Proceso electoral no Clube de Montaña Xistra 2022

Como saberás polas comunicacións anteriores, este ano tocaba proceso electoral no club.

O día 22/11/2022 finalizaba a admisión de candidaturas para Presidente/a.

Dado que nese día só existía a candidatura de Henrique Freixeiro, e que o día 24/11/2022 foi publicada no taboleiro de información do club que só había esta candidatura, segundo o noso calendario electoral o único candidato é considerado electo sen precisar votación.

Dáse por concluído o proceso electoral e faise pública esta elección.

En breve procederase a comunicar este resultado á Xunta de Galicia e faremos pública a listaxe de membros da Xunta Directiva.

Atentamente

Henrique Freixeiro
Presidente electo
Clube de Montaña Xistra

         

Esta entrada fue publicada en Rincón do Socio. Guarda el enlace permanente.