Marcha Vivac Xistra – Trevinca 27-28/05/2023 – Adiada por mal tempo.

Marcha con Vivac

Marcha con Vivac

Imos realizar unha actividade de marcha con durmida na Serra de Pena Trevinca, coa idea que serva para coñecer máis a serra, observar o ceo nocturno, fortalecermos o «paquete muscular» de cara á marcha de 100 km, e compartir unhas vivencias distintas das habituais nas andainas.

Accederemos o sábado ás 12:00 dende Fonte da Cova. Comezaremos a marcha nas proximidades da mina de lousa da Cabrita.

O percorrido aproximado sera: A Cabrita, Portillo de Puertas, Portela de Morena Cavada, Pena Vidulante, Lagoa de Patos, Picón, O Camello, rego de Riopedro, curro de Vidulante (opción vivac), río Tera, Lagoas de Piatorta, O Xanzanal, Pena Trevinca, retorno a Portela de Morena Cavada e volta ata A Cabrita.

Deberemos levar roupa adecuada, comida e bebida. Agardamos atopar mananciais durante o percorrido, pero deberemos ter precaución de desinfectar a auga.

Para durmir, cada quen terá que solucionar o problema co seu saco e cos seus medios.

Antes do evento, faremos un estudo da climatoloxía e decidiremos se é posible a realización da marcha a 2/3 días vista.

Por favor, os interesados inscribídevos canto antes para coñecer se hai demanda real desta actividade. INSCRICIÓNS ANTES DO DÍA 12/05/2023.

Folla de inscrición: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/55/TREVINCA-Marcha-Vivac-Xistra-Trevinca-27-28-05-2023/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Marcha Vivac Xistra – Trevinca 27-28/05/2023 – Adiada por mal tempo.

VI Andaina do Condado Marqués de Vizhoja 2023 – 07/05/2023

Cartel da Andaina do Condado 2023Os compañeiros de Cornelios volven coas andainas pero baixan de 50km a 25km…

Será o próximo día 7 de maio de 2023, con saída dende As Neves, ás 9:00.
Haberá opción de inscribirse en distancia de 15 km (9 €) e de 25 km (13 €).
Tendes a web para inscribirse ata o día 2 de maio en
https://tracktherace.com/es/eventos-deportivos/otros/andaina-do-condado-marques-de-vizhoja

Publicado en Actividades, Andainas25, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en VI Andaina do Condado Marqués de Vizhoja 2023 – 07/05/2023

XIX Andainatudense Solidaria 2023

Logo XIX Andaina Tudense SolidariaO sábado 13 de maio o club Andatui celebrará a XIX Andainatudense Solidaria 2023.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada para recorrer varias rúas de Tui antes de tomar rumbo hacia as Bornetas, Randufe e o miradoiro do Alto do Coello (fotos), para logo chegar a cima do monte Aloia onde xantaremos arredor da capela de san Xiao. Pola tarde baixaremos por Pazos de Reis para regresar de novo a praza da Inmaculada, onde finalizará a XIX Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andainatudense faremos un sorteo de agasallos.

A acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitaremos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN EN
https://www.andatui.es/xix-andainatudense-solidaria-2023/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en XIX Andainatudense Solidaria 2023

Andainas en 2023

2020 Andaina Bisbarra do Sar.

Pasámosvos os datos das próximas andainas neste 2023, aínda que algunhas non pertencen ó Open de Andainas de 25km, pero están na Liga Xunta – Federación.

