Actividade Familiar de Montaña Xistra Agosto (15-18/08/2013)

Xa temos uns 19 asistentes apalabrados para a fin de semana do 15 ata o 18 de agosto. Estamos pendentes de poder actualizar a lista de asistentes. Cremos que a actividade ben merece a pena. Apuntádevos canto antes. Neste artigo actualizamos a información sobre a planificación destas xornadas.

Planificación da actividade de agosto 2013 para familias en Torrebarrio (León).

Xiblu

Os interesados podedes ver o pdf que explica as actividades para cada día.
Visitaremos a Cova de Valporquero, a fervenza do Xiblu, os Lagos de Saliencia e faremos actividades para os nenos.

Se algúns queren podemos preparar unha ascensión máis dura para os maiores, como a subida a Peña Ubiña ou os Fontanes.

Tamén levaremos unhas cordas e cintas para que os nenos, e os non tan nenos, aprendan a facer nós e unir cordas con seguridade.

Agardamos que vos animedes a participar.

20130701 Circular Xistra Actividade Agosto-2013

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Actividade Familiar de Montaña Xistra Agosto (15-18/08/2013)

Aberta inscrición na Andaina de Ribeira 2013

A XI Andaina Popular “Concello de Riveira”, de novo volve a modificar o percorrido habitual dos anos precedentes, buscando novos alicientes que consigan o disfrute dos participantes nesta proba. Nesta edición as novedades principales, son o lugar de salida (Complexo de A Fieiteira), acadándose a máxima altura da ruta nos primeiros 20 km. Por primeira vez nos 11 anos de existencia, non se subirá o emblemático Monte Tahume, pero a cambio acadarase a máxima altura de sempre: os máis de 600 metros do Monte Forcados, coa conseguinte vertixinosa baixada do km. 17 ó 18.

A ruta misturará estes terrenos montañeiros, con novas rutas fluviales, nova subida ó Monte da Cidá, e retomaremos o sendeiro costeiro de Couso. En fin, traballando arreo para que cada ano os participantes se atopen unha andaina nova.

INSCRICIÓN

Prezo dende o 1 de Agosto ata o 3 de Setembro:
15 €uros (con camiseta de recordo)
10 €uros (sin camiseta)

A partir do 3 de Setembro, haberá un prezo único de 25 euros, sen dereito á camiseta de recordo.
www.riveira.es

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Aberta inscrición na Andaina de Ribeira 2013

Reportaxe sobre o Descenso de Barrancos 2013

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Reportaxe sobre o Descenso de Barrancos 2013

Descenso de Barrancos no río Mao

Este sábado fixemos o descenso de barrancos no río Mao. Asistiron 6 dos nosos socios, gozando deste día na auga.
Logo do descenso, a organización preparou unha merenda-cea de confraternización.
Xa tendes as fotos na web (no enlace da dereita) e poremos vídeos en canto poidamos para que todos gocedes da aventura.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Descenso de Barrancos no río Mao

Relación de Centros Médicos Concertados para a Licenza FGM

Salvo erro ou omisión, os centros concertados para os accidentes deportivos de montaña para a nosa licenza son os que tendes no enlace do lateral dereito da nosa web (xunto á licenza deportiva).
Lembrade que antes de ir debedes chamar ó teléfono de Zurich. Agardemos que non teñades que usar este servizo. Sorte e moita montaña!!

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Relación de Centros Médicos Concertados para a Licenza FGM

Andaina de Ribeira 50km

Estimados socios, rogámosvos un pouco de atención:
Pese ás informacións recibidas en días anteriores, vimos de confirmar que a día de hoxe (11/07/2013) aínda non está aberta a inscrición para a marcha de 50km de Ribeira.

Na web do Concello de Ribeira aparecen os datos da andaina de 2011, polo que non debedes inscribirvos aínda. Estamos en contacto co Concello e cando confirmen a apertura de inscricións, procederemos a dárvolo aviso. Os que xa fixeran a inscrición debedes comunicármolo ó club canto antes. Grazas a todos vós pola colaboración.

