Ponteareas25km 2022 Solidaria 16/10/2022

OPEN ANDAINAS 25 km
PONTEAREAS25km

V Proba da
COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM 2022

Ponteareas25km e Ponteareas12km 2022 – Andainas solidarias

O 16 de outubro vanse celebrar unhas Andainas Solidarias a favor do Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas, pola contorna municipal.

Información da ruta:

  • Andaina aberta a tódalas persoas interesadas en facer deporte e colaborar co Centro de Reparto de Alimentos, adultos e nenos maiores de 14 anos.
  • Distancias: Dúas distancias: 25 km e 12 km aproximadamente
  • Dificultades: Media-Alta (25km) e Media-Baixa (12km)
  • Os beneficios da recadación acadada serán entregados ó Centro de Reparto de Alimentos.
  • Os participantes deberán aportar «víveres non perecedoiros» para axudar ao «Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas» (aceite; leite [semi, desnatada e sen lactosa]; garavanzos e feixóns en conserva; verduras en conserva; froita en conserva; potitos variados; atún; arroz; salsa de tomate; galletas).
  • Prezos:
    • Participante na Andaina: 13 €
    • Participante na Andaina federado FGM/FEDME: 10 €
    • Colabora sen participar nas andainas: 6 €
  • Prezos colaboracións especiais:
    • Colaboración Extra: 6 €
    • Colaboración Plus: 12 €
    • Colaboración Superior: 20 €
    • (Nota: as colaboracións non reciben os beneficios fiscais da Lei49/2002 e RD 1270/2003)

Nota Federados FGM/FEDME

OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR XA QUE NON TERÁN SEGURO OBRIGATORIO.

Peche de inscricións: Martes, 11 de outubro ás 23:59 horas


Outras informacións

  • Acreditacións: ás 8:15 no Parque da Feira Vella (proximidades do Xulgado, Facenda e Estación Autobuses). Pincha aquí para obter a localización (https://goo.gl/maps/WfrYuZ9LRUEJT2P4A)
  • Farase entrega do Dorsal a cada participante.
  • Punto de saída: Parque da Feira Vella.
  • Hora de saída marcha 25km: 9:00 am
  • Hora de saída marcha 12km: 9:30 am
  • Punto de chegada: Pavillón Álvaro Pino (https://g.page/AlvaroPinoComplejoDeportivo?share)
  • O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas.
    • Inscríbete canto antes. Non te demores. Anímate: A túa axuda é fundamental
    • Convida a tódolos teus amigos e coñecidos!
    • COLABORA CON NÓS!!!

Importantísimo

    • Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto que se faga responsable.
    • Obrigacións recollidas no Regulamento FGM 2022 para as probas de 25km:
    • OS PARTICIPANTES DEBERÁN LEVAR O SEU VASO PROPIO.
      Os avituallamentos líquidos serán en vaso ou a granel, polo que cada participante deberá levar unha cantimplora ou similar para poder encher nos controis.
    • Lembramos o Artigo 17 do Regulamento en vigor:
      Obrigas dos participantes:

      • a) Levar a licenza federativa vixente (se corresponde) acompañada do DNI que deberá estar presentada a calquera membro da organización que o solicite.
      • b) Seguir as indicacións dadas por calquera membro da organización.
      • c) Avisar en caso de incidencia ou abandono ao control ou aviso máis próximo, ou á organización por medio do teléfono indicado na tarxeta ou dorsal.
      • d) Prestar asistencia aos participantes que precisen axuda.
      • e) Respecta as propiedades, as casas de labranza e os cultivos en xeral.
      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.
      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.
      • h) Quedará prohibido comunicar información relativa á estratexia da marcha entre participantes, utilizando teléfonos móbiles, walkie-talkies ou calquera outro medio.
      • i) Deberán levar o material necesario:
        • a)- Sistema de hidratación
        • b)- Roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas
        • c)- Mochila ou equivalente
        • d)- Frontal no caso de que a proba sexa de noite ou haxa que cruzar por túneles.
        • e)- Elementos reflectores (en caso de cruzar estradas)
      • j) Ademais deste material mínimo, a entidade organizadora terá competencias para solicitar calquera outro material que, polas características da proba, sexa necesario.
      • k) O feito de que o participante se inscribe nunha proba é indicación de que coñece o seu regulamento.
    • SON ESPECIALMENTE RELEVANTES OS PUNTOS F) e G).
      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.
      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.
    • Non tendo autorización para unha proba con animais, as Autoridades, a Federación e os Seguros Deportivos e Seguros de Responsabilidade Civil da proba prohiben a súa participación.
      Pregamos a tódolos participantes cumpran con esta normativa ou serán apartados da andaina e do Open.

Máis información:

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Andainas25, FGM. Guarda el enlace permanente.