Curso de descenso de barrancos – Apertura de inscrición.

Abrimos a inscrición para o curso de descenso de barrancos «iniciación» e xa temos xente apuntada.

Nuns días publicaremos a/s data/s e as horas. De todas formas podedes facer a inscrición no lateral dereito ou en https://xistra.org/inscricion-a-curso-de-barrancos/

Publicado en Cursos | Comentarios desactivados en Curso de descenso de barrancos – Apertura de inscrición.

Campamento FGM para rapaces – Xullo 2013 –

Practicas infantisVimos de recibir a información do campamento de verán que organiza a Federación Galega de Montañismo para este mes de xullo.

O prezo subvencionado é de 130€ e inclúe desprazamento, comidas, durmidas e curso de técnicas de montañismo.

Tendes que ler con atención o ficheiro pdf adxunto, en especial os requisitos e o tipo de licenza mínima que solicitan dende a Federación.
Se tendes dúbidas, por favor chamade canto antes.
Lembrade que por ser unha actividade federativa, os nenos que participen tamén terán puntos no baremo de final de ano. Lembrade que máis de 3 puntos significan axudas económicas.
Sabemos que é un pouco precipitado, e que moitos xa teredes reservados campamentos urbanos ou similares, pero cremos que pode ser moi interesante e que axudará á socialización e madurez dos rapaces.

2013VeranXovesFGM

Publicado en Actividades, Cursos, FGM | Comentarios desactivados en Campamento FGM para rapaces – Xullo 2013 –

Próximas actividades Xistra e FGM

Para os nenos e rapaces está a 2ª PROBA DA COPA GALEGA DE ESCALADA BASE
sábado, 22 de xuño de 2013
A CORUÑA
Organizan FGM-SOCIEDAD DE MONTAÑA ARTABROS
Rogamos que os que xa competiron, e obtiveron clasificación na anterior proba de Vigo, intenten asistir.
A Federación porá un autobús a prezo subvencionado de 5€/praza. Sairá o sábado ás 8:45h do quiosco da Praza de España. A competición comezará sobre as 10:30h na Coruña. O fin da competición previsto será sobre as 14:00h. Hai que levar para comer. Haberá un tempo libre pola tarde e o retorno a Vigo será con chegada as 19:00h á Praza de España. Poden ir adultos acompañando ós nenos.

Pablo chegando á meta.

Pablo chegando á meta.

Para os corredores por montaña temos:
CAMPIONATO GALEGO INDIVIDUAL DE CARREIRAS POR MONTAÑA
domingo, 23 de xuño de 2013
III CHANDREXA TRAIL-CHANDREXA DE QUEIXA-FGM-RUNNING SPORT TRAIL-CLUB ALPINO OURENSAN
Lembrade que os corredores tendes unha camiseta especial para as carreiras.
Tamén as mulleres que corran representando a Xistra e rematen a proba terán, ademais da camiseta, unha axuda de 10€.

Por favor, contactade co club para informar de se queredes participar.
CIMG1619
Por outra banda, sabendo que o Campamento FEDME de agosto ten un prezo un pouco elevado, estamos pendentes de se a Federación vai dar algunha axuda ou subvención para acudir. Esta actividade está interesante porque ademais de pasalo ben, ten o valor engadido de ser 2 puntos de baremo para cada participante.

De todas formas estamos valorando a realización dunha actividade infantil estival no Refuxio de Torrebarrio (León) que sairía moito mellor de prezo. Esta actividade será interna do club e non entra no baremo federativo (falando claro, que non da puntos!!)

Tamén temos que facer pronto o CURSO DE BARRANCOS só para socios: As datas teñen que ser pronto (nestas 3 semanas próximas) polo que rogamos que os interesados vos poñades contacto co club canto antes. O prezo sería gratuíto.

Non deixedes pasar estas oportunidades: abrimos as listaxes dende este momento.

Como sempre hai xente nova, debedes saber que os puntos son premios económicos a fin de ano. O que máis participe leva máis cartos. Como mínimo para entrar no reparto de premios é conseguir 3 puntos (moi fácil).

Publicado en Actividades, Cursos, FGM | Comentarios desactivados en Próximas actividades Xistra e FGM

Éxito da Marcha de Vivac FGM – Xistra

Ascensión ó Fontefría

Ascensión ó Fontefría

A XXVI Marcha de Vivac da FGM celebrouse esta fin de semana pola Serra do Xurés. Se a participación foi un pouco escasa, isto non desmereceu a actividade. Organizada e levada en horario, permitiu a realización de forma tranquila, o que facilitou que tódolos participantes gozaran das fermosas e graníticas vistas desta serra.

A auga foi máis escasa do que estaba previsto, pero en ningún momento fixo perigar a actividade. O vivac foi realizado baixo o Nevosa. A noite foi tranquila e alumeada polas estrelas e a Vía Láctea.

