós requisitos da Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia.
O lugar da asemblea será o local A do Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17, 36209 de Vigo.
O día será o venres 24 de xaneiro de 2014, ás 21:00 horas en primeira convocatoria e ás 21:30 horas en segunda convocatoria.
Nun correo electrónico os socios recibistes o texto modificado pendente da súa aprobación.

Sen outro particular, recibide un atento saúdo
Henrique Freixeiro
Presidente

Publicado en Actividades, Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Asembleas Ordinara e Extraordinara de Xistra

Aberto o prazo de inscrición nos 100 km dos International Trekkers

Dende o 15 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para os 100km en 24 horas “Os 100 dos International Trekkers”, a primeira camiñata de 100 km de Galicia. O custe son 40€ para as inscricións feitas ata o 28 de febreiro. A partir do 1 de marzo o custe é de 50€.

O sistema de pagamento é a través da pasarela segura PayPal, co que se pode pagar cunha tarxeta de creto con total seguridade. O enlace para a inscrición é http://itrekkers.org/apuntarse-os-100-dos-international-trekkers-do-2014/

QUE SON?

Os 100 dos International Trekkers é a primeira camiñata de 100km en Galicia. O itinerario percorre 6 concellos do Barbanza, saíndo de Boiro e pasando por Rianxo, Lousame, Son, Ribeira e A Pobra do Caramiñal, para regresar a Boiro. O itinerario está especialmente deseñado para poder disfrutar dunhas vistas espectaculares (miradoiros de Castro Barbudo, balconada de Iroite, miradoiro da Curota), camiñar ás beiras de ríos (río Grande, río Te, río Beluso), percorrer praias (Cabío, Barraña), andar a carón de cabalos e vacas salvaxes nos altos da Barbanza, e ir por zonas de valor cultural (castros, petróglifos, mámoas, o hórreo máis grande de Galicia, ou ata 58 cruceiros e petos de ánimas no percorrido).

Na proba piloto que fixemos en xuño de 2013 gustounos especialmente percorrer de noite os chans do Barbanza, vendo iluminadas as rías de Noia e de Arousa, combinar praia e monte e sobre todo a inmensa satisfacción de chegar.

A proba está deseñada para que un andarín que faga sen problemas unha andaina de 50km poida completala. Fará falta algo de preparación, pero é un reto asumible. Non hai grandes desniveles (subida acumulada de 2.155 metros), e a partir do km. 55 case todo é baixada. É a proba ideal para que intentes na tua vida poder andar 100km en menos de 24 hora: ben sinalizada, pouco asfalto, e unha moi boa organización. Se tes dúbidas de se podes ou queres preguntar sobre a nosa experiencia, contáctanos neste correo.

Non vai haber restriccións de tempo, polo que se pode facer correndo, andando, trotando ou á pata coxa. Sempre que se faga antes de 24 horas.

CANDO É?

A saída está prevista para as 4 da tarde do 21 de xuño na praza do Concello de Boiro.

Atréveste? Fai dos 100 dos International Trekkers o teu reto para o 2014!!

O equipo dos ITBS

 

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en Aberto o prazo de inscrición nos 100 km dos International Trekkers

Calendario de actividades para o 2014

Xa está o calendario preliminar de 2014 da Federación subido á internet. Vós podedes velo xunto coas actividades do club (que imos subir) na nosa lapela de Calendario.
É un calendario surtido, pero imos ver de melloralo.
Contamos con todos vós.
Saúdos e Felices Festas.

Publicado en Actividades, Cursos, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Calendario de actividades para o 2014

SUBIDA AO CASTRO

O noso socio Antonio Sobrado participou esta fin de semana pasada na «Subida ao Castro» obtendo un meritorio 29 posto na xeral masculina, entrando a 1 min e 48 seg. do primeiro. Pero o máis importante é que na súa categoría conseguiu podio, chegando de terceiro en veteranos C. Parabens polo seu esforzo.
15/12/2013.

