Elección á Presidencia do C.M.Xistra 2022

Pola normativa vixente, este ano 2022 correspóndelle ó CLUBE DE MONTAÑA XISTRA a realización do seu proceso electoral para elección de Presidente da entidade.

Segundo o procedemento estatutario habitual establécese o seguinte regulamento e calendario electoral:

Descargar documento aquí.

Publicado en Varios | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Elección á Presidencia do C.M.Xistra 2022

OBarco25km – 13 Novembro 2022 – COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25 KM / FGM

OBarco25km – 13 Novembro 2022 – COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25 KM / FGM

Xa está aberta a páxina de información e inscricións para a proba OBarco25km – 16ª Andaina de outono – O Barco de Valdeorras.

Será o 13/11/2022 no Barco de Valdeorras, coincidindo co colorido outono da montaña oriental galega.

Neste evento temos dúas opcións: 25km ou 15km.

Podedes acceder a máis datos en https://clubtrevincabarco.org/club/obarco25km/

Podedes facer a inscrición na proba de 25km en https://clubtrevincabarco.org/club/product/obarco25km/

e na de 15km en https://clubtrevincabarco.org/club/product/obarco15km/

IMPORTANTE: Neste caso non faremos inscricións a prezo reducido. Prepararemos unhas axudas para desprazamento para os asistentes do club, das que vos daremos información pronto.

Publicado en Andainas25 | Comentarios desactivados en OBarco25km – 13 Novembro 2022 – COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25 KM / FGM

Expedición 2022 Himalaia Xistra – Ama Dablam

Expedición ós picos Island Peak, 6.189 mts e Ama Dablam, 6.812 mts.
Cordilleira do Himalaia – Nepal
Outubro-Novembro 2022

A expedición, formada por Begoña e Roberto, ten como primeiro obxectivo acadar o cumio do Island Peak, 6189 mts polos dous montañeiros. Máis tarde, Roberto López intentará tamén acadar o cumio do Ama Dablam, 6812 mts. Ambos picos están na cordilleira de Himalaia, en Nepal.

Dende o club faremos un seguimento da actividade mediante o sistema SPOT, e tamén desexámosvos o mellor e que acadedes as vosas metas.

ACTUALIZACIÓN 15/10/2022

Recibimos SMS de Roberto López indicando que todo vai ben, cun lixeiro atraso pero segundo o planificado e que non hai incidencias importantes. Neste momento están na aldea de Namche Bazar (3840m).

De momento a viaxe foi en avión dende Porto a Estambul, cun atraso por perda do enlace da aeroliña en Turquía, e logo ata Katmandú (Nepal). Dende alí, mediante avioneta, achegáronse ata Lukla (a 2800m de altitude). Mediante trekking organizado ascenden dende Lukla en dirección ó Campo Base.

Begoña e Roberto diante do Everest.

Publicado en Actividades, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Expedición 2022 Himalaia Xistra – Ama Dablam

2022 – Deputación Axuda Organización Vigo25km

Logo Deputación de PontevedraPublicouse o día 21/09/2022 unha relación de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra para a organización de campionatos, eventos e actividades deportivas para clubs.

A nosa solicitude recibiu unha adxudicación de 509’11 € cantidade que deberemos xustificar na organización da Andaina Vigo25km da Copa Galega de Andainas 25km da FGM deste exercicio deportivo de 2022.

A Xunta Directiva e o Presidente estamos satisfeitos pola axuda que colaborará a cadrar as contas do evento, a máis de que a Deputación concedeunos o uso de material publicitario para o día da proba.

Publicado en Varios | Comentarios desactivados en 2022 – Deputación Axuda Organización Vigo25km

ANULADA – Vigo25km e Vigo10km 2022

ANULADA
ANULADA
ANULADA

OPEN ANDAINAS 25 km
VIGO25km

VI Proba da
COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM 2022

Vigo25km e Vigo10km 2022

O 30 de outubro celebraremos dúas andainas deportivas, polos Montes de Vigo. Haberá unha marcha popular de 10km e a proba oficial de 25km.