Publicado en FGM, Varios | Comentarios desactivados en Andaina de Ribeira 50km

Expedición Pico Lenin, 7.134 m. Kirguistán.

O noso socio Roberto López infórmanos sobre a súa próxima expedición:

<<Mañán venres marchamos a Kirguistán para intentar ascender o Pico Lenin, de 7134 mts.
Como moitos me preguntastes como saber de nos ou ter noticias nosas, durante esta expedición poderedes saber de nos no blog www.desafioinutil.com , onde procurarei, na medida do posible, informar sobre o avance da expedición.
Nesta viaxe tamén vou probar un «tracker» que nos permitirá obter información vía satélite e poder informar na web citada do avance da expedición en tempo real e sobre a propia montaña.>>
Pico Lenin

Dende o club desexámoslle a mellor das sortes.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Expedición Pico Lenin, 7.134 m. Kirguistán.

Exito no Curso de Iniciación ó Descenso de Barrancos.

Coa participación de 8 neófitos e de 2 monitores, pasamos unha tarde de xoves magnífica pola climatoloxía e polo bo ambiente no que se desenvolveu esta toma de contacto co mundo dos barrancos.

Tódolos participantes fixeron varias prácticas de rappel e coñeceron o material básico desta modalidade divertida e acuática da montaña.

Podedes ver fotos en Picasa: fai clic aquí.

Publicado en Actividades, Cursos | Comentarios desactivados en Exito no Curso de Iniciación ó Descenso de Barrancos.

Xornada de Iniciación ó Barranquismo

Dada a cantidade de participantes xa non temos máis prazas dispoñibles.
A actividade será o xoves 4 pola tarde (aprox. ás 5 da tarde) en Domaio.
Asistiremos como organizadores Andrés e Henrique.
A actividade do venres 5 queda aprazada, xa que ningún dos organizadores poden ter esa tarde dispoñible por diversos motivos persoais.
De todas formas os participantes recibiron información por correo electrónico con antelación.

Publicado en Actividades, Cursos | Comentarios desactivados en Xornada de Iniciación ó Barranquismo

AXUDAS para socios de Xistra para ó Campamento FEDME en agosto 2013

Dado o elevado prezo da inscrición deste ano no Campamento FEDME, temos pensado adicar unha cantidade extraordinaria do presuposto para axudar ós asistentes ó Campamento FEDME de finais de agosto.

Podedes ver máis información do campamento FEDME pinchando aquí

Estamos pendentes de saber canto vai dar a Federación Galega de Montañismo para axuda ós deportistas federados galegos que acudan a esta actividade estatal.

Polo tanto, e mentres non saibamos que cantidade van ofertar dende a FGM, o Clube de Montaña Xistra infórmavos que nós adiantaremos unha cantidade de entre 30 e 40€ para os maiores de 14 anos que fagan a inscrición neste campamento. A axuda definitiva dependerá da cantidade de participantes de Xistra que asistan e das axudas que oferte a Federación.
Para os menores de 14 anos (que non están obrigados a pagar inscrición) a axuda do club será de 10€/neno.
Lembrade que estas actividades federativas FEDME outorgan 2 puntos a cada participante dentro do baremo do club. Só é preciso asistir e inscribirse un día para conseguir os dous puntos (e non é preciso estar toda a semana).

Por outra banda, a socia Pilar del Moral está preparando unhas xornadas no refuxio de Torrebarrio (León) para os días 15-16-17-18 de agosto (todos eles festivos en Vigo).
Cremos que vai ser un encontro interesante e económico, xa que a durmida no refuxio ten un custe de 3€/persoa/día.
Faranse marchas de dificultade media/baixa para que poidan asistir os nenos.
Os que teñan interese en facer actividades máis duras, teñen o Peña Ubiña na porta do refuxio.
En canto teñamos máis datos pasaremos unha información completa.

Por último, os que estean interesados en facer unha aprendizaxe de descenso de barrancos, debedes saber que procuraremos facela unha tarde da próxima semana (entre o mércorese o venres). Debedes facer a inscrición mediante o formulario da web de Xistra ou chamando ó club.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en AXUDAS para socios de Xistra para ó Campamento FEDME en agosto 2013