
Pablo chegando á meta.
Este domingo 19/05/2013 celebrouse a carreira de Maceda na Serra de San Mamede. Participaron 4 socios de Xistra, e por primeira vez participou unha socia.
Os resultados non foron nada malos, situandonos entre os mellores postos dos 116 participantes. Antonio acadou medalla de prata na subcategoría de masculinos veteranos.
Marta finalizou esta primeira proba que foi caracterizada pola dificultade da serra, chea de neve do día precedente. Como premio espacial obterá unha axuda idéntica ás socias que queiran participar na proba de Chandrexa.
Estivel, Antonio e Pablo sempre correron nos postos avanzados de proba, que foi gañada por Arca, un dos corredores máis potentes da Competición galega.

Corredores de Xistra. De esquerda a dereita: Pablo, Antonio, Marta e Estivel.
Podes ver fotos en picasa, facebook e na web da FGM

Este ano a marcha de Boqueixón, chamada «ruta do colesterol», foi máis dura que o ano anterior. Un percorrido fermoso, impresionante e con moito bosque, pero que foi duro polas constantes subidas e baixadas. Un rompe pernas, no que os socios de Xistra chegaron en gran número: máis de 15 socios remataron a proba. O tempo acompañou e facilitou que a andaina fose levadeira. Incluso houbo momentos en que as temperaturas foron demasiado baixas.
III CxM San Mamede 2013








