O domingo 7 de febreiro imos achegarnos ata a neve nunha serra moi próxima: a Serra do Candán, no linde de Forcarei, Silleda e Lalín.
Saíremos de Vigo e de Redondela ás 8:30h. Achegarémonos ata o Alto do Candán e, seguindo a pista dos aeroxeradores, acadaremos o cumio do San Benito (O Candán) de 1014m (válido para os concursos de 2015).
Os interesados chamade ó club para reservar as raquetas.
PD.: Non houbo neve suficiente para usar raquetas. Foi unha suave andaina con moito vento frio.