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en SUBIDA AO CASTRO

Actividade Nadal 2013

O día 22 de decembro, se as condicións meteorolóxicas o permiten, subiremos dende Fonte da Cova ata Pena Trevinca a levar un Belén montañés.

É necesario levar equipamento de montañismo invernal. Como hai que comezar a ruta cedo, temos previsto pasar a noite do sábado nun albergue no Barco de Valdeorras, por 8€/persoa (inclúe roupa de cama, cociña, duchas quentes, calefacción).

Os interesados nesta actividade, que se poñan en contacto con Pilar antes do mércores día 18, pra facer a reserva no albergue.

belen

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Actividade Nadal 2013

AVANCE DO CALENDARIO DE FORMACIÓN DA EGAM DO ANO 2014

Dada a proximidade do mes de xaneiro do 2014, dende a FGM adiantan as actividades de formación da EGAM para dito mes. Máis adiante, porán o calendario de actividades de formación de todo o ano. Tendes o avance aquí.

Recordamos a todos os interesados nesas actividades que deberán ter a tarxeta federativa do ano 2014. Poderase pedir a través do club a partires do día 18 de decembro á FGM, pero non estará activada ata o 1 de xaneiro do 2014. Tamén é necesario cubrir a ficha de inscrición para participar nos cursos.

Os contidos e programas pódense consultar aquí.  Non están previstos cambios de profundidade.

 

Publicado en Cursos, FGM | Comentarios desactivados en AVANCE DO CALENDARIO DE FORMACIÓN DA EGAM DO ANO 2014

OPEN de GALICIA de CARREIRAS VERTICAIS – FGM

Case sen avisar, sorprendéronnos unhas novas carreiras por montaña que non estaban no calendario federativo. Pero como son abertas, supoñemos que a organización contará con poder conseguir asistencia dabondo.
Algúns dos nosos socios xa están apuntados e agardamos que obteñan os mellores resultados. Podedes ver máis datos sobre estas carreiras en http://www.ribeirasacracm.org/base/galego/ICarreiraVertical.php

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en OPEN de GALICIA de CARREIRAS VERTICAIS – FGM

Magosto de Xistra – Aprazado

IMPORTANTE: APRAZADO

A falta de suficientes inscritos e a presenza dos catarros destes días leváronse a actividade por diante. Intentaremos informarvos da nova convocatoria desta actividade.

Abaixo tendes a noticia primitiva:

«Estamos a preparar unha saída especial para esta fin de semana próxima. O sábado 16/11/2013 queremos facer unha saída a partir do medio día dende o Parque Forestal de Zamáns. Faremos unha pequena marcha e regresaremos para comer no parque. Logo prepararemos un magosto para media tarde, cedo porque sobre as 18h comeza a anoitecer.

Os que estean interesados, por favor chamade para inscribirvos. Rógase que cada un leve algo de comer, beber e algunhas castañas.

Agardamos que o día estea despexado. Chamade en canto saibades que vindes.»

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Magosto de Xistra – Aprazado

Blog dun andarín: Gonzalo Novoa

O noso socio Gonzalo Novoa Rodríguez ven de abrir un blog sobre as súas andainas e probas, e invitanos a participar das súas experiencias.

«»Mis primeros 50.
Aunque en el año 2009, me había enterado en la prensa de la Andaina Bisbarra do Sar, y me había inscrito, dorsal 288, por motivos laborales, no pude asistir. Fue por entonces cómo descubrí el calendario de Andainas por Galicia, y poco a poco me fui metiendo en este maravilloso mundo.  (…)»»

Así comeza o blog, que vai mostrando o seu avance nas andainas e nas probas de fondo, para chegar a maratóns e retos persoais de grande dureza.

Invítanos a tódolos socios a visitar a súa páxina en: http://gonzalonovoarodriguez.wordpress.com/

Grazas Gonzalo por compartir os teus retos.

Publicado en Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Blog dun andarín: Gonzalo Novoa