GRAN CEA BAILE ANIVERSARIO HOMENAXE ÓS SOCIOS 2023

GRAN CEA BAILE ANIVERSARIO

HOMENAXE ÓS SOCIOS

O día 18 de marzo de 2023 desexamos homenaxear a todos aqueles socios que cumpriron 25 anos como membros desta entidade deportiva o ano pasado e aqueles anteriores que, pola Covid-19, non puidemos agasallar.

Socios Homenaxeados: 25 anos ininterrompidos en Xistra

  • Rosa López Ledo

  • Loli Román Villar

  • Africa Leirós Román

  • Antonio Paredes Chapela

Socios Homenaxeados: Concursos Montes Xistra

  • Alexandre Freixeiro López (2020) 1ª Categoría Base

  • José Álvarez Rodríguez (2020) 3ª Categoría Sénior

  • José Álvarez Rodríguez (2022) 2ª Categoría Sénior

  • Xosé Lois Freixeiro López (2022) 2ª Categoría Sénior

  • Mª Amalia Otero González (2022) 3ª Categoría Sénior

  • José do Pazo Díaz (2022) 3ª Categoría Sénior

Socios Homenaxeados: Recoñecemento Especial

Polo traballo que desenvolven dende hai anos para a dinamización das marchas de 25 km con Xistra.

  • Dionisio Soto Amil

  • José Florencio Soto Amil

  • Raúl Domínguez Domínguez

SÁBADO 18 DE MARZO DE 2023

ás 21:30h no HOTEL COIA (Vigo)

Podedes acudir con familiares ou amigos.

Máis datos sobre o acto neste enlace – https://xistra.org/wp-content/uploads/2023-CEA-BAILE-ANIVERSARIO-XISTRA.pdf

Páxina de inscricións, elección menú e pagamentos – https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/13/CEA-BAILE-XISTRA-2023/

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en GRAN CEA BAILE ANIVERSARIO HOMENAXE ÓS SOCIOS 2023

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2023

Pola presente comunicamos a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2022.
  3. Resumo de actividades 2022, proxecto 2023.
  4. Rogos e preguntas.

Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2022 e 2023.

ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca – Coia), 36209 de Vigo.

O día será o sábado 18 de marzo de 2023, en única convocatoria, ás 19:30 horas.

Finalizada a Asemblea darase paso á celebración da cea e baile anual do club no Hotel Coia.

Publicado en Rincón do Socio | Comentarios desactivados en ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2023

Axuda Xunta de Galicia para adquisición de material deportivo.

Recibimos xa a axuda do 80% do custo para adquisición de material deportivo da Xunta de Galicia e renovamos material de escalada e barranquismo e incorporamos máis ARVA’s para igualar á cantidade de raquetas de neve e crampóns e piolets que temos, e como novidade engadimos 7 equipos en 2 tallas (pequenas e grandes) para vías ferratas.

En total o material adquirido son:
– 10 Oitos Petzl Huit
– 30 metros de Corda Beal 9.1 mm
– 8 Cascos Rockstar laranxas (para substituír ós vellos).
– 2 Cascos Petzl Meteor – moi lixeiros.
– 6 Kits ARVA’s: Arva, sonda pregable e pa pregable. (A partida máis cara de todas!).
– 8 Arneses Petzl Canyon Club.
– 7 Kits Ferrata Petzl: casco, arnés e disipadora.

Ver: ¿Qué son los ARVA que utilizan los alpinistas?

Fotos do material con logotipos do patrocinio da Xunta de Galicia.

Publicado en Actividades, Barrancos, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Axuda Xunta de Galicia para adquisición de material deportivo.

Prezos das licenzas e cota anual Xistra.

A pesares dos aumentos de prezos, ou cecais por iso mesmo, as cotas de Xistra no 2023 non van aumentar e seguirán en 10 € anuais.

Como tódolos anos, procederemos a informarvos cando teñamos a pasarela de tramitación de licenzas preparada.

Os prezos das licenzas e coberturas podedes velos abaixo:Máis datos a continuación:
Prezos licenzas FGM 2023 en pdf
Información sobre importes de licenzas FGM 2023 en pdf
Protocolo en caso de accidentes na compañia Allianz FGM 2023
Cadro médico accidentes Allianz

Publicado en Varios | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Prezos das licenzas e cota anual Xistra.

Información sobre Licenzas 2023 FGM

Licenza virtual FEDMERecibimos a seguinte información sobre licenzas para 2023 da FGM. Hai bastantes novidades xurdidas dende a FEDME e dende a FGM. Pasamos a reproducir algúns dos parágrafos explicativos que nos transmiten…

Podedes coñecer toda a información sobre as licenzas en https://fedgalmon.gal/licenza/

A maioría das licenzas serán virtuais en 2023, e teredes que descargalas nos vosos teléfonos intelixentes. Se non tendes… pedídello á Federación. Pero non cremos que os regalen. Mellor confiade nos Reis Magos.