 

Información das rutas:

  • Andainas abertas a tódalas persoas interesadas en facer deporte, adultos e nenos maiores de 14 anos.
  • Distancias: Dúas distancias: 25 km e 10 km aproximadamente
  • Dificultades: Alta-Técnica (25km) e Media-Baixa (10km)
  • Para os deportistas non federados en montañismo o organización tramitará o seguro deportivo obrigatorio para a proba.
  • Prezos:
    • Participante na Andaina: 13 €
    • Participante na Andaina federado FGM/FEDME: 10 €

INSCRICIÓNS AQUÍ: Pasarela de pago seguro Xistra

A inscrición inclúe (entre outras cousas):

  • Permisos e autorizacións
  • Dorsais
  • Agasallos a participantes
  • Avituallamentos durante o percorrido (aprox. cada 6 km) [lembrar levar vaso]
  • Sistemas de control durante a marcha
  • Incidencias de inscritos e pasarela web
  • Marcaxe do trazado
  • Equipo vasoira
  • Recollida da marcaxe
  • Asistencia para retirada de deportistas accidentados
  • Ambulancias
  • Seguro deportivo obrigatorio
  • Seguro de RC entidade
  • Servizos hixiénicos na saída e chegada
  • Zona estiramentos
  • Duchas e vestiarios
  • Invitación consumición bebida fin da proba
  • Diplomas finisher

Nota Federados FGM/FEDME

OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR XA QUE NON TERÁN SEGURO OBRIGATORIO.

Peche de inscricións: Martes, 25 de outubro ás 23:59 horas


Outras informacións

  • Acreditacións: ás 8:15 no lugar da saída. Pincha aquí para obter a localización.
  • Farase entrega do Dorsal a cada participante.
  • ATENCIÓN: Os vehículos deben aparcar por riba das instalacións, para non bloquear o acceso ó campo. Ou abaixo, no torreiro da Capela de San Sebastián.
  • Hora de saída marcha 25km: 9:00 am
  • Hora de saída marcha 11km: 10:00 am
  • Punto de chegada: o mesmo que a saída.
  • O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas.
  • OBRIGATORIO: vaso ou cantimplora. Non haberá vasos nos avituallamentos (redución de residuos)
  • Inscríbete canto antes. Non te demores. Prazas limitadas.
  • Convida a tódolos teus amigos e coñecidos!

Importantísimo

    • Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto que se faga responsable.
    • Obrigacións recollidas no Regulamento FGM 2022 para as probas de 25km:
    • OS PARTICIPANTES DEBERÁN LEVAR O SEU VASO PROPIO.
      Os avituallamentos líquidos serán en vaso ou a granel, polo que cada participante deberá levar unha cantimplora ou similar para poder encher nos controis.
    • Lembramos o Artigo 17 do Regulamento en vigor:
      Obrigas dos participantes:

      • a) Levar a licenza federativa vixente (se corresponde) acompañada do DNI que deberá estar presentada a calquera membro da organización que o solicite.
      • b) Seguir as indicacións dadas por calquera membro da organización.
      • c) Avisar en caso de incidencia ou abandono ao control ou aviso máis próximo, ou á organización por medio do teléfono indicado na tarxeta ou dorsal.
      • d) Prestar asistencia aos participantes que precisen axuda.
      • e) Respecta as propiedades, as casas de labranza e os cultivos en xeral.
      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.
      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.
      • h) Quedará prohibido comunicar información relativa á estratexia da marcha entre participantes, utilizando teléfonos móbiles, walkie-talkies ou calquera outro medio.
      • i) Deberán levar o material necesario:
        • a)- Sistema de hidratación
        • b)- Roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas
        • c)- Mochila ou equivalente
        • d)- Frontal no caso de que a proba sexa de noite ou haxa que cruzar por túneles.
        • e)- Elementos reflectores (en caso de cruzar estradas)
      • j) Ademais deste material mínimo, a entidade organizadora terá competencias para solicitar calquera outro material que, polas características da proba, sexa necesario.
      • k) O feito de que o participante se inscribe nunha proba é indicación de que coñece o seu regulamento.
    • SON ESPECIALMENTE RELEVANTES OS PUNTOS F) e G).
      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.
      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.
    • Non tendo autorización para unha proba con animais, as Autoridades, a Federación e os Seguros Deportivos e Seguros de Responsabilidade Civil da proba prohiben a súa participación.
      Pregamos a tódolos participantes cumpran con esta normativa ou serán apartados da andaina e do Open.