    • 12/03/2023 – AndaGuláns25km – https://xistra.org/andagulans2023/
    • 25/03/2023 – Andaina Bisbarra do Sar 50 km – http://andainabisbarradosar.com/
    • 16/04/2023 – Andaina Porto do Son 25 km ou 15 km – https://trabandainas.com/
    • 22/04/2023 – Camiñada de Montaña de Entrimo 50 km – Entrimo50km2023
    • 07/05/2023 – Andaina do Condado 25 km – Andaina do Condado 25km 2023
    • 13/05/2023 – XIX Andainatudense Solidaria 2023 – https://www.andatui.es/xix-andainatudense-solidaria-2023/
    • 14/05/2023 – Xinzo25km – https://xistra.org/xinzo2023/
    • 20/05/2023 – Terras de Altamira 50 km – http://andainaterrasdealtamira.blogspot.com/
    • 3-4/06/2023 – Andaina Nocturna Vigo-Aloia 25km – https://xistra.org/marcha-nocturna-de-adestramento-en-25-km-3-4-06-2023/
    • 10/06/2023 – Andaina 50km Ferrol – https://costaartabra50kmsferrol.blogspot.com/
    • 17/06/2023 – Andaina Xeoparque das montañas do Courel – 25km – Máx.50 participantes con GPS
    • 24-25/06/2023 – Os 100 dos International Trekkers – 100 km – https://itrekkers.org
    • 02/07/2023 – Cuntis 25 Km – https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/x-andaina-vila-de-cuntis—spacio-salud
    • 02/09/2023 – Andaina 50km Ribeira – https://eventos.emesports.es/inscripcion/xix-andaina-50k-concello-de-ribeira/
    • 23/09/2023 – Andatui – De fortaleza en fortaleza – 23 km – https://www.andatui.es/de-fortaleza-en-fortaleza-2/
    • 24/09/2023 – Túneles de Culleredo 25 km – https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/andaina-tuneles-de-culleredo
    • 01/10/2023 – Barbanza25km – https://eventos.emesports.es/inscripcion/v-barbanza-25km-copa-galega-de-andainas/
    • 12/11/2023 – Andaina de outono O Barco 25km – https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/xvii-andaina-de-otontildeo-o-barco-de-valdeorras-i-liga-xunta-de-galicia-de-senderismo-da-fgm-liga-iberica-de-
    • 26/11/2023 – Ponteareas25km – https://xistra.org/ponteareas25km-2023/ APRAZADA POR CAUSA DE FORZA MAIOR – INUNDACIÓNS

Animádevos a participar!
(Xistra non se fai responsable dos enlaces web que non son propios; é dicir dos que non sexan https://xistra.org…; neses casos os responsables son os organizadores correspondentes)

Publicado en Actividades, Andainas25, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Andainas en 2023

Xinzo 2023 – Open 25 km

OPEN ANDAINAS 25 km
XINZO25KM

Proba do
IX Open Andainas de Regularidade 25 km (2023)

XINZO 25 KM + XINZO 13 KM

Esta andaina forma parte do IX Open Andainas de Regularidade 25 km (2023)
Este ano retomamos a competición de regularidade no Open.

Actividade organizada pola Asociación Cultural Xinzo de Ponteareas e o Clube de Montaña Xistra.
Colaboran Concello de Ponteareas e Protección Civil.

Información da Ruta

  • Data: 14 de maio de 2023
  • Distancia: Rutas Circulares de 25 km e 13 km, aproximadamente
  • Dificultade: 25 km Media/Alta e 13 km Media/Baixa
  • Só conta para a competición de regularidade a proba de 25 km
  • Peche de inscricións: 9 de maio de 2023, ás 23:59 horas
  • Entrega de dorsais: dende as 8:00 ata as 8:45 horas
  • Punto de saída: Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas) – Ver en Maps

  • Inicio da Andaina de Xinzo 25 km: 9:00 horas
  • Inicio da Andaina de Xinzo 13 km: 9:30 horas
  • Punto de chegada: Centro Cultural de Xinzo
  • Avituallamentos durante a proba.
  • Ó finalizar haberá pinchos e bebida.

OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR NA PROBA. NON SE DEVOLVERÁN OS CARTOS.

Enlace para as inscricións AQUÍ

Publicado en Actividades, Andainas25, Rincón do Socio | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Xinzo 2023 – Open 25 km

AndaGuláns 2023 – Ruta dos Penedos – Open 25 km

OPEN ANDAINAS 25 km
ANDAGULÁNS25KM

Proba do
IX Open Andainas de Regularidade 25 km (2023)

GULÁNS 25 KM + GULÁNS 12 KM

Esta andaina forma parte do IX Open Andainas de Regularidade 25 km (2023)
Este ano retomamos a competición de regularidade no Open.

Actividade organizada pola Asociación Cultural Guláns e o Clube de Montaña Xistra.
Colaboran Concello de Ponteareas e Protección Civil.