Polo anterior, para poder tramitar a licenza é obrigatorio dar o enderezo electrónico e teléfono de cada federado (non pode ser o enderezo electrónico nin o teléfono do club), para despois poder descargar a licenza a través da aplicación Paso a Paso da FEDME. En caso de menores, será o teléfono e enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a. No caso de ter dereito a bonificación do 50 % do importe do seguro de accidentes, debe indicarse o enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a que estea federado na FGM.

APLICACIÓN GERAPLI. Como moi tarde no mes de marzo, as licenzas tramitaranse a través de la App “GERAPLI”. Dende esta aplicación, (actualmente en fase de proba), poderase introducir e xestionar as licenzas FEDME e as licenzas autonómicas, actualizando directamente a base de datos de FEDME.

Achego a circular 2/2022, onde se explica todo o referido a tramitación de licenzas 2023, así como a seguinte documentación, que estará colgada na páxina web.

Prezos de Licencias FGM 2023, https://fedgalmon.gal/licenza/
Desglose de importes licenzas FGM 2023, https://fedgalmon.gal/licenza/
O Protocolo de actuación en caso de accidentes ALLIANZ_FGM 2023, https://fedgalmon.gal/en-caso-de-accidente-no-ano-2023/
O cadro médico ALLIANZ España 2023, https://fedgalmon.gal/en-caso-de-accidente-no-ano-2023/

Publicado en FEDME, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Información sobre Licenzas 2023 FGM

Concesión axuda para adquisición de material deportivo Xunta de Galicia

Hoxe sae publicada a axuda para adquisición de material no DOG.

Conceden para Xistra unha achega do 80% do custe de materiais para barrancos, neve e vías ferratas. Máis de 3.200 € de axuda.

Agardamos poder dar bo uso deste material en 2023, coa organización de novos eventos e sempre confiando na meteoroloxía, pois imos precisar de neve, auga e bo tempo para poder practicar estas 3 especialidades.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Concesión axuda para adquisición de material deportivo Xunta de Galicia

Avance actividades 2023

Estamos traballando para preparar as actividades de 2023.

Como sempre, queremos coñecer as túas inquedanzas e que aportes ideas e colaboración para crear un calendario variado e interesante para 2023.

De momento indicamos os datos que temos de andainas ata hoxe…

Calendario provisional 25km

12/02/23 – Noia
26/02/23 – Marín
12/03/23 – Guláns (Ponteareas)
16/04/23 – Portosín (Porto do Son)
23/04/23 – Cornelios (pendente indicar lugar)
14/05/23 – Xinzo (Ponteareas)
02/07/23 – Cuntis
01/10/23 – Barbanza (Rianxo)
29/10/23 – Ponteareas
12/11/23 – O Barco

Calendario provisional 50km

25/03/23 – Bisbarra do Sar (Padrón)
20/05/23 – Terras de Altamira (Brión)

Publicado en Actividades, Andainas25, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Avance actividades 2023

Nova Presidencia Xistra 2022-2026

Xunto ó río Miño – Salceda 50km

O Presidente X. Henrique Freixeiro Cameselle toma novamente posesión do seu cargo, tras realizar o proceso electoral.
Así mesmo establécense pequenas modificacións na Xunta Directiva nomeada polo Presidente. Esta información está dispoñible no apartado correspondente desta web.

Publicado en Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Nova Presidencia Xistra 2022-2026

Proceso electoral no Clube de Montaña Xistra 2022

Como saberás polas comunicacións anteriores, este ano tocaba proceso electoral no club.

O día 22/11/2022 finalizaba a admisión de candidaturas para Presidente/a.

Dado que nese día só existía a candidatura de Henrique Freixeiro, e que o día 24/11/2022 foi publicada no taboleiro de información do club que só había esta candidatura, segundo o noso calendario electoral o único candidato é considerado electo sen precisar votación.

Dáse por concluído o proceso electoral e faise pública esta elección.

En breve procederase a comunicar este resultado á Xunta de Galicia e faremos pública a listaxe de membros da Xunta Directiva.

Atentamente

Henrique Freixeiro
Presidente electo
Clube de Montaña Xistra

Publicado en Rincón do Socio | Comentarios desactivados en Proceso electoral no Clube de Montaña Xistra 2022

Agradecemento de solidaridade en Ponteareas25km 2022

O Clube de Montaña Xistra desexa agradecer a tódolos colaboradores e inscritos na andaina Ponteareas25km de 2022 a súa solidariedade.

Este ano, a máis dos alimentos entregados polos participantes no momento das acreditacións, o club recadou un importe de máis de 1.600 euros que foi entregado ó Fondo Solidario de Alimentos do Concello de Ponteareas.

Polo tanto, MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

Procuraremos que os anos próximos a nosa contribución sega medrando.

Saúdos

Xunta Directiva de Xistra

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en Agradecemento de solidaridade en Ponteareas25km 2022