PEQUE-RUTAS XISTRA

Nenos

Ver o calendario xeral de XISTRA

As actividades de Peque Rutas de Xistra están orientadas a que os nenos coñezan o montañismo e o pasen ben. Polo tanto, en caso de circunstancias climatolóxicas adversas, as saídas poden ser canceladas ou pospostas para outras datas para evitar que os nenos o pasen mal. Os inscritos nas mesmas recibirán cumprida información por correo electrónico dos cambios que se poidan producir. Pregamos que cando indiquen os seus datos comproben que a conta de correo electrónico está correcta.



FOTOS:

Ruta “Río Eifonso – A Pedra Cabalaria”

 

QUE SON AS PEQUE-RUTAS XISTRA

MonzonAs actividades PEQUE-RUTAS XISTRA están dirixidas ós socios infantís e xuvenís do Clube de Montaña Xistra, nenos e novos acompañados dos seus pais ou titores, e a mozos cos 14 anos cumpridos que aporten a correspondente autorización dos seus titores.

No suposto de haber prazas dispoñibles nunha actividade, non ocupadas polos mozos ou nenos con pais, dentro dos prazos establecidos para as inscricións das actividades, poderá participar calquera outro socio e, si aínda quedasen prazas dispoñibles, tamén poderán participar os non socios por orde de inscrición.

Nas saídas PEQUE-RUTAS XISTRA, todos saímos e chegamos xuntos; ninguén, excepto co permiso do responsable da actividade, poderá tomar outra ruta que non estea no programa establecido nin abandonar o grupo.

Estas actividades realízanse co sistema denominado “Pais con Nenos”. En todas as PEQUE-RUTAS XISTRA, son os pais ou titores quen deben responsabilizarse do coidado e seguridade dos seus fillos ou mozos ó seu cargo, igualmente todos debemos de cumprir unhas mínimas normas básicas para o bo funcionamento das actividades en grupo.

Normas das actividades:

  1. Cada pai ou titor responsabilízase do seu fillo e dos seus actos.
  2. Cada pai ou titor responsabilízase de traer a comida necesaria.
  3. Cada pai ou titor responsabilízase de que os nenos e eles mesmos veñan con roupa e equipo adecuado. (Botas/zapatos de montaña, caixa de primeiros auxilios, medicamentos específicos, etc., segundo as necesidades e a estación climática).
  4. Cada pai ou titor utilizará para os desprazamentos o seu vehículo propio, salvo que haxa autobús organizado (neste caso haberá que abonalo antes da actividade).
  5. Prégase puntualidade á hora da saída. Dez minutos pasados logo da hora fixada para a saída, partirase ó comezo da ruta.
  6. O responsable da actividade poderá cancelar en calquera momento a saída se as condicións climatolóxicas son adversas.
  7. Son actividades semi-abertas. Calquera persoa non socia do Club poderá participar nestas actividades. Os nenos deberán ser federados (se non o son, Xistra realizará o proceso de federados gratuítamente se é a primeira vez que se federan en montañismo). Os maiores de 14 anos (xoves e adultos) se non están federados deberán abonar un seguro de accidentes días antes (tramitado a través de Xistra).
  8. Queda prohibida a asistencia con cans ou mascotas.