Subvencións EXTINGUIDAS POR CAUSAS ALLEAS (Tentaremos dar outro tipo de axudas):
- Por participación (Subvención extinguida por decisión da Asemblea da Federación Galega de Montañismo)
 
Os importes de subvención do ano próximo estarán en función a un reparto por participación en actividades do presente ano.
 Asígnase un importe para reparto durante o ano presente de aproximadamente 1.500€ mediante concurrencia competitiva entre tódolos socios. O sistema de puntuación será o mesmo que o establecido pola FGM.
 No reparto entran tódolos socios que teñan 3 puntos ou máis do baremo da FGM.
Se no reparto proporcional a cantidade asignada a un socio non alcanza os 5€, estes importes se sumarían ó socio con maior puntuación.
- Por idade (Subvención extinguida por decisión da Asemblea da Federación Galega de Montañismo)
 
Sistema de puntuación do baremo da FGM (Baremo extinguido a causa das presións na Asemblea da FGM por deportistas e clubs alleos a Xistra):
- 
- As actividades do calendario FGM (marchas, cursos, etc.) xeran 1 punto por participación.
 - As actividades de carácter estatal do calendario da FEDME, recoñecidas pola FGM, xeran 2 puntos por participación.
 - As actividades do calendario FGM de carácter internacional, xeran 3 puntos por participación.
 - As marchas de 50 quilómetros, xeran 1 punto por marcha, sempre e cando o participante consiga o diploma acreditativo de finalización da marcha.
 
 
			






