Inscricións nas Andainas de 25km

ATENCIÓN!! Para a andaina de Vigo, amplíase o prazo sen recarga por inscribirse nesta proba. A data límite para apuntarse é o día 9 de marzo. APROVEITÁDEO!!!
Non esquezades apuntarvos!

25kmVigo

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Inscricións nas Andainas de 25km

Novas Esquí de Xistra

raqA  nosa compañeira Begoña, proponos as seguintes actividades.

1.- Alta Ruta Pyrene de esquí de travesía. 1 y 2 marzo.
http://cdnavarra.com/alta-ruta-pyrene-2014/

2.- Viaxe a Andorra, Valdnord, do día 22 a 29 marzo.

Si alguén está interesado, que  contacte co clube.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Novas Esquí de Xistra

El Clube Xistra organiza marchas de media distancia – Faro de Vigo

 

 

O Clube de Montaña Xistra recoméndavos que leades a seguinte noticia de
FARODEVIGO:
«El Clube Xistra organiza marchas de media distancia»
Enlace a Faro de Vigo

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en El Clube Xistra organiza marchas de media distancia – Faro de Vigo

Ábrese a inscrición para o I Open de Andainas de 25km

CartelAndainas2014Esta semana ábrese a inscrición para o 1º Open de Andainas de 25km – Copa de Andainas Populares de Regularidade.

É un proxecto baseado nas xa coñecidas andainas de 50km, pero coa novidade de ser máis curta (para facilitar a participación de máis xente) e cun compoñente de control da regularidade no xeito de andar. Non pretende valorar a velocidade senón a regularidade durante toda a proba.
Podedes ver máis información na lapela ANDAINAS 25KM

Publicado en Actividades | Comentarios desactivados en Ábrese a inscrición para o I Open de Andainas de 25km

Hard Trail Monte da Padela

A Padela Natural organizará, no próximo dia 9 de março, o Hard Trail Monte da Padela. Será um evento com distâncias para todos os níveis e gostos:
– Hard Trail de 60km, terceira prova do Circuito Nacional de Ultra Trail da ATRP que dá 2 pontos de qualificação para o Mont Blanc;
– Trail de 30km;
– Uma distância mais acessível, o Mini Trail de 15km!Informações em:
https://lap2go.com/pt/Event/hard-trail-padela-2014/

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Hard Trail Monte da Padela

Anuncio novos cursos de Orientación e GPS

Curso Orientación con compásEste ano imos retrasar un pouco estes cursos de orientación e GPS. Pasan a ser nos meses de maio e xuño, polo que teredes tempo para inscribirvos.

As prazas son limitadas a 10 persoas, e o prazo de inscrición rematará 15 días antes do inicio do curso.

Haberá desconto por inscribirse a varios cursos. En total son 3 relacionados coa seguridade na montaña mediante os coñecementos de orientación esenciais: curso de planimetría e compás, curso de GPS e mapas, curso de GPS con conexión ó ordenador e internet.
Tendes tódolos datos nestes enlaces:
CARTEL
CURSO 1 – ORIENTACIÓN EN MONTAÑA
CURSO 2 – INICIACIÓN ORIENTACIÓN CON GPS NIVEL I
CURSO 3 – INICIACIÓN ORIENTACIÓN CON GPS NIVEL II – Conexión PC

Publicado en Cursos | Comentarios desactivados en Anuncio novos cursos de Orientación e GPS

Nunca Jamás

O noso socio Estivel ofrécelle ós membros de Xistra un importante desconto en organización de festas de grupo. Podedes ver a súa oferta aquí.

nuncajamas

 

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Nunca Jamás

Actas das Asembleas Ordinaria e Extraordinaria Xistra.

Podedes descargar copia das actas das asembleas do club celebradas o día 24/01/2014.

20140130 ACTA ASEMBLEAS XISTRA

Tamén podedes ver os novos estatutos do club. Estamos iniciando o proceso de legalización dos mesmos.

Novos Estatutos Xistra

Publicado en Rincón do Socio, Varios | Comentarios desactivados en Actas das Asembleas Ordinaria e Extraordinaria Xistra.

Actividade invernal en Manzaneda

Por falta de neve suficiente, decídese aprazar a actividade ata novo aviso.

Publicado en Actividades, Varios | Comentarios desactivados en Actividade invernal en Manzaneda

Asembleas Ordinaria e Extraordinaria.

Lembrade que mañá 24/01/2014 teremos ámbalas dúas asembleas no Edificio das Federacións Deportivas (Casa do Deporte) en Vigo, segundo a convocatoria que xa recibistes os socios.
Para poder votar hai que ter pagada a cota do club e a licenza de 2014.Agardamos a máxima participación.
Unha vez finalizadas as asembleas haberá a tradicional invitación a uns viños (ou refrescos).

Ver mapa aquí.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Asembleas Ordinaria e Extraordinaria.