Trepada no tramo final do Fontefría.

Trepada no tramo final do Fontefría.

No final da marcha en San Paio (Lobios), despois de refrescarse no bar da aldea, uns participantes gozaron das duchas do Refuxio federativo de Albite e outros das pozas do río Caldo. Realizouse a clausura da actividade no restaurante A Entrimeña, entregando uns agasallos conmemorativos e funcionais.

Participaron 3 socios de Celtas, 4 de Fontiñas, 1 de Budiño Trail, 6 de Trevinca M.G. e 9 de Xistra.

Marcha de Vivac 2013

Marcha de Vivac 2013

Podedes ver vídeos da subida neste enlace: aquí

 

 

 

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en Éxito da Marcha de Vivac FGM – Xistra

unha idea xenial!

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en unha idea xenial!

Marcha con Vivac FGM 2013 – últimos días

Xa estamos nos últimos días para a inscrición na Marcha Galega de Vivac.
Recomendamos a tódolos socios e outros federados que procedan a inscribirse canto antes. Sería lamentable que por inscribirse no último momento, algúns participantes poidan quedar sen agasallo. Precisamos destes datos para facer unha boa previsión e organización. Grazas ós que xa estades apuntados. Lembrade que a inscrición faise a través da nosa web, no enlace da dereita -> https://xistra.org/inscricion_xxvi_marcha_galega_vivac/

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Marcha con Vivac FGM 2013 – últimos días

1ª Proba da II Copa Galega de Escalada Base – (8/06/2013)

Podio Xistra

Podio Xistra

Esta fin de semana foi celebrada a primeira proba da Copa Galega de Escalada Base (infantil) coa participación de 10 socios federados de Xistra.

Practicando escalada

Practicando escalada

Felipe de Frutos acadou o segundo posto na súa categoría, e luciu a nosa camiseta durante a entrega de trofeos.

O resto dos socios infantís participaron de distinta maneira: uns en competición regulada e outros, os máis, tomando contacto co rocódromo. Finalmente todos levaron un agasallo pola súa presenza.

 

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en 1ª Proba da II Copa Galega de Escalada Base – (8/06/2013)

50 QUILOMETROS A PE FERROL – TEIXIDO // Copa Galega de Grandes Marchas MONTAÑA FERROL (sabado 8 xuño 2013)

Esta fin de semana celebrouse a última marcha de 50 km antes do descanso do verán. Logo, en setembro, temos a marcha de Ribeira.
Mal tempo e cambios de trazado, pero como ven sendo habitual con presenza dos nosos socios. Probablemente foi a derradeira marcha a Teixido dende Ferrol, porque o próximo ano queren facela circular saíndo dende a Malata. Parabéns a tódolos que fixestes a camiñada.

Publicado en Actividades, FGM | Comentarios desactivados en 50 QUILOMETROS A PE FERROL – TEIXIDO // Copa Galega de Grandes Marchas MONTAÑA FERROL (sabado 8 xuño 2013)

VI Andaina Salceda de Caselas Copa Galicia de 50 km (01/06/2013) – Un éxito de organización e de participación.

Algúns dos socios de Xistra antes da saída.

Algúns dos socios de Xistra antes da saída.

Esta fin de semana pasada tivo lugar a Andaina de Salceda. O noso socio e amigo Manolo (Andarín) traballou arreo para que todo saíse, como xa ven sendo habitual, moi ben.
Unha asistencia importante, boa presenza de socios de Xistra, e un tempo excepcional foron as nosas mellores impresións.

Subindo a Faro Budiño - 50km Salceda.

Subindo a Faro Budiño – 50km Salceda.

Lamentablemente media decena de socios de Xistra inscritos, finalmente non puideron asistir por motivos persoais xurdidos no último momento. Aínda así, a nosa presenza e participación viuse moi ben representada con máis de 15 marchadores e case todos puideron rematar sen problemas os 50km.

Como ven sendo habitual Sonia de Galifisio acudiu ó final da marcha para atender ós nosos «andaríns».

Xunto ó río Miño - Salceda 50km

Xunto ó río Miño – Salceda 50km

 

 

 

 

Podes ver fotos en picasafacebook e http://bretema.uvigo.es/adaforna/ANDAINA/2013/FOTOS/FOTOS.htm !!

Publicado en Actividades, FGM | Deja un comentario

XXVI Marcha de Vivac – FGM / Xistra

Camiñando polo XurésXa temos xente apuntada para a marcha con vivac que celebraremos na Serra do Xurés.
Vimos de remitir a tódolos clubs unha circular cos últimos datos da actividade, incluído un mapa do percorrido. Rogamos a tódolos socios de Xistra interesados que efectuedes a vosa inscrición canto antes.

Podedes ver máis datos no documento adxunto. 20130528 circular II clubs

Publicado en Actividades, FGM | Deja un comentario