Máis información:

Publicado en Actividades, Andainas25, FGM, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en ANULADA – Vigo25km e Vigo10km 2022

Ponteareas25km 2022 Solidaria 16/10/2022

OPEN ANDAINAS 25 km
PONTEAREAS25km

V Proba da
COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM 2022

Ponteareas25km e Ponteareas12km 2022 – Andainas solidarias

O 16 de outubro vanse celebrar unhas Andainas Solidarias a favor do Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas, pola contorna municipal.

Información da ruta:

  • Andaina aberta a tódalas persoas interesadas en facer deporte e colaborar co Centro de Reparto de Alimentos, adultos e nenos maiores de 14 anos.
  • Distancias: Dúas distancias: 25 km e 12 km aproximadamente
  • Dificultades: Media-Alta (25km) e Media-Baixa (12km)
  • Os beneficios da recadación acadada serán entregados ó Centro de Reparto de Alimentos.
  • Os participantes deberán aportar «víveres non perecedoiros» para axudar ao «Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas» (aceite; leite [semi, desnatada e sen lactosa]; garavanzos e feixóns en conserva; verduras en conserva; froita en conserva; potitos variados; atún; arroz; salsa de tomate; galletas).
  • Prezos:
    • Participante na Andaina: 13 €
    • Participante na Andaina federado FGM/FEDME: 10 €
    • Colabora sen participar nas andainas: 6 €
  • Prezos colaboracións especiais:
    • Colaboración Extra: 6 €
    • Colaboración Plus: 12 €
    • Colaboración Superior: 20 €
    • (Nota: as colaboracións non reciben os beneficios fiscais da Lei49/2002 e RD 1270/2003)

Nota Federados FGM/FEDME

OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR XA QUE NON TERÁN SEGURO OBRIGATORIO.

Peche de inscricións: Martes, 11 de outubro ás 23:59 horas


Outras informacións

  • Acreditacións: ás 8:15 no Parque da Feira Vella (proximidades do Xulgado, Facenda e Estación Autobuses). Pincha aquí para obter a localización (https://goo.gl/maps/WfrYuZ9LRUEJT2P4A)
  • Farase entrega do Dorsal a cada participante.
  • Punto de saída: Parque da Feira Vella.
  • Hora de saída marcha 25km: 9:00 am
  • Hora de saída marcha 12km: 9:30 am
  • Punto de chegada: Pavillón Álvaro Pino (https://g.page/AlvaroPinoComplejoDeportivo?share)
  • O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas.
    • Inscríbete canto antes. Non te demores. Anímate: A túa axuda é fundamental
    • Convida a tódolos teus amigos e coñecidos!
    • COLABORA CON NÓS!!!

Importantísimo

    • Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto que se faga responsable.
    • Obrigacións recollidas no Regulamento FGM 2022 para as probas de 25km:
    • OS PARTICIPANTES DEBERÁN LEVAR O SEU VASO PROPIO.
      Os avituallamentos líquidos serán en vaso ou a granel, polo que cada participante deberá levar unha cantimplora ou similar para poder encher nos controis.
    • Lembramos o Artigo 17 do Regulamento en vigor:
      Obrigas dos participantes:

      • a) Levar a licenza federativa vixente (se corresponde) acompañada do DNI que deberá estar presentada a calquera membro da organización que o solicite.
      • b) Seguir as indicacións dadas por calquera membro da organización.
      • c) Avisar en caso de incidencia ou abandono ao control ou aviso máis próximo, ou á organización por medio do teléfono indicado na tarxeta ou dorsal.
      • d) Prestar asistencia aos participantes que precisen axuda.
      • e) Respecta as propiedades, as casas de labranza e os cultivos en xeral.
      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.
      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.
      • h) Quedará prohibido comunicar información relativa á estratexia da marcha entre participantes, utilizando teléfonos móbiles, walkie-talkies ou calquera outro medio.
      • i) Deberán levar o material necesario:
        • a)- Sistema de hidratación
        • b)- Roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas
        • c)- Mochila ou equivalente
        • d)- Frontal no caso de que a proba sexa de noite ou haxa que cruzar por túneles.
        • e)- Elementos reflectores (en caso de cruzar estradas)
      • j) Ademais deste material mínimo, a entidade organizadora terá competencias para solicitar calquera outro material que, polas características da proba, sexa necesario.
      • k) O feito de que o participante se inscribe nunha proba é indicación de que coñece o seu regulamento.
    • SON ESPECIALMENTE RELEVANTES OS PUNTOS F) e G).
      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.
      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.
    • Non tendo autorización para unha proba con animais, as Autoridades, a Federación e os Seguros Deportivos e Seguros de Responsabilidade Civil da proba prohiben a súa participación.
      Pregamos a tódolos participantes cumpran con esta normativa ou serán apartados da andaina e do Open.