Información da Ruta

  • Data: 12 de marzo de 2023
  • Distancia: Rutas Circulares de 25 km e 12 km, aproximadamente
  • Dificultade: 25 km Media/Alta e 15 km Media/Baixa
  • Só conta para a competición de regularidade a proba de 25 km
  • Peche de inscricións: 7 de marzo de 2023, ás 23:59 horas
  • Entrega de dorsais: dende as 8:00 ata as 8:45 horas
  • Punto de saída: Centro Cultural de Guláns (Ponteareas)Ver en Maps
  • Inicio da Andaina de AndaGuláns 25 km: 9:00 horas
  • Inicio da Andaina de AndaGuláns 12 km: 9:30 horas
  • Punto de chegada: Centro Cultural de Guláns
  • Avituallamentos durante a proba.
  • Ó finalizar haberá comida con callos e bebida.

OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR NA PROBA. NON SE DEVOLVERÁN OS CARTOS.

INSCRICIÓNS AQUÍ

Publicado en Actividades, Andainas25, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en AndaGuláns 2023 – Ruta dos Penedos – Open 25 km

Ascensión invernal ó Maluro

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Ascensión invernal ó Maluro

Ascensión invernal Castelo de Cerveira

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Ascensión invernal Castelo de Cerveira

TREVINCA – Saída invernal – Febreiro 2023

Actividade invernal con durmida no Refuxio da Ponte (A Veiga – OU).

A actividade irá axustándose en función da neve e das condicións meteorolóxicas.

Previsión:

SABADO 25
– Desprazamento a Pradoalbar (Vilariño de Conso) e ascensión ó Castelo de Cerveira
– Durmida no refuxio da Ponte (A Veiga)

Atención ás cadeas das rodas do coche para a neve.

DOMINGO 26
– Ascensión a Maluro / ou ó Fial – Lagoa da Serpe / ou outras alternativas.
– Regreso

Obrigatoria roupa de neve, 2 bastóns con roseta-neve e mochila para a actividade de montaña (material individual).

Outro material obrigatorio con posible prestamo:
Podedes solicitar raquetas, piolet e crampóns, emprestados polo club para os que non teñan este material técnico.

Recomendable manta termica.

No refuxio non hai elementos de cociña nin roupa para durmir. Obrigatorio levar saco de durmir e comida.

INSCRICIÓNS AQUÍ -> https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/53/TREVINCA-Saida-invernal-Febreiro-2023/

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en TREVINCA – Saída invernal – Febreiro 2023

Licenzas 2023 – Sen tarxeta!

Estimados socios:

Ante as persistentes consultas sobre as licenzas deste 2023, queremos explicarvos algunhas novidades.

Este ano a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), así como a nova xunta directiva da Federación Galega de Montañismo (FGM), apostaron por eliminar as tarxetas plásticas das licenzas. Dende a FEDME non consultaron cos clubs usuarios e tramitadores das licenzas. Quizais preguntaron ós clubs que están na Asemblea da FEDME, pero cos que agora non estamos, dende logo que non consultaron.

En principio o cambio era parcial e, segundo a información transmitida, mandarían en plástico unha cantidade dun 10% sobre as licenzas do ano 2022 do club (a Xistra tocábanlle 8 tarxetas para 2023). E o resto, se eran precisas, podiamos pedilas pagando 3 euros máis.

A realidade é que, a día de hoxe, non temos información de cando poderemos ter as licenzas plásticas.

Lamentablemente isto obriga, si ou si, a ter un teléfono intelixente, contrato cunha compañía telefónica, e baixarse de Google Play “Paso a paso FEDME”. Esta aplicación aínda non está madura, e están traballando nela, por iso no último mes xa leva varias actualizacións. Entendemos que hai socios de Xistra que están contentos con esa decisión, pois traballan moi cómodos co seu teléfono, e outros non están conformes coa medida.

De todas formas, como sabemos que non todo o mundo ten eses teléfonos nin ten porque ter coñecementos para instalar aplicacións, rexistrarse con usuario e contrasinal, etc…, a nosa idea é que cada un de vós indiquedes se queredes tarxeta plástica ou non. Dende o club solicitaremos as que vós precisedes.

Perdoade as molestias, pero non son derivadas de accións, omisións ou decisións do Clube de Montaña Xistra.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Licenzas 2023 – Sen tarxeta!