
Antonte, entre a humidade pero sen choiva, discorreron as dúas marchas da castaña: a dos adultos e a dos nenos. Os socios de Xistra dividímonos en dous grupos e asistimos a ambas. Divertida, dura, fermosa e outros epítetos puidemos escoitar, ademais das risas e xogos dos máis pequenos. En definitiva, unha xornada interesante e no que as castañas foron a escusa mellor para pasar un bo día no monte.
Estabamos apuntados 17 e acudimos 14 (entre nenos e adultos). Grazas ó Clube de Montaña Ribeira Sacra pola súa organización e o seu traballo.
Primicia!!
Os nosos compañeiros do Clube de Montaña Ribeira Sacra de Parada de Sil organizan unha andaina con magosto para o próximo 9/11/2013. Hai percorridos para os inquedos infantís e xuvenís e outro para aguerridos adultos.
O noso socio Estivel, corredor por montaña ademais doutras boas cousas, ven de acadar unha vantaxe interesante para os socios de Xistra.

Xistra ven de acadar o límite psicolóxico dos 100 federados. A campaña desenvolvida para fomentar a nova inscrición de federados («Eu estou federado. E ti?») e comezada hai 2 anos ven de chegar a unha cota que non agardabamos acadar tan pronto: pasar de 39 licenzas no ano 2011, a 60 no 2012 e a máis de 100 neste 2013.