Máis información:

Publicado en Actividades, Andainas25, FGM | Comentarios desactivados en Ponteareas25km 2022 Solidaria 16/10/2022

CAMPIONATO GALEGO DE CxM DE CLUBS, e COPA GALEGA DE PROMESAS, JUNIOR, XUVENIL E CADETE

CAMPIONATO GALEGO DE CxM DE CLUBS, e COPA GALEGA DE PROMESAS, JUNIOR, XUVENIL E CADETE que se levará a cabo o 23 de outubro en Parada do Sil. Podedes anotarvos no seguinte enlace:

https://ccnorte.com/evento?search=canon+do+sil

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado , | Comentarios desactivados en CAMPIONATO GALEGO DE CxM DE CLUBS, e COPA GALEGA DE PROMESAS, JUNIOR, XUVENIL E CADETE

17/09/2022 – 1º Encontro para organización Vigo25km

Reunión para comentar traballos, distribución de roles, e realizar a revisión de tramos dos dous trazados da marcha: percorrido popular 12km e percorrido longo 13 km.
Reunión en Fragoselo (xunto ó torreiro) e posteriores percorridos.

Pregamos que os que poidan asistir, que se inscriban, para valorar como distribuír o traballo deste sábado 17/09/2022.

Reunión sobre as 9:30 e ata que rematemos… ou poidades.

Inscribirvos: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/45/1o-Encontro-para-organizacion-Vigo25km/

Publicado en Actividades, Andainas25, FGM, Rincón do Socio | Comentarios desactivados en 17/09/2022 – 1º Encontro para organización Vigo25km

Travesía Galega por Montaña FGM (antiga Marcha con Vivac). 24-25/09/2022

Ascensión ó Fontefría

TRAVESÍA GALEGA POR MONTAÑA 2022

Organiza: Club Running Sport Trail

Lugar e datas: Cabeza de Manzaneda – Chandrexa de Queixa, o sábado 16 e domingo 17 de xullo. A durmida farase en Chandrexa no colexio.

Programa:

  1. Sábado 24: Saída dende a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda as 09,30 h da mañá con chegada a Chandrexa onde se pasará a noite.
  2. Domingo 25: saída de Chandrexa as 09,30 h da mañá cara o cumio de Cabeza de Manzaneda, a través do GR – 57.

Haberá un vehículo de apoio para levar e traer materiais non necesarios para a marcha dos dous días.

Cota de inscrición:

  • 25 €. Inclúe: dereitos de participación, cea do sábado, almorzo e comida do domingo
  • Camiseta: unha vez formalizada a inscrición indicar o talle a este correo secretaria@fedgalmon.gal

 Requisitos de participación:

  • Licencia deportiva do ano en curso autonómica FGM ou ben FEDME

Material e equipamento a levar: roupa axeitada ao tipo de actividade e as condicións meteorolóxicas dos días. Mochila, cantimplora e elementos de protección como gafas, gorra, crema solar e caixa de primeiros auxilios.

INSCRICIÓNS no enlace da Federación:
https://fedgalmon.gal/travesia-por-montana/

Publicado en Actividades, FGM | Etiquetado | Comentarios desactivados en Travesía Galega por Montaña FGM (antiga Marcha con Vivac). 24-25/09/2022

48 REUNION Y MARCHA ANUAL DE DEPORTISTAS CON VETERANIA – 7, 8 Y 9 DE OCTUBRE 2022

48 REUNION Y MARCHA ANUAL DE DEPORTISTAS CON VETERANIA

DEL CENTENARIO DE LA FEDME 2022

7, 8 Y 9 DE OCTUBRE 2022

Máis datos:

Publicado en Actividades, FEDME, Rincón do Socio | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 48 REUNION Y MARCHA ANUAL DE DEPORTISTAS CON VETERANIA – 7, 8 Y 9 DE OCTUBRE